Recuncho Gamer
@recunchogamer
Desbardalle audiovisual sobre videoxogos. Todas as nosas cousas:
NON seguindo as tendencias dos consumidores, o próximo Recuncho Gamer Podcast será en formato físico! Vémonos no Rianxo Gaming este sábado 11, ás 13h na Praza Castelao para falar de videoxogos e o mar! Que xogos se che ocorren? Con @iagogordillo.bsky.social @evafarto.bsky.social e @amil.gal
Esta noite ás 22h pechamos temporada no podcast con todos estes xogos en galego para quenes mellor o fagan no noso Trivial!
Cales foron os anuncios de videoxogos máis destacados na última semana? 🆕 Contámosche o que pasou no State of PLay, Summer Game Fest, Microsoft Showcase e Nintendo Direct no NOVO PODCAST! ❤️ youtu.be/4pCI7ht-S_w 💚 open.spotify.com/episode/0ZL5... 🧡 go.ivoox.com/rf/175366692
Abrimos directo co Catechesis de @baroquedecay.bsky.social e máis xogos galegos no Steam Next Fest!
NOVO PODCAST + Reacción do State of Play. Falamos tamén do novo pelotazo de @yachtclubgames.bsky.social que é Mina The Hollower e máis xogos con perspectiva desde arriba! Xa nas plataformas habituais! ❤️ youtu.be/dsEQbKsncJg 💚 open.spotify.com/episode/4Pll... 🧡 go.ivoox.com/rf/174922025
Este martes temos sesión dobre: Podcast (22h) + State of Play (23h) E aproveitando a boa acollida do Mina The Hollower falaremos de xogos con vista cenital (desde arriba). Que xogo con este punto de vista ten un oco no teu corazón? Lémosvos no programa!
Esta semana no podcast repasamos os videoxogos dos Simpson! Xa o tes nas plataformas habituais. Cales non coñecías? ❤️ youtu.be/u2RElq4BBQ0 💚 open.spotify.com/episode/58k9... 🧡 go.ivoox.com/rf/174561568
Esta noite ás 22h na canle morada temos podcast dedicado aos Simpson. Que xogo deles che deixou máis pegada? Lémosvos no programa!
Desenfunda que xa está o NOVO PODCAST. Falamos de Mixtape, a previa do Forza Horizon 6 e repasamos algúns dos xogos con ambientación no Salvaxe Oeste! ❤️ youtu.be/t0pTfP_CP8g 💚 Cando queira Spoti publicalo 🧡 go.ivoox.com/rf/174077489
Esta noite poñémonos en modo salvaxe oeste no podcast e repasamos algúns dos videoxogos nos que se representa esta ambientación. Ben sexa todo o xogo, ou algunha das súas fases. Que xogos recordas cun momento "Western"? Lémosvos ás 22h na canle morada. A partir de mañá nas plataformas habituais.
Abrimos directo cun repaso do que deu de si a última @retrobarcelona.bsky.social ! Pasádevos!
Ás 20.30 abrimos directo! - Practicaremos co Saturn Bomberman para o torneo da @retrobarcelona.bsky.social e contaremos un fito multixogador que tivo este xogo. - Novo xogo en galego: Ells Tales Chairbound, localizado por @alesuot.bsky.social
Nesta semana das Letras, este martes ás 22h imos falar dos nosos xogos favoritos en galego. Ti con cales quedas? Non se che ocorre que xogos hai e galego? Tes máis de 150 recollidos no noso catálogo Xogalego. Gal
Celebramos o día do libro co NOVO PODCAST! Falamos de cómics co videoxogo no centro, visual novels (@carlos.games). Ademais: Neo Geo AES+, Tráiler de Street Fighter, @amorodojam.bsky.social e novo Rianxo Gaming! ❤️ youtu.be/G_dBMdpb3Wc 💚 open.spotify.com/episode/2LUn... 🧡 go.ivoox.com/rf/172447711
NOVO VÍDEO: que xogos e cousas vimos na @atlanticconf.bsky.social hai uns días! Con xogos de @conxurostudio.bsky.social @rapoucado.bsky.social @cuelebrecult.bsky.social e máis! Podes velo aquí: 🔴 youtu.be/l8Qatru1jtU
Que nos pareceu a última peli de Mario? contámolo no NOVO PODCAST, sen spoilers, máis alá do que quixo contar Nintendo na promo. Xa nas plataformas habituais! ❤️ youtu.be/M49BhPs9E_0 💚 open.spotify.com/episode/6lSf... 🧡 go.ivoox.com/rf/171569433
Este martes ás 22h voltamos co Recuncho Gamer Podcast para falar da nova peli de Super Mario. Que che pareceu?
