Marilar Aleixandre
@marilaraleixandre
Escritora, naturalista, feminista
As traballadoras de Gadis e Froiz da provincia da Coruña en folga 24, 25 e 26 de xullo por un convenio digno; @ccoo.bsky.social CIG, UGT_galicia USO. Que era iso de “vivamos como galegos”? Con 1100 € ao mes?
Unha honra ser a primeira autora en se reunir coa nova directora de edicións Tamara Andrés e de Dombate para falar do meu novo volume de poemas, e con Marcos Calveiro ; @galaxiaeditorial.bsky.social , Vento nas velas!!
16 de xullo. Dez anos sen Agustín Fernández Paz, amigo, escritor, activista cívico. Na foto en Pontevedra en 2008 na presentación do libro coordinado por Sara Moreno sobre nenas e nenos nas guerras. Antes do diagnóstico. Axiña dareivos novas dun inédito a catro mans. Sempre connosco.
Ía hoxe por Amor Ruibal e vexo na perpendicular unha motoserra atacando un sabugueiro. Eu: Alto, alto! Están plantándoas por Amor Ruibal, esta é a única en Pontepedriña. Ao final a intervención de Iago Lestegás e Suso Dominguez logrou salvala. Fixen a boa obra da semana: #Sabugueiro.
“Comer o pan que o demo amasou”: pediume @lavozdegalicia-bot.bsky.social que escribise sobre Pepe Neira Vilas; sigamos a súa chamada á rebeldía, o seu compromiso coa lingua e contra as inxustizas.
Xente de Santiago, o “Alborada de Veiga” na praza Pascual Veiga está ABERTO. Tivo que quitar a terraza (en trámite) porque o caseiro non pedira permiso (e non llo advertiu). Tania é encantadora, dá tapas e comidas. Necesita clientela, queremos que siga aberta.
Aquí o sabugueiro, a árbore máis máxica nas tradicións de toda Europa. Menos mal que nalgún recuncho de Santiago aínda resiste.
Auga de San Xoán. O sabugueiro é o máis importante. Tamén herbaluísa, fiuncho, romeu. Bo solsticio de verán!
Hoxe no Ateneo Casino de Monforte de Lemos, conversaremos Xurxo Ayán e mais eu sobre “As bocas cosidas” @galaxiaeditorial.bsky.social, que dialoga con “Repil” de Xurxo e Olga Novo @edicionspositivas.bsky.social. Grazas á Libreria Agrasar por organizalo. #MemoriaDemocrática.
Será unha honra falar hoxe do extraordinario libro de poemas de Lorena Souto “Exuvia e saliva”.
No club de lectura participou a alcaldesa de Cee, Margot Lamela (PSdG). Contou do encontro de alcaldesas do estado en maio na Coruña, entrégaronlles “As malas mulleres” (@editorialgalaxia.bsky.social); agradecida a quen tivo a idea, @inesrey.bsky.social (ou talvez María Rivas ou Uxío Novoneyra)
Nos clubes de lectura apréndese moito. Con algunhas das do CL da Biblioteca de Cee, que leva Sara Rodo (á miña dereita). Susana (á miña esquerda) contou que en Cee chaman “río de lavar” ao lavadoiro, pía de cemento ou metal doméstica. A fala das mulleres.
Esta tarde, na Biblioteca Francisco Mayán de Cee, conversa co Club de Lectura que leva Sara Rodo Calvo sobre “As malas mulleres” (@galaxiaeditorial.bsky.social). Xilbarbeira na horta de Toba.
Hoxe chegou esta historia do franquismo por medio das súas ruínas. @guerraenlauni.bsky.social un grande arqueólogo, destrutor de bulos e tamén feminista: o libro está dedicado á súa sogra, desafiando estereotipos. En Editorial Crítica. Devorareino.
Doña Mencía; como di o meu irmán Miguel é a aldea gala do “rojerío”. Desde 1931 alcalde do PC / Izquierda Unida, cóntase en “As bocas cosidas”.
Begoña Caamaño teceu no tear con fío violeta; no mastro levou as velas da liberdade, levantou a voz por Palestina, polo galego, polo feminismo, a ledicia e a vida. Zurcindo con fío violeta linguas cortadas, Día das Letras Galegas @realacademiagalega.bsky.social.
Encántame Dola, a capitana dos piratas coas súas coletas de cor rosa.
¿Fue a clase de biología Clavijo cuando explicaron la diferencia entre ratas y ratones? El ratón colilargo Oligoryzomys longicaudatus (foto SAREM en infobae), es pequeño, pesa de 17 a 35 gramos y no nada. La rata de alcantarilla, Rattus norvegicus, pesa de 300 g a 1/2 kilo y nada.
No mesmo lugar, esta preciosidade de bolboretiña, Zygaena. É biodiversidade pura, non “improdutivos”
A orquídea silvestre Dactylorhiza maculata, creo. Nun dos chamados “terreos incultos”, no polígono industrial xunto aos cargadores de coches eléctricos. Ribadeo
Moi agradecida a Tensi Xesteira por esta lectura de “As bocas cosidas” (@galaxiaeditorial.bsky.social ) en @nosdiario.bsky.social. #Memoria.
Esta tarde ás 17:30 estarei asinando na Feira do Libro de Santiago de Compostela (Libraría Boulevar).
Hoxe traballo de reconstrución case arqueolóxica: maceta que viu da casa da miña avoa Manolita e debe ser dos anos 30. Escachada en seis pedazos, é a terceira vez porque cae cando hai vento na terraza, o que é frecuente nesta orientación. Detrás fieitas e xilbarbeira.
Aniversario de Antonio Gramsci que morreu o 27 abril 1937. No cárcere escribiu estas historias para os seus fillos Delio e Giuliano: “L’albero del riccio” (A árbore dos ourizos). Esta conta como uns ourizos rolaban sobre mazás caídas no chan, levándoas cravadas nas pugas. #Gramsci.
“Hai casos nos que unha muller, polos seus antecedentes, pola súa posición, pola súa sagacidade, ousadía e coñecida propensión ao mal, pode prexudicar tanto como un home, e a proba é a Condesa de Mina”. Para Villalonga, Juana de Vega dirixira a sublevación de 1846. Escribín isto con Emma Pedreira.
Un emocionante acto en Santiago de Compostela, cariño da veciñanza ao fiscal Álvaro García Ortiz
Día do libro: “Eu son de aquí e de alá” de @tamaraandres.bsky.social @galaxiaeditorial.bsky.social, fascinante crónica da procura de Matilde Lloria, e “Cuando el mundo duerme: historias, palabras y heridas de Palestina” a testemuña de @francescaalbanese.bsky.social en @galaxiagutenberg.bsky.social