USC
@usc
🎓 Perfil oficial da Universidade de Santiago de Compostela. A USC nótase. #UniversidadeUSC 📍 Santiago e Lugo
🐟 O olfacto podería ser clave nas eivas do linguado senegalés en cativerio para reproducirse Así o constata un estudo do @campusterrausc.bsky.social 🗞️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/veterinaria-analiza-olfacto-poderia-clave-dificultade-linguado-senegales-cativerio-lograr-reproducirse
⛏️ Unha investigación da USC descobre mercurio nas cerámicas galegas de hai 5.000 anos. Os resultados son indicio de “sociedades avanzadas e autosuficientes”. 🗞️ https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/investigacion-usc-descobre-mercurio-ceramicas-galegas-5000-anos
👉🏼 Vivir a etapa universitaria é moito máis que estudar: é medrar, compartir e crear recordos que quedan para sempre. Porque na USC a vida académica vai da man de todo o que pasa fóra das aulas.
🐘 Descubre a historia dun mamut no Museo de Historia Natural da USC! A colección de Paleontoloxía garda unha peza única: restos dun Mammuthus primigenius, atopados en Lugo en 1961 e doados ao museo por Isidro Parga Pondal nos anos 60. 📍 Máis información para visitas en www.usc.gal/gl/museohn
💻 Nace ConfIA, unha rede que aglutina dez universidades do Estado para o desenvolvemento e uso dunha IA confiable O @citius.gal da USC participa nesta iniciativa pioneira. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
A catedrática Carmen Álvarez e o catedrático Ángel Carracedo recoñecidos cos Premios Nacionais de Investigación 2026, concedidos polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Antes eras enerxía potencial 😌, pero hoxe abre o quinto prazo de matrícula, e con cada nova praza confirmada, a enerxía do noso campus multiplícase 🚀 ☝️ Non deixes escapar a túa quenda de matrícula! E etiqueta nos comentarios a quen sabes que se vai esquecer se non lle compartes este post.
Xa está aberta a convocatoria extraordinaria para solicitar praza naquelas titulacións que aínda teñen ocos libres. Se cambiaches de idea a última hora ou se quedaches sen praza na anterior quenda, esta é a túa oportunidade! Agardámoste! 🔗 www.usc.gal/gl #Universidade #UniversidadeUSC #AUSCNÓTASE
🪱 O xenoma do anisakis permite desenvolver unha nova ferramenta para o control do parasito. 👉 A USC lidera un estudo co CNAG e o IIM-CSIC que contribuirá a unha industria pesqueira sustentable e a un consumo de peixe máis seguro. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
Antón Santamarina, Premio Luís Porteiro Garea na súa novena edición. 👉 O xurado valorou que é “unha das figuras máis destacadas da lingüística galega contemporánea, que xogou un papel esencial no coñecemento do estado da lingua galega e das súas variantes”. www.usc.gal/gl/xornal/no... 📷 RAG
🏠 A USC impulsa co @concellodelugo.bsky.social un proxecto pioneiro en Galicia de convivencia interxeracional. Co obxectivo de facilitar o acceso á vivenda do estudantado e promover a convivencia entre xeracións. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🎓 Continuar a ser un referente na formación en empresa, principal propósito da nova decana de ADE. Paula Vázquez Rodríguez tomou posesión este mércores nun acto que presidiu a reitora. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
Estudastes, e iso nótase. 💡✨ Chegou o momento de recoller os froitos de tantas horas de cafés, apuntamentos subliñados e noites en vela. Arrinca a PAU extraordinaria. Respirade fondo, confiade no que sabedes (que é moito) e a por todas! 🚀 #Universidade #UniversidadeUSC #AUSCNÓTASE
🥳 O Campus de Verán @xuvenciencia.bsky.social 2026 arranca en Lugo con 95 participantes!!! Esta iniciativa divulgativa achega o mundo da universidade e da investigación científica á rapazada de entre 14 e 18 anos. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🥳 O Demo Day Explorer 2026 de Compostela premia o proxecto Kedada, unha plataforma dixital para a conexión entre persoas. Na xornada déronse a coñecer un total de seis proxectos emprendedores. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🥇A USC homenaxea a traxectoria do catedrático Manuel Ladra cun congreso no que participa Efim Zelmanov, medalla Fields. O encontro polo 70 aniversario do profesor da USC reúne especialistas de referencia internacional no ámbito da álxebra. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🙌 O investigador da USC Jacob Copeman obtén unha bolsa Advanced Grant do @erc.europa.eu Con preto de 2,5 millóns de euros, liderará o proxecto GuruAI no que se analizarán os asistentes virtuais deseñados para ofrecer orientación espiritual. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🥳 As universidades galegas recoñeceron en Santiago “o talento e dedicación” do estudantado coas mellores cualificacións nas PAU. Parabéns 🙌 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
💨 A Rede de Calor con Biomasa permitirá avanzar cara a unha universidade máis sostible e comprometida coa súa contorna. Esta infraestrutura evitará no Campus de Lugo aproximadamente o 93,75 % das emisións asociadas actualmente á calefacción dos edificios conectados. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📣 LEXCAV abordará do 29 ao 30 de xuño o impacto da Lei Xeral do Audiovisual na diversidade lingüística e cultural. @facom-usc.bsky.social acolle este foro impulsado polo Grupo Estudos Audiovisuais. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📣 O iLTIUS convoca catro bolsas de iniciación á investigación! O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 15 de xuño. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
✨ O @igfae.gal aspira a coordinar a construción dun prototipo para o futuro acelerador do @cern.bsky.social Trátase dun proxecto estratéxico para a ciencia e a industria galega. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
🏆Unha plataforma dixital para conectar os centros formativos coas empresas durante as prácticas imponse no Demo Day Explorer. O @campusterrausc.bsky.social acolleu a xornada na que se presentaron máis dunha decena de proxectos. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
📣 Comunicado das Reitorías das Universidades públicas galegas. En apoio ás persoas delegadas na CiUG na Probas de Acceso á Universidade 2026. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
👄 Estudantado de Odontoloxía lanza unha campaña para concienciar a cidadanía arredor da prevención do cancro oral. O material informativo inclúe datos sobre alteracións potencialmente malignas así como un código QR que leva a un vídeo sobre autoexploración. 🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
Porque a casa non é sempre o lugar onde naces; ás veces, é o lugar onde medras, onde atopas a túa voz e onde decides quen queres ser. E iso... vaia se se nota. A USC...nótase. 🤙 Agardámoste! #Universidade #UniversidadeUSC #AUSCNÓTASE