Edicións Laiovento
@laiovento
Libros que fan País. Laiovento ten como obxectivo principal contribuír, desde unha óptica progresista, plural e aberta, á construción nacional da Galiza
A finais do século XIX a doutora británica Lillias Hamilton traballou en Afganistán, no seu libro O PODER QUE CAMIÑA NAS TEBRAS relatou as súas vivencias e impresións. Un libro publicado por #Laiovento en 2024 en tradución de María Alonso Seisdedos
Onte 2 de agosto, na Feira do Libro da Coruña, Manuel Monge presentou o seu libro USTED DEBERÍA SABER. LA HISTORIA SECUESTRADA DE LA MONARQUIA. 90 AÑOS CON FRANCO, publicado por #Laiovento na colección Endovelia. O autor estivo acompañado por Iria Taibo, deputada do BNG no Parlamento galego
Desde #Laiovento queremos desexarvos un bo #DíadaPatria de 2026. Reafirmamos o compromiso de contribuír cos nosos libros a construír unha Galiza soberana, plural e democrática. Viva Galiza!
Wuthering Heights ou Cumes Torboentos, na tradución de L.C. Carballal para #Laiovento, é unha das novelas inglesas máis sobranceiras do século XIX e Emily Brontë, a súa autora, pertence a ese escaso e escolleito fato de autorías que acadaron o recoñecemento literario cun único libro
No site de #Laiovento já pode consultar os detalhes sobre o livro de Francesco Traficante Peláez O GALEGO, LÍNGUA NACIONAL... OU LINGUA AUTONÓMICA?, vencedor do Prémio Carvalho Calero de Investigação Linguística. Também é possível começar a ler as primeiras páginas. laiovento.gal/CATALOGO/142...
Lembramos esta semana o clásico de Francisco Rodríguez CONFLITO LINGÜÍSTICO E IDEOLOXÍA NA GALIZA, un libro que vén de cumprir cincuenta anos desde a súa primeira publicación en 1976. En #Laiovento tivo dúas edicións, en 1998 e 2015
Publicamos o livro de Francesco Traficante Peláez O GALEGO, LÍNGUA NACIONAL... OU LINGUA AUTONÓMICA? O ensaio faz uma proposta integral de normalização e normativização. Por ser uma obra inovadora, pelo seu rigor e linguagem acessível obteve o Prémio Carvalho Calero de ensaio do ano 2025
O venres 17 de xullo @albars-1980.bsky.social presentará o seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, no Museo de de Arte Contemporánea da Costa da Morte (Corme), ás 19:00h.
No último número do #FarodaCultura Manuel F. Vieites analiza a proposta teatral de Afonso Becerra DO REINO (E) DOS AMORES PROSCRITOS. UNHA VIAXE Á IDADE MEDIA MÁIS COLORIDA, publicada por ##Laiovento
Na terça-feira, 14 de julho, Antom Garcia Rodrigues apresenta o seu livro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado pela #Laiovento na coleção 'Vento do Sul', no Espiral Maior Foro de Carballo, às 20h00. Deixamos-vos o anúncio com os detalhes do ato
Tensi Xesteira escribe no #SermosGaliza desta semana sobre a novela da autora turca Latife Tekin QUERIDA MORTE RACHADA, publicada por #Laiovento e traducida ao galego por Pepa Bahamonde e Irfan Güler @nosdiario.bsky.social
En 1939 o escritor Henry Miller viaxou a Corfú por convite do seu amigo Lawrence Durrell, os meses que residiu nesta illa grega deron como resultado un libro. En 2024 #Laiovento publicou esta obra: O COLOSO DE MARUSI, traducido ao galego por @maseisdedos.bsky.social
Na páxina web de #Laiovento xa podedes ver os detalles do libro de Lourenço Álvarez O PORTÃO VERDE, Premio Carvalho Calero de Creación Literaria 2025. Tamén podedes comezar a ler as primeiras páxinas: laiovento.gal/CATALOGO/142...
Imaxes da presentación do libro de @albars-1980.bsky.social RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, que tivo lugar na @acalexandreboveda.bsky.social da Coruña o 6 de xullo, na compaña de @claudiamoran90.bsky.social (fotos da livraria Suévia)
Nas últimas novidades de #Laiovento atopamos o libro de Lourenço Álvarez O PORTÃO VERDE, obra que foi galardoada co Premio Carvalho Calero de Creación Literaria. Un libro que respira como a memoria: con luces que volven, con sombras que persisten, coa beleza inquieta do que nos forma para sempre.
