Praza Pública
@praza
O xornal da Galicia que vén. 🤗Faite socia, faite socio
O tribunal comunitario desbota vencellos entre os gastos do procés e o orzamento comunitario e determina que a amnistía non menoscabou a normativa europea contra o terrorismo praza.gal/politica/o-t...
🟦🟥 Longueira (PSdeG) cre que o novo Plan de Normalización "non vai combater a lenta morte da lingua": "Como podemos seguir tratando unha lingua minorizada en igualdade de condicións con outra que non o é?" 🔗 praza.gal/politica/pas...
🟦🟥O @obloque.gal advirte de que a proposta de Plan Xeral de Normalización mesmo "reduce a protección" para o idioma en comparación co de 2004: "Quen ten que volver ao consenso é o PP", afirma Mercedes Queixas 🔗 praza.gal/politica/pas...
🏫📄A respecto do ensino, o plan insta a "buscar" acordos para inserir cambios na "norma legal" dos idiomas nas aulas para, por exemplo, variar o "espazo curricular obrigatorio en galego e castelán" en función "do contexto sociolingüístico" 🔗 praza.gal/politica/o-p...
👉🏾A sentenza non concede directamente a amnistía ás persoas afectadas pero si obriga os tribunais españois a respectar o criterio marcado polo Tribunal da UE 🔗 praza.gal/falase?de=fc...
👥A proposta de Plan Xeral de Normalización insta en varios puntos a "derrubar os prexuízos sobre o galego" e "superar os estereotipos negativos" 🛰Afonda na poboación migrante e en que vexa o galego "como elemento de integración" 🔗 praza.gal/politica/o-p...
O alto tribunal ve claro que o contrato do hospital de Vigo non libraba a empresa de ter que pagar o IBI se, como sucedeu, o Concello decidía deixar de bonificarlle o 100% do pagamento praza.gal/politica/o-t...
O plan para o galego insta a "buscar a adopción de acordos" para inserir cambios na "norma legal" que regula os idiomas nas aulas para, por exemplo, variar o "espazo curricular obrigatorio en galego e castelán" en función "do contexto sociolingüístico" praza.gal/politica/o-p...
Considera o fiscal que o acusado cometese un delito de incendio forestal imprudente, ao limitarse a cumprir co seu traballo As responsabilidades que poidan ter Xunta e Concello de Oímbra polas súas decisións terían que dirimirse pola vía civil praza.gal/acontece/a-f...
😷Facenda volve atribuír á COVID a lentitude en culminar as oposicións A Xunta admite que en oposicións como as de Enfermaría pasaron dous anos dende os exames (2021) ata a asignación do primeiro destino ao persoal praza.gal/politica/a-x...
O ministerio fiscal pide exculpar o tractorista imputado porque seguía "ordes de traballo" e nunca fora alertado dunha "prohibición expresa" de rozar praza.gal/acontece/a-f...
🛰A Xunta presenta a proposta de novo Plan Xeral de Normalización, que recoñece a "necesidade dunha intervención urxente" e propón lixeiras modificacións nalgúns dos piares legais da política lingüísitica 🔗 praza.gal/politica/o-p...
O Supremo anulou a sentenza na que o TSXG condenaba a empresa a pagar ao Concello de Vigo sen que a Xunta a compensase por "vicio de parcialidade" do ex-líder de En Marea. Agora o algo tribunal galego vólvese pronunciar exactamente igual praza.gal/politica/o-t...
Malia ás facilidades propiciadas agora pola Xunta, este ano tampouco será 🌊 O pantalán que ía ficar ata outubro non dispón de permiso da Confederación Hidrográfica tras a proba deportiva de principios de mes praza.gal/politica/en-...
🏥✍🏻O sindicato de enfermaría SATSE advirte dun "malestar enorme" no persoal polo "enorme atraso", causa destas "irregularidades" e tamén pola "insultante" marxe que Función Pública outorga para escolleren destino, apenas "dous ou tres días" praza.gal/politica/a-x...
