Rinoceronte Editora
@rinoceronteeditora
Editora especializada na tradución ao galego de literatura de todo o mundo. Dende 2005.
Entrevista a Aleksandr Dziuba, tradutor dos 'Contos de San Petersburgo'. rinoceronte.gal/produto/cont...
Aqueles ían ser os últimos tres días de vida normal na península." rinoceronte.gal/produto/a-pe...
Noventa anos despois, coinciden as datas cos días da semana. Oxalá nada máis. "volvía ser 14 de xullo, martes. Oficialmente, a chuvia durara unhas horas e non vinte e oito días, tanto en Jándula coma no resto de Iberia.
No Faro de Vigo do pasado 3 de xullo publicouse esta reseña da tradución de @mbarcia.bsky.social de 'Gilead', de Marilynne Robinson. www.farodevigo.es/faro-cultura...
O pasado 26/6 publicouse en Faro de Vigo a reseña de 'O amor dos homes avulsos', "novela que acadou un posto de honra na literatura brasileira do século XXI e que, igual que sucedeu coa súa anterior obra [de Victor Heringer], gañou un dos premios máis importantes do Brasil."
Fernando Domènech presenta hoxe na Feira do Libro de Vigo ás 19.15 a súa tradución de 'Medea. Fedra'. No Faro de Vigo fixéronlle esta entrevista: www.farodevigo.es/sociedad/202...
🏛 'Historia de Roma desde a súa fundación (Libros I-III)', de Tito Livio, traducido por Alfonso Blanco Quintela. En sintonía co anterior, para Tito Livio a historia é unha mestra de vida: o pasado serve para comprender o presente.
Hoxe chegaron da imprenta as novidades, e xa preparamos os paquetes de subscrición. Novecentas sesenta e catro páxinas (en total) para ir dixerindo aos poucos ao longo deste verán.
"De estilo cru, directo e documental, aínda que de ton poético, mestura ficción e datos reais co misticismo indíxena como vía de sanación a través da reconexión cos traumas, poñendo de manifesto o gran sufrimento e a necesaria resistencia individual e colectiva das mulleres."
…ou a Lila de Lillith para a de 'Señoras en bicicleta', de Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez, publicado no noso selo @sushibooks.bsky.social
Se andades por Santiago hoxe ás 19 horas podedes escoller ir a Numax para a presentación do libro 'Con e de curcuspín', de Mario Obrero…
@biosbardia.bsky.social O amor dos homes avulsos, de Victor Heringer: “o relevante desta obra non é a trama, senón a gran capacidade de Heringer para xogar coa lingua até case estrangulala. Usa diferentes rexistros con grande audacia e dá gusto deixarse levar polo seu particular xeito de contarnos.”
Reseña de 'Senilidade', de Italo Svevo, traducida por Moisés Barcia, no Faro de Vigo do pasado venres.
No nº 150 da @luzes.gal rinoceronte.gal/produto/o-am...
🏆“Os RinoNobel”: Grazas á tradución de Marcos Randulfe podemos ofrecervos en galego unha obra do polaco Henryk Sienkiewicz: 'Bartek o vencedor'. rinoceronte.gal/produto/bart...
🍒“Os libros de María”: 'Gilead', de Marilynne Robinson, era un dos libros favoritos de MDM, falecida en 2022. Na súa memoria, a súa familia financiou esta tradución de Moisés Barcia, como fixo con 'Medio sol amarelo' e 'A inquilina de Wildfell Hall’. rinoceronte.gal/produto/gile...
Esta semana chegan ás librarías dous títulos da colección Nova que tamén forman parte destas seleccións:
Amable xente subscrita a Rinoceronte: as novidades xa van en camiño! Amable xente non subscrita a Rinoceronte: se non queredes beneficiarvos do desconto de subscrición, sempre poderedes preguntar por elas nas librarías, ou na nosa tenda web, onde podedes obter máis información. rinoceronte.gal
Este sábado 16 na Feira do Libro de Lugo, presentación de 'Medea. Fedra', de Séneca, a cargo do seu tradutor, Fernando Domènech.
Reseña de 'Correr', de Jean Echenoz (trad. de @mbarcia.bsky.social ), no Faro da Cultura do pasado venres.
O Faro de Vigo de hoxe tamén publica esta entrevista de Carolina Sertal a Begoña Feijoo Fariña.
Hoxe presenta o libro na libraría Paz de Pontevedra e mañá asinará exemplares na Feira do Libro de Santiago.
O mércores estará na Libraría Paz de Pontevedra con María Varela. E o xoves, na Feira do Libro de Santiago, coa tradutora Estela Villar. Ademais asinará exemplares na caseta de @numax.org
A próxima semana a autora suíza nada na Arousa volve a Galicia a presentar a tradución ao galego do seu libro 'Un anaco de mazá seca' (trad. do italiano de @mbarcia.bsky.social).