O #SermosGaliza deu conta dunha das últimas novidades de #Laiovento: a novela da autora turca Latife Tekin QUERIDA MORTE RACHADA, traducida ao galego por Pepa Bahamonde e Irfan Güler
En 2023 #Laiovento publicou a obra de bell hooks A VONTADE DE CAMBIAR. Encheunos de orgullo poder editar en galego este volume tan bo como necesario. Neste libro a autora convoca os homes para cambiar e chama as mulleres a axudar nesa transformación. Unha lectura sempre acaída #bellhooks
O 6 de xullo @albars-1980.bsky.social presentará o seu libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento, na @acalexandreboveda.bsky.social, ás 19:30h. A autora estará acompañada pola xornalista @claudiamoran90.bsky.social. Inscrición: acalexandreboveda.gal/event/presen...
O venres 3 de xullo Baldo Ramos e Xerardo Quintiá presentarán o seu poemario UMBILICAL, publicado por #Laiovento na colección 'VentoaLto Poesía', na Casa dos Poetas de Celanova, ás 20:00h. Presentará o acto Xoán Carlos Domínguez Alberte
Na quinta-feira, dia 2 de julho, Antom Garcia Rodrigues apresentará o seu livro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado pela #Laiovento na coleção 'Vento do Sul', na casa da cultura de Taboada, às 20:30h.
O xoves 2 de xullo Antón Seoane presentará o seu libro CANDO CHEGOU A NOITE. A FINITUDE DO SER E A MORTE DIGNA, publicado por #Laiovento, no marzo do espazo Río Lagares de Vigo, ás 19:30h. O autor estará acompañado por Carlos Méixome e Xan Carballa
Neste mes de xuño cúmprense 120 anos do nacemento de Lois Tobío, unha figura fundamental da cultura galega contemporánea. En #Laiovento publicamos a súa tradución do drama de Goethe FAUSTO, unha das obras mestras da literatura universal; un libro que publicamos en 2021 na súa segunda edición
O venres 26 de xuño Antón Seoane presentará o seu libro CANDO CHEGOU A NOITE. A FINITUDE DO SER E A MORTE DIGNA, que vén de publicar #Laiovento, no marco da biblioteca pública do Concello de Nigrán, ás 20:00h. Velaí vos deixamos o convite cos detalles do acto
No web de #Laiovento xa podedes ver os detalles do libro de Carlos Velasco Souto MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL. ESCRITOS SOBRE REBELDIA SOCIAL, MEMÓRIA HISTÓRICA E AFIRMAÇOM NACIONAL NA GALIZA CONTEMPORÁNEA. Tamén podedes comezar a ler as primeiras páxinas laiovento.gal/CATALOGO/142...
Publicamos o libro de Carlos F. Velasco MEMÓRIA HISTÓRICA E IDENTIDADE NACIONAL. ESCRITOS SOBRE REBELDíA SOCIAL, MEMÓRIA HISTÓRICA E AFIRMAÇOM NACIONAL NA GALIZA CONTEMPORÁNEA, unha novidade de #Laiovento, nel xúntanse unha serie de traballos deste historiador sobre Historia Contemporánea de Galiza
O xoves 18 de xuño @albars-1980.bsky.social participará na xornada "Ruth Matilda Anderson, a ollada nas mulleres", organizado pola @realacademiagalega.bsky.social, na Fundación Luís Seoane, ás 19:00. Alba é autora do libro RUTH MATILDA ANDERSON. TRADUTORA DAS MARXES, publicado por #Laiovento
Vicente Araguas escribe na revista do xornal La Región sobre o novo libro de Manuel Monge USTED DEBERÍA SABER. LA HISTORIA SECUESTRADA DE LA MONARQUIA. 90 AÑOS CON FRANCO, que vén de publicar #Laiovento na colección Endovelia
Na terça-feira, 16 de junho, Antóm García Rodrigués apresenta o seu livro ESPAÇOS AFETIVOS DA GALIZA NA LISBOA ATUAL, publicado pela #Laiovento na coleção 'Vento do Sul', na Livraria do Eixo de Ourense, às 19h30. Aqui fica o anúncio com os detalhes