Carmen de Milmanda
@carmendemilmanda
(eu/son) proxecto poético. a medio camiño entre rosalía de castro e kurt cobain. meus poemas + miñas fotos e debuxos. afirmo: "a poem a day keeps the doctor away" poetry cinema photo drawing "Os mil e un días" (Xerais, 2023)
aínda fabricando todos os misterios coma se fosen nosos aínda louvando o mercado do alleo coma se fose propio e nós entretanto soltándonos dos ósos escachando en mil anacos e dicir que somos logros pero ao final marcos baleiros dos soños
quen tece e destece a nosa inconstancia e o noso destino? os fíos que nos manexan son de sol e de sal e de tempo e de distancia e de calor e de frío
seguimos a aplicarnos en procurar paxaros poder tomar prestadas as ás para escaparmos
de non ter que curarmos ou de que abondase un apósito adhesivo para salvarnos
E final apocalíptico 💙💙 con Los Planetas. No Atlantic Fest. .
con-centrármonos na pedra ata furala des-botar o que sobra e non estrañar o que falta
Electrizante sesión inaugural do Atlantic Fest con @tabizarro.bsky.social
nacermos sen permiso onde nos cadre e deixar as bestas que ladren
aínda o verán non se fabricara e xa comezara a caducar ser auga e volver á auga pero nin todos podemos ser mar
o que existiu permanece malia que tamén a historia prescriba
A xenética da auga e do sangue. Interesante proposta sobre mulleres que viven sen vivir en si. @numax.org
non quero irme deste soños mentres non me obriguen non quero marchar deste tempo nin desertar deste medo se supón perder a orixe
As historias persoais son o reflexo das historias colectivas. Ás veces só precisamos ter alguén a quen contarllas. E dende o público agradecemos que Yoji Yamada siga a querer contárnolas a nós. 🌸🌸 Rn @numax.org e nos Compostela.
Feliz de acompañar a un dos meus carballos queridos e favoritísimos, o de Padroso. 🥰 A Fundación Bieito Ledo puxo os medios e o carballo obrou a milagre de nos xuntar arredor da música e da poesía, apadriñando un novo volume no que volvo ter a fortuna de participar. 💙💙💫
se é todo un inmenso escenario como ignoralo se a vida é puro teatro, que liña nos tocará, que personaxe, que trama, que posición no relato
A música amansa as bestas e modula os corazóns, ata o punto de xunguir nunhas mesmas ás o voo de catro descoñecidos. 🥰
alguén terá que explicarnos cal é a parte máis relevante da ecuación, alguén terá que contarnos por que así, xusto así, se aliñan os nosos átomos para contarnos sen palabras e definirnos dende a punta dos beizos ata a predisposición de mancarnos alguén terá que tentalo
Precioso filme sobre o que non queremos esquecer nunca. 💙 Nos Compostela.
Hoxe é un día perfecto para lembrar a Pepe. Moi boa nova a decisión da Real Academia Galega. . 👏✍️✍️ Aquí, persoas de aldea. 🥰 Foto de Xoán. 💙
“Magallanes”, a versión da sombra. . En @numax.org e nos Compostela. .
sempre nos vexo a nós, humanos, tentando escapar dos perigos que creamos sempre nos vexo a nós, humanos, desterrados do paraíso porque non era abondo para os nosos pasos
por máis que caiamos seguimos a crernos de pé e non renunciamos a dar froitos nin a finxirnos exentos dos danos
é difícil termos a certeza de se nos favorecen ou non as estrelas por que as culpamos polo aue non fan e non as xulgar só pola súa beleza
Todo o bo chega ao seu final. Para o ano, máis. (Desexamos). Curtocircuito Clausura con “Fomos ficando sós”, de Adrián Canoura. 🌊🌊🌊
Tres apertas para lembrar e un aviso de que futuro queremos para o rural. Rapa das Bestas de Sabucedo.