O Arce Exterminador
@mariaartze
Nas trincheiras da ESO. Emigrada a medio retornar.
Por primeira vez na vida usei un cacharro de edición de imaxes para crear unha que represente o eclipse que eu vin e intentar explicar por que carallo non estaba preparada para iso. Na miña cabeza ía ser unha cousa completamente diferente .
Conseguín atopar o termo técnico para o que me deixou parva a min e chámanse "serpentinas coronais". É dicir, eu non percibín case escuridade, nin o "halo" da coroa solar, máis si eses raios longuísimos que ademais se movían e tiñan moitísimo máis diámetro que o propio sol.
Onte de paseo vin isto e pensei: por aquí pasou o @dosiveiga.bsky.social!
Mañá na Feira do Libro da Coruña podedes escoitar¹ a miña amiga @antiay.bsky.social falando de distopías con Manuel Esteban. ¹ podedes escoitala seguramente resacosa, que hoxe foi de voda, e iso dalle moita máis calidade ao asunto!
A miña paciencia no Wallapop foi finalmente premiada. Dei atopado un exemplar practicamente novo desta novela de Semiónov que hai anos que está descatalogada e que non encontraba en persoa en librerías nin feiras de vello.
Non entendín por que o das fotos de hai exactamente 16 anos, pero só teño dúas fotos de 2016 e a calidade é regular.
A cousa esa de última lectura, lectura actual, vindeira lectura. Como presta a calor para ler letras lixeiras!
Agora con el na man, vendo o prólogo, a limpeza do estilo e ata as calidade do papel, os 44 euros que paguei polo exemplar novo parécenme unha verdadeira ganga.
Había tempo que devecía con facerme cun exemplar da fabulosa e premiadísima tradución de Anna Karénina feita por Víctor Gallego. Chegara tarde a un par de exemplares no Wallapop, mais hoxe decidín facerme a min mesma un presente adiantado de aniversario para celebrar a segunda oposición. Admirade!
E lembrade, amigas opositoras, metede sempre a contribución ao currículo, ás competencias chave e aos ODS xa no primeiro apartado!
Por certo, tiven dúbidas entre o tema 43 e o 57 no exame oral, mais ao final a cabra tira ao monte e defendín o tema medieval. É un tema precioso.
O tribunal asañouse bastante, máis grazas polos vosos thoughts and prayers 🥹
Hai quen pensa que a nai lles escolle a roupa para que luzan peor ca ela (cando son tipos moi diferentes). Non sei se hai algunha nena en España maior de 12 anos que deixe que a nai lle escolla a roupa. A min danme o rollo de Tippi Hedren<Melanie Griffith<Dakota J. (cada xeración xermanizouse).
Nada, nada, que mo pague deus. Este xa o teño, que é dos poucos que puiden pagar aquel ano de estudos. Mire os prezos que gastaban daquela os libros alemáns!
Un alumno do ano pasado escribiume por Instagram para preguntarme pola única cousa que el sabe que me obsesiona por estas datas: que todo o meu alumnado de 4° saque o título da ESO 🥲
Que pasada, porque nas outras te vía súper cálida (incluso na cor das cellas ou o cabelo) e nestas claramente fría. O contraste é medio, o subtón frío. Eu penso que es soft summer, aínda que noutras fotos pensaba que eras soft autumn porque a maquillaxe e as mechas despistan. As túas cores ideais:
Xenial que dubides estas porque estaba equivocada. Nas que adoitaba subir, un pouco de lonxe e con luz artificial, pensaba que tiñas subtón cálido e que eras outono (levas moitas veces cores de outono), pero nestas vese que es entre fría e neutra, moito máis deep winter que dark autumn. Mira:
Este é o tipo de definición e distancia que necesito, así a ollo.
Eu penso que se túa paleta é soft summer. Tes un subtón frío, rosado na pel e verdoso nos ollos. O contraste é medio-baixo e lixeiramente apagado. Favorécenche as cores frías e un pouco apagadas, como as desta paleta. bsky.app/profile/krui...
Este ano só aproveitei o Día das Letras para mercar dous libriños en galego, porque aínda teño algún outro pendente. O de poesía vai baixar durante a viaxe e o de Portabales vai para as novelas de ler na praiaTM este verán (non piso a praia, pero xa entendedes o concepto).
Ao final merquei este para a "cita a ciegas con un libro" do noso claustro de profes. Gardádeme o segredo ata o día do intercambio!
Non é de noite, nin é marzo xa. O que eu fago é chegar 6 anos tarde a este clásico do s. XXI:
Hai un ano acompañei unha amiga aos Mestre Mateo e levei un vestidazo. Durante a gala recibín dos colegas capturas de pantalla e mesmo algún vídeo porque me recoñeceran neses planos en picado. O escote era menor do que poida parecer nestas imaxes, pero non sei por que dérame corte subir o vídeo.