📢Novo podcast xa nas plataformas actuais! Cun repaso a actualidade e á franquía Resident Evil da man de @iagogordillo.bsky.social @ana-aboalbeloso.bsky.social e @ramonmendez.bsky.social ❤️ youtu.be/1nG2sr1YwTo 💚 open.spotify.com/episode/3vp8... 🧡 go.ivoox.com/rf/170770742
O anuncio do DLSS 5, os memes e a cor verde nos videoxogos; xa tedes un NOVO PODCAST! Como sempre nas plataformas habituais. ❤️ youtu.be/aRBo6fzGe-I 💚 open.spotify.com/episode/6iOv... 🧡 go.ivoox.com/rf/170369629
Hoxe ás 22h estreamos novo formato de podcast adicaco a Pokémon! Ditto isto, que vos pareceu o que se anuncio no último Pokémon Presents? Lémosvos no programa!
Arrincamos directo co Resident Evil Requiem, ate as 14h, pasa saudar.
NOVO PODCAST: Falamos de aparicións de zombis en videoxogos, ben sexa desde a riquiñez, o arrepío, ou de tráileres chave como o do Dead Island. Xa nas plataformas habituais! ❤️ youtu.be/hf_IxK3vvKw 💚 open.spotify.com/episode/1uTR... 🧡 go.ivoox.com/rf/169115661
Esta noite ás 22h. resucitamos o podcast despois do parón para falar de ZOMBIS. Que xogo con estes seres vos pegou unha chantada no voso corazón? (ou cerebro) Lémosvos como sempre ao vivo na canle morada e ao día seguinte xa nos tedes no resto de plataformas!
Esta semana que entra falaremos do que está a pasar coa nova versión do Rayman polo 30 aniversario (Tema música e bugs). De primeiras, dicir que se o buscades en PC tedes esta opción en GOG a metade de prezo que inclúe a versión con niveis extra do un e ademais o 2, 3, Origins e Raving Rabbids
Non o recordamos suficiente, pero lembrade que temos nova web e que aí podedes ter todos colocadiños todos os novos vídeos, podcasts e retransmisións que imos facendo. Como por exemplo, a nosa cobertura do State of Play de onte, que vos pareceu?
Ás 19.15 comezamos directo, rematamos (remataremos?) o que nos queda do Zelda de NES e imos seguir probando xogos en galego, hoxe paramos polo Mail to the Moon de @michinosfofinos.bsky.social
NOVO PODCAST: Aventuras gráficas de PC, Portátiles e outras escollas "comodín" no noso último podcast que xa tedes nas plataformas habituais. ❤️ youtu.be/tN4-RuaZ73w 💚 open.spotify.com/episode/2kNl... 🧡 go.ivoox.com/rf/168248227
Que xogos en galego saíron en xaneiro e cales son as novas fichas que temos en xogalego? Contámosvolo na nova entrada do blog de Xogalego: 🔗 xogalego.gal/os-videoxogo... Con xogos de @virtualseed.bsky.social @axouxeregames.bsky.social @chibigstudio.bsky.social @maestrapaladin.bsky.social e máis!