🔍 Coa identificación taxonómica de máis de 400 animais de polo menos 36 especies distintas foi posible estimar a temperatura e as precipitacións aproximadas no entorno de Cova Eirós no período entre hai 41.000 e 17.000 anos praza.gal/ciencia-e-te...
O protocolo foi respaldado polo Goberno de España, a FEGAMP, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia, o Colexio de Traballo Social, os sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF, e as patronais do sector 👉🏻A Xunta non asina o documento de compromisos que acompaña o plan praza.gal/acontece/asi...
❌⚖️A orde agora corrixida tamén cancela a participación na elección a persoas que xa teñen destino definitivo ou que gañaron nos xulgados á Xunta, que espera novas derrotas pola súa tardanza en adaptarse ao criterio do Constitucional 🔗 praza.gal/politica/a-x...
📄❌A lei vixente ata agora non obrigou nunca o Goberno de España a financiar o 50% a atención á dependencia, senón que estipulou que a achega autonómica debería ser, como mínimo, igual que a estatal 🔗 praza.gal/politica/o-p...
🗓A demora en convocar o persoal que superou procesos selectivos entre 2019 e 2024 para elixir destino definitivo aboca agora a Xunta a corrixir a súa propia resolución para eliminar do chamamento profesionais que neste tempo morreron ou se xubilaron 🔗 praza.gal/politica/a-x...
Un estudo liderado polo investigador do GEPN-AAT da @usc.gal e do @cispac.bsky.social Hugo Bal García no xacemento de Cova Eirós afonda no coñecemento sobre o clima entre hai 41.000 e 17.000 anos praza.gal/ciencia-e-te...
‼️ Non nos deas por suposto 🤗 As informacións de Praza só podemos publicalas da man das socias e dos socios ↪️ Faite da comunidade dende 5€/mes 🔗 praza.gal/faitedepraza ✅ Ata o 80% da achega anual devólvencho na declaración da renda 🔗 praza.gal/axuda/desgra...
ℹ️ Como adoito, a restritiva política informativa da Xunta impide afirmar que estes únicos incendios comunicados por Medio Rural sexan os únicos declarados no conxunto de Galicia durante a pasada fin de semana praza.gal/acontece/inc...
A Consellería de Política Social, competente nesta materia, non firmou o protocolo que si apoian o Goberno de España, o Issga, o Colexio Oficial de Traballo Social, os sindicatos CIG, CCOO, UGT e CSIF, e as patronais do sector praza.gal/acontece/asi...
O Ministerio de Dereitos Sociais asegura estar en condicións de cumprir a través da reforma que tramita xunto á da lei, que precisa o "si" do Congreso para seguir vixente e implica que Galicia duplique os fondos: duns 15 a uns 30 millóns mensuais praza.gal/politica/o-p...
A reforma que se enfronta á votación definitiva do Congreso obriga o Estado a garantir "un financiamento equivalente ao 50% do gasto total certificado polo conxunto das comunidades autónomas" praza.gal/politica/o-p...
"Non figura ningunha garantía de que as entidades colaboradoras —e, de ser o caso, a sanidade privada— non poidan acceder ao conxunto da historia clínica das persoas traballadoras en incapacidade temporal" praza.gal/economia/cig...
🏭🔄🚗 CRÓNICA | Sae Altri, entra SAIC e fica un pacto secreto praza.gal/politica/sae...
🎉🏆 Praza.gal, premio Insua dos Poetas a medios de comunicación 🗞️📲 "Destaca por unha liña plural e transparente e fomenta a información en galego e o debate público", salienta o xurado praza.gal/cultura/praz...
O sindicato presenta recurso contencioso-administrativo ante o TSXG contra a resolución da Consellería de Sanidade que modifica a forma de xestionar as baixas por parte da Inspección sanitaria praza.gal/economia/a-c...