Moisés Barcia
@mbarcia
Tradutor e editor galego
«Que fortes e fisicamente sans están todos», pensou Aleksei Aleksándrovich, observando as patillas ben peiteadas e perfumadas do vigoroso chambelán e o pescozo vermello do príncipe, cinguido polo uniforme, mentres pasaba ao seu carón. «Con razón din que todo vai mal no mundo», pensou.
«O garrido e alto arquidiácono, coa dalmática bordada en prata e os rizos peiteados a ambos os lados da cara, avanzou decididamente e, co xesto habitual de levantar a estola con dous dedos, detívose fronte ao sacerdote.»
–En canto a iso podes estar completamente tranquilo –dixo Anna, virándolle as costas a Vronski e tomando o seu café. Levantou a cunca, estendendo o maimiño, e achegouna á boca.
Se queredes ler a Ilíada sen complicacións, lembrades que tendes esta estupenda edición preparada para tódolos públicos (alixeirada do parlamento dos deuses e acompañada dunha sucinta introdución e notas explicativas; todo en menos de 180 páxinas!). rinoceronte.gal/sushibooks/es/…
–Ti tamén ves, Anna? –engadiu, volvéndose cara a ela. –Si, nos tamén imos. Non si? –dixo, dirixíndose a Sviazhski–. Mais il ne faut pas laisser le pauvre Vieslovski et Tushkievich se morfondre là dans le bateau . Que vaia avisalos alguén.
Vásienka Vieslovski foi o primeiro en saír, cunhas botas novas e grandes que lle chegaban ate a metade das repoludas coxas, unha blusa verde, cinguida cunha cartucheira nova que cheiraba a coiro, a súa gorra con fitas e unha escopeta inglesa nova do trinque.
Despois de dar a luz a súa filla, Anna recibe, prostrada no que cre o seu leito de morte, o perdón do seu marido Aleksei Aleksándrovich, ante a desesperación de Vronski.
–Ah! Velaí os están! –dixo Stepán Arkádich cara ao final da comida, inclinándose sobre o respaldo da cadeira e estendendo a man cara a Vronski, que se lle achegaba acompañado dun alto coronel da garda. No rostro de Vronski reflectíase tamén a ledicia xeral do club.
Liovin acode moi axitado ó domicilio do médico, a quen saca da cama de madrugada porque Kitty se puxo de parto. O doutor, sabedor de que quedan aínda longas horas por diante, tómao con calma e almorza cachazudamente ante a desesperación do pai novizo.
“Xunto a Anna, montado nun fogoso cabalo gris de cabalaría, ía Vásienka Vieslovski, coa súa gorra escocesa de fitas ondeantes, estendendo cara adiante as pernas grosas e aparentemente moi satisfeito de si mesmo.”
O proceso de edición da tradución galega de Anna Karénina avanza imparable. Imos amenizalo recreando con Gemini escenas inspiradas na arte rusa do século XIX.
Coa embaixadora de Bosnia e Hercegovina celebrando a Ivo Andrić, publicado por @rinoceronteeditora.bsky.social
En Portugal, Chipre, Italia e Irlanda o Estado paga case dende o principio, e aínda non foron á quebra.
Coñecedes o uso de “so” en expresións do castelán como “so idiota” ou “so burro”? Pois procede de “señor”, exactamente igual có portugués “seu” en “seu idiota” ou “seu burro”. En galego temos outras fórmulas distintas.
Usade “reseña” e “reseñar” sen problema ningún, que, se valen para o portugués, ben valen tamén para o galego.
Houfnice, por certo, significa “trebello para matar moita xente”, e sempre foi un canón, pero nalgún lado confundírono nalgún momento cunha catapulta, e aínda se ven as –incorrectas– pegadas.
No século XV os husitas inventaron en Bohemia un canón chamado houfnice. Os alemáns oíron esa palabra checa e escribírona como Haubitze. Os franceses viron a palabra alemá escrita e lérona á súa maneira: obus. Os españois e portugueses viron a francesa e tamén a leron ó seu xeito: obús.
Estamos particularmente orgullosos das nosas traducións dende linguas eslavas. Os contos de Gógol (proximamente tamén en castelán) están bastante por riba das edicións castelás de Cátedra e Alianza.
Non son eu o tradutor. A tradución francesa leuna moita xente sen sabelo, por exemplo os que leron a castelá de Cátedra, que está feita a partir dela.
Sabedes que obra comeza así? Axiña poderedes fincarlles o dente ás súas 950 páxinas.
Salvador Ontiveros mercou un motor diésel Barreiros e fixo un coche arredor del, o primeiro de Quiroga. Logo converteuno en autobús. Obrigárono a matriculalo, que seica era necesario. Estaba reconverténdoo en tractor, pero levouno o a morte a uns prematuros 103 anos.