Anova-IN
@anovagal
Irmandade asamblearia nacionalista de esquerda. Loita frontal contra o ultraliberalismo. Unidade Popular pola creba democrática. Internacionalismo.
Como cada 17 de agosto, este ano estaremos de novo en Pontevedra para conmemorar o Día da Galiza Mártir e lembrar a Alexandre Bóveda no 90 aniversario do seu asasinato.
💐 Conmemoramos o #DíadaPatria cunha ofrenda floral a Anxel Casal e a María Miramontes. 🗣️ Coa intervención do noso voceiro nacional @martinhonoriega.bsky.social
💐 Este 25 de xullo conmemoramos o Día da Patria cunha ofrenda floral na estatua de Ánxel Casal, en Santiago. 🗓️ 25/07 🕜 13:45 👤 Avenida de Xoán XXIII
🖤Falece Concha Nogueira e con ela desaparece outro anaco da memoria colectiva contra a infamia 👉 Concello e Autoridade Portuaria continúan dándolle as costas a un dos episodios máis negros da Guerra Civil na cidade, negándose a lembrar os mártires do Bou Eva no porto pesqueiro de Vigo 📸 Jose Cores
👕 As traballadoras do textil volven á rúa contra a sinatura dun convenio estatal que empeora as condicións dos seus convenios provinciais. Esta é a realidade do mundo do traballo en Galicia mentres Rueda atenta contra o dereito á saúde laboral cos seu plans contra as IT.
📢 Xornada de mobilizacións laborais en Galicia. 🔧 O sector do metal da provincia da Coruña volve á folga para esixir unha negociación xusta do seu convenio laboral. ✊🏽Manifestación en Ferrol ás 12 h, dende o Polígono Industrial da Gándara.
📢 Dende esta madrugada, a forza traballadora do país irmán sae á rúa para loitar pola a dignificación salarial, a mellora da conciliación e a fin da precarización, sobre todo entre a xente máis nova. #AbaixooPacoteLaboral #NãoAoRetrocesso #GreveGeral
A súa é unha voz de referencia na nosa literatura contemporánea que teceu como poucas a razón e a emoción, o feminismo e o mito, a rebeldía e o compromiso. O exemplo da súa escrita e da súa militancia vital sérvenos de pulo para permanecer na trincheira das causas xustas.
Dende o ano 2019, ao abeiro do goberno municipal de @martinhonoriega.bsky.social, o seu nome é tamén o dun parque do barrio compostelán das Fontiñas.
Neste #DíadasLetrasGalegas conmemoramos a Begoña Caamaño e a todo o que ela representa na nosa memoria nacional. Festexamos o seu legado de compromiso feminista, de defensa do idioma e de reivindicación da dignidade profesional como defensora dos medios de comunicación públicos.
Hoxe dende Anova acompañamos ao sector do metal da provincia de Pontevedra, que volve á folga tras meses de paralización na negociación do novo convenio colectivo. Fronte á estratexia da patroal, folga e presión nas rúas! Vémonos esta mañá en Vigo ✊🏾
A plataforma cívica 'Transfuguismo non, democracia si' convocou a pasada semana unha mobilización masiva en rexeitamento do transfuguismo. @loisperez.bsky.social, da CN de Anova, é un dos seus impulsores
Barry Elhadj Mamadou, da Rede Veciñal de Apoio a Persoas Migrantes, relatounos a súa experiencia na tentativa de acceder a unha vivenda, o racismo sufrido en primeira persoa, os avais abusivos, etc.
Está a ser unha xornada ben produtiva. o #25deabril é sinónimo de encontro e fraternidade.
"Precisamos un cambio de paradigma nos servizos sociais comunitarios. Precisamos pasar da linguaxe da fiscalización á linguaxe dos dereitos. Hai que buscar unha forma de que non tardemos tres meses en conceder unha RISGA (ou bastante máis) ou un IMV"
Damos comezo á primeira das mesas da xornada en Rianxo. Falamos do importante, falamos de coidados e de benestar.
Ao remate, festexaremos o 25 de abril con música. Será a cargo do cantautor Rui David, que pechará o encontro cunha fermosa mostra de cançao de intervençao. Porque seguimos na trincheira da liberdade e porque reivindicamos, máis que nunca, que o povo é quem máis ordena! ✊🏼
O segundo dos paneis será "O acceso á vivenda como elemento de desigualdade", moderado por Iván Rodríguez (CN de Anova). Intervirán: 👉🏼 Carla Leiras, do colectivo As Ninguéns 👉🏼 Ana Pardo, da Asociación Provivenda 👉🏼 Barry Elhadj Mamadou, da Rede Veciñal de Apoio a Persoas Migrantes
Falarán: 👉🏼 Victoria Rey Mariño, psicóloga e ex-directora de CIM 👉🏼 Teresa Elvira Muñiz, traballadora social e membro do colectivo Vigo Sen Benestar 👉🏼 Rodrigo Gil Cedillo, educador social e fundador da ONG Caguama - Instituto de Migracións Ecosociais
Este sábado conmemoramos abril en Rianxo (Auditorio Municipal, 10 h), na nosa II Xornada Municipalista, na que enfocaremos un asunto prioritario para as políticas transformadoras polas que apostamos. Atoparémonos baixo o título CONQUISTAR AVANCES: COIDADOS, MIGRACIÓN E VIVENDA.
🌹 O sábado 25 de abril, celebraremos a liberdade e a confraternización entre iguais dende Rianxo, coa II Xornada Municipalista: 🏡 A vivenda, as migracións e os coidados marcarán o ritmo deste encontro:
Como cada Dez de Marzo, na memoria de Amador e Daniel, conmemoramos o Día da Clase Obreira Galega. Se ben o mundo do traballo mudou moito dende aquel 1972, o que sabemos a través das loitas que impulsaron a democracia é que os dereitos conquistados non son irreversibles…
O 50% da poboación mundial esiximos, este 8 de marzo e cada día do ano, a fin da violencia contra nós, as mulleres👇🏽
Hoxe é o día da nosa Rosalía: nai, irmá, camarada e sempre referente. “Cando os señores da terra me ameazan cunha mirada ou queren marcar a miña fronte cunha marca de oprobio, eu río coma eles rin, e fago, en aparencia, a miña iniquidade máis grande que a súa iniquidade🔽
🖤Deixounos este xoves Xesús Alonso Montero, coidador das palabras, da historia e legado militante do país. A súa memoria será sempre a da dignidade e a loita.
✊🏽Este domingo e cada día, sempre na trincheira da #SanidadePública, universal e de balde. 📣Coa saúde non se comercia, non se negocia, non se relea.
A "Corporación Trump" é un perigo para a democracia. Amparar un xenocidio en Gaza, agredir e secuestrar en Venezuela, ameazar e negar o dereito internacional en diversas ocasións…non pode interpretarse nunca dende un marco de defensa de valores a reivindicar.