Edicións Defectuosas
@ed-defectuosas
Facemos fanzines porque algo hai que facer. Os nosos fanzines: linktr.ee/Ed_Defectuosas O noso mail: ed.defectuosas@gmail.com
O fanzine este dos setes e as casetes do que xa falei algunha vez por aquí vai ter sitio para O TERROR. Tachei algúns datos para mante-la sorpresa, pero se hai alguén máis que quedase traumatizado por esa cuberta se cadra pode adiviñar cal é o disco ao que me refiro.
O concello de Betanzos encargoulle o "suadoiro oficial das festas" (que o concepto xa ten o seu) á marca esa de roupa que eScRiBe asÍ e o resultado é o esperable (porque os deseños desa marca son todos iguais, vaia).
Pasáraseme poñer por aquí o cartel da Festa do Polbo de Mugardos deste ano, que ten como figura central... un polbo caníbal. Efectivamente, está feito con IA. E non, a vila que se ve de fondo non se parece a Mugardos.
Un debuxo rápido e pequeno feito cun rotulador do 01, un pincel do 1, tinta negra e acuarela azul.
Unha das absurdas limitacións estéticas autoimpostas de Edicións Defectuosas é que nos fanzines só se empregan dúas tipografías, e se cadra xa viches que hai textos na cuberta que non se corresponden con elas. Iso é porque hai unha excepción: se as debuxo a man, podo meter máis tipos.
A idea é que as representacións das cubertas sexan fieis aos deseños orixinais, mais neste caso permitinme igualar o tamaño dos recadros e poñelos aliñados porque a portada real ponme un pouco dos nervios. En serio, que raio é isto?
Ando arrincando cun fanzine e desta volta (ao contrario do que adoito facer e logo sempre me arrepinto), decidín comezar a parte gráfica co debuxo que penso que me ía dar máis choio (que se cadra ao final non é así).
Creo que a app do meu banco está virando cara o reintegracionismo. (polo de agora é só este apartado, o resto segue en galego normativo)
Estas son as catro viñetas da terceira páxina de O MONSTRO DOS GATOS (xa sabedes: a próxima referencia de Edicións Defectuosas, que sairá cando remate o verán... se é que este verán remata algunha vez) onde se explica de que vai a cousa.
Pois si que fun mercala, si. Non me enterara de que xa saíra e na libraría aínda non a sacaran da caixa, así que leveina fresca!
Arrinqueino hai un par de semanas con este texto que me saiu do tirón porque, en fin, non precisaba de documentación. Pero hoxe quixen poñerme con outro e xa me encerellei bastante (coma sempre, vaia. Poderíase dicir que é o meu método cos fanzines).
O outro día ocorréuseme o que vai ser o mellor título de Edicións Defectuosas (agora haberá que ver se o contido está á altura). Que porqué é o mellor título? Porque rima!
O ano pasado non houbo postal de Nadal "de empresa" de Edicións Defectuosas pero si que fixen a postal persoal, que consistía nun recortable no que había que vestirme para o frío, e unha das opcións era unha camisa hawaiana. Se estes días me abrigo moito en plan psicoloxía inversa servirá de algo?
Pois xa rematei (case) cos remanentes de papel a base de facer marcapáxinas. Eu quedei cun par e xa regalei algún, pero os de aquí abaixo aínda non teñen dono. Así que se queres un avisa!
Aproveitando que volvo ter recortes de papel que non serven para moito máis e que no verán un sempre acaba lendo en entornos hostís (a praia! Medios de transporte!), decidín facer unha remesa de marcapáxinas pasivo-agresivos (máis agresivos que pasivos).
Eu acabo de facer este debuxo que resume o meu sentir co tempo desta fin de semana.
Pois claro que merquei o póster dos Amantes del Futuro de @brancastudio.bsky.social aproveitando que o teñen case regalado, vós non? (sen ser eu moi de cumbia esta xente si que me gusta, e teñen un dos combos nome+logo máis molóns que hai)
Aínda que os tebeos de Edicións Defectuosas non destacan pola súa cantidade de diálogos, sempre hai algunha viñeta na que non sei como colocar os globos de texto. #muchotexto
E final. Con isto dou por rematada a serie de debuxos das ofertas do Gadis. Grazas a todos os que lle prestástedes atención a esta parvada.
Terceira volta: (na parte de atrás, que aínda non o puxera, van os detalles da oferta, así que dentro dun tempo estes debuxos tamén servirán para facer cálculos de inflación, IPC...)
Con este debuxo arrinco (o que agardo que sexa) unha serie de acuarelas minúsculas baixo o título de AS OFERTAS DO GADIS. PREZOS VÁLIDOS DO 21 AO 27 DE MAIO DO 2026.
Velaquí unha das poucas fotografías do monstro dos gatos (protagonista do vindeiro zine de Edicións Defectuosas). Está algo desenfocada, iso si.
O síntoma definitivo de que a calor chegou para quedar é que na Casa Defectuosa acaba de entrar o TROPIX de Céu no equipo de música (seguramente xa vai botar aí ata setembro).
Non sei se xa falara algunha vez por aquí do hórreo inclinado (morre de envexa, Pisa!) que hai ao lado da casa dos meus tíos en Agolada e que desafía as leis básicas da física.
Onte debuxei unha meiga chosca e hoxe non sei se meterlle cor (que era a idea inicial) ou deixala así. #bigdecisions
O outro día escoitei que ultimamente só se lle adica o Día das Letras a mulleres. Coido que nesta ocasión o comentario non se fixo con mala intención, pero dáme pé para ver como están as contas no 2026 (e para facer unhas gráficas!). (1/3)
Collín un anaco de pan de pasas e noces na panadaría de confianza porque, aínda que en xeral non son o maior fan dese produto (xa que na maioría dos sitios a proporción pasas/noces tende a favorecer as primeiras por moito), este gústame porque, en fin, non leva moita pasa. #nontepasescoapasa