a Serióloga do outro lado
@seriologa
Mundialmente famosa autora de novelas regular e as outras cousas que fago, que tampouco é plan de vir aquí a fachendear.
É a crítica dun libro de divulgación que se chama How to Kill a Language. O autor do artigo recoñece a desigualdade nalgúns casos (kurdo e ucraíno) e despois entra nunha perorata sobre a pouca utilidade das linguas minorizadas (entendida como valor de cambio),
Xuraría que son os do chiringo ambulante que levaba rulando por vilas e cidades os últimos anos e que tiña toda a información mal.
Aínda non cheguei aos 50, cunha vida laboral máis ben curta no meu gremio, e diría que xa estou aquí.
Non me agocho, eu veño aquí a falar dos meus libros, mesmo do primeiro, que me dá un pouco de cousa porque é cursi como el so. Feliz San Xoán, Solsticio, Fin de Ano ou o que proceda.
A esquerda española cando xoga a súa selección é unha cousa que de verdade...
Bo e marabilloso día! Que tal estades todos nesta mañá radiante?
Estaba a ler un artigo sobre unha actriz que non coñezo e chamoume a atención este parágrafo. Imprudente por que? Por ser no baño? Porque so era atracción física? Porque non o coñecía de antes? Non sei, eu sexo imprudente chámolle a foder sen condón.
AAAAAAAAHHHHH!!! POR FIN SE DECATOU DE QUE NON PUXERA NOME NO HANDLE!!! Faime TAN feliz por ti! Irás, non?
E tamén aproveito para lembrarvos que Boadicea acaba de sacar isto 🙌
Pois estaba a procurar unhas palabras no dicionario co neno para un exercicio e, como eu tamén teño 9 anos, levamos media hora esmendrellándonos coa polisemia.
Non nos deu a arte para volver poñer a bandeira dereita, pero gústame pensar que en todos os centros de ensino houbo alguén que reverteu a censura cun rotulador vermello ou un gomet.
A segunda: na clase máis barulleira de Bac un alumno quería preguntar se hoxe os ía deixar relaxarse pero se enganou e preguntou se hoxe me ía relaxar. Respondinlle que me ía relaxar moitirmo porque nada máis saír ía tomar un viño e non pensar neles en toda a ponte. E dúas alumnas fixéronme isto ❤️
A primeira é que nunha clase de 3° improvisamos unha votación para decidir a mellor saga de películas "da historia" e saíron cousas mooooi locas. E defensas moi afervoadas de todas as propostas.
Hoxe levei a chavalada a Numax a ver Dating Amber, e como mola esa peli, que sempre saen contentos dela e quedan con cousiñas. E, como lles prometín, aprenden un lote de palabróns.
Estamos a facer expurgo na biblio do instituto e apareceu este libriño da campaña de normalización do 84, e lembrei que de nena eu tiña ese colante na miña xanela. Nin dios me falaba galego, pero tiña o colante.
Perdón, que a consellaría suspendeu mañá as clases nun lote de centros de tres provincias polo temporal, peeeeero a inspección avisou hai un anaco de que o profesorado deses centros ten que desprazarse a eles igualmente para.... non sei, pechar as contras? mirar que non voe a uralita?
Ía ilustrar esta historia cunha foto posando no Saint Stephen's Green pero non a atopo. Deixo esta na que parezo estar un pouco até a cona de visitar o castelo de Dublín. 2001 caga moito por riba de 2016, eh?
Pois hoxe souben polo meu mozo de cando tiña 20 anos (#maromoprimixenio), que queren derrubar Saint Stephen's Green, onde traballei dous días*, e por primeira vez na miña vida vinme compartindo un changepuntoorg, non sei se por Saint Stephen's Green ou polos 20 anos que xa non van volver, a verdade.
Acabo de subir andando da cea familiar. Inda bo que arrefriou un pouco e disimula o cheiro de pis de toda a zona vella.
Está a xente que lle pregunta á ia até que poñerse e despois está o meu #maromo, que ten un ordenador na man e non o sabe.
Hoxe ás 6 vou estar na Libraría Aenea asinando exemplares dun libro que publiquei hai 6 anos, porque son unha señora de cocción lenta.