Javi
@javiramos
O mundo é como é e eu son como son xanela.substack.com
Se un día vas ao Monte Viso Xunto á ribeira do Sar Verás Santiago nun baixo Detrás o Sacro, na beira o Sar
Eu paso de prognosticar nada que non teño nin puta idea de nada de economía e os números imaxinarios que moven estas cousas non obedecen á razón; pero presentar as contas estas coma un éxito e ignorar que veñen de asimilar outra empresa na matriz… a min paréceme facer trampas ao solitario coa info
E facelo co argumento da inseguridade... non teño palabras. E as poucas que me veñen á boca vai ser mellor gardalas
Shitposting + #ourensanía, un combo demoledor (Aproveito para compartir esta foto que saquei no concerto de Grande Amore no Surfing, que sempre me escarallo cando a vexo na galería)
Gústame moito tamén a idea que tiveron no Prestoso de inspirarse neles para a imaxe corporativa desta edición do festi
Lembroume, salvando as distancias porque Sando parece riquiñísimo, a esta portada dun disco de Machine Girl
Bueno, pois hoxe comeza a miña semana anual de parque de atraccións en forma de concertos. Cita dobre de guitarras co primitivismo folk de Gwenifer Raymond e co flamenco novo de Yerai Cortés (coa esperanza de que me entusiasme máis ao vivo ca o pouco que o fixo o seu docu). Os primeiros de moitos
Hai que se deixar de nudes e aprender do sexting dos clásicos www.vanitatis.elconfidencial.com/famosos/2021...
A culpa foi miña por falar do tema na casa e querer saber máis. Vivía mellor na ignorancia. Ao final cos paxaros está bonitos velos cantar, pero redúcese todo a este meme
Vendo piratamente o Bosnia-Italia nunha tele portuguesa porque aquí non o retransmite ningunha. Na Italia xoga un paisano que se apelida Palestra. O que me pasa pola cabeza cada vez que o nomea o comentarista:
As institucións: Desenvolven un proceso rigoroso de revisión de miles de topónimos por todo o territorio galego e aproban a súa modificación cumprindo con todos os trámites debidos. O xornal galego de maior tirada:
Vendo os titulares frecuentes deste tema un diría que este é un asunto que lles importa alá e con certa prioridade informativa. Vendo o vídeo e, atendendo ao xeito de se expresar, dá a impresión de que lle tira bastante dun pé a cuestión. Pois, lendo e atando cabos… é todo doado de entender
Está guai tamén a explicación da historia detrás da letra: The world doesn’t end, shit just happens and if we don’t die we have to take care of each other
Amigable lembrete para que (podendo evitalo) non compredes no Carrefour nin os dátiles do Gadis
Fin de semana. Primeiros ceos azuis de verdade en semanas/meses, filloas, un paseo pola aldea vendo pozas e regatos que nunca antes alí estiveran e o disco de Big Thief acompañando a ocasión. Non era tanto pedir
Case prefiro ao vello rata que me vén de cara (“Es el mercado”) a ter que sorrir agradecido mentres me sablan por querer ter un teito
Hai un aforismo moi bonito en lingua castelá que di o seguinte: Pluralismo, un huevo colgando y el otro lo mismo
Poder podes participar, que creo que xa hai gañador (aínda que está moi apretado) e non sei eu se alguén se vai dar aproximado máis. Aínda que a mellor mensaxe foi esta
Hoxe estreouse en salas 'A voz de Hind'. Imaxino que moitos xa lestes de que vai a historia, pero, por se acaso: é unha película de non ficción que relata os intentos de rescatar a Hind Rajab, unha neniña de seis anos atrapada nun coche tiroteado polas forzas de ocupación israelíes en Gaza
Deitar deiteime ás catro, pero que conste que terminara ás dúas e media co de ser traballadoriño e o resto do tempo dediqueino a ver se daba arranxado fotos malas co vello de truco de poñelas en branco e negro. E algo melloran, si. Polo que sexa hoxe non me lambía no choio, pero ese é outro tema