Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
@xornalistas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é unha entidade de dereito público, creada pola lei 2/1999 do 24 de febreiro polo Parlamento de Galicia, que agrupa e pon en contacto os e ás xornalistas de Galicia e defende os dereitos da profesión.
A Rede de Colexios de Xornalistas expresa o seu rexeitamento porque os requisitos de 95 prazas de emprego no @territorialgob.bsky.social e 2 na @efe.com equiparen os mestrados en xornalismo á titulación específica, e solicita que as ofertas sexan modificadas. xornalistas.gal/novas-evento...
A #RevistaPincha súmase a #NRede, o rexistro de medios do Colexio de Xornalistas que distingue a información dixital froito dun traballo xornalístico profesional. Con esta incorporación, son xa 21 as cabeceiras con este selo. Poden consultarse en xornalistas.gal/colexio/rexi....
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia vén de abrir de maneira gratuita para colexiados/as os tres últimos #webinars que se mantiñan como privados na súa plataforma de #formación, sobre #discursodoodio, #cambioclimático e #Excel para xornalistas. www.xornalistas.gal/novas-evento...
O Colexio de Xornalistas e @danocerebralgal.bsky.social realizaron onte un #AlmorzoOnOff para achegar a realidade do #danocerebraladquirido, coñecer o testemuño dunha persoa con esta discapacidade e facilitar pautas para mellorar a información sobre esta temática. xornalistas.gal/novas-evento...
Mañá mércores ás 10:30, o CPXG e @danocerebralgal.bsky.social organizan un #AlmorzoOnOff na sede do Colexio para achegar as e os xornalistas algunhas claves para identificar e contextualizar o #danocerebraladquirido, coa presenza dun testemuño en primeira persoa. xornalistas.gal/novas-evento...
🔴O vindeiro 15 de setembro remata o prazo da XI #BolsaNachoMirás , organizada e desenvolvida polo Colexio de Xornalistas e patrocinada por Abanca, coa colaboración da @facom-usc.bsky.social. Se tes unha idea para un proxecto de comunicación, preséntate! xornalistas.gal/novas-evento...
A xornalista @plosada.bsky.social impartiu onte en Quiroga un novo #obradoiro contra a #desinformación organizado polo Colexio de Xornalistas coa subvención da Deputación de Lugo. O público achegouse a ferramentas e estratexias para loitar contra as noticias falsas. xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG e @danocerebralgal.bsky.social organizan un #AlmorzoOnOff o mércores 22 de xullo ás 10:30 na sede do Colexio para achegar as e os xornalistas ás especificidades do #danocerebraladquirido e dar a coñecer a súa dimensión social e os recursos disponíbeis. xornalistas.gal/novas-evento...
O programa de alfabetización mediática posto en marcha en Lugo polo Colexio de Xornalistas coa subvención da Deputación de Lugo recala ás 19:30 deste xoves 16 na Casa da Cultura de Quiroga, onde @plosada.bsky.social vai impartir un #obradoiro contra a #desinformación. xornalistas.gal/novas-evento...
O Colexio de Xornalistas levou este xoves á Fonsagrada unha nova entrega dos #obradoiros contra a #desinformación organizados coa subvención da Deputación de Lugo. O taller de alfabetización mediática estivo impartido por @plosada.bsky.social. xornalistas.gal/novas-evento...
Os #obradoiros contra a #desinformación do Colexio de Xornalistas na provincia de Lugo, postos en marcha coa subvención da Deputación de Lugo, chegan á Fonsagrada cun taller este xoves 9 ás 12:30 na Casa da Cultura, impartido por @plosada.bsky.social. xornalistas.gal/novas-evento...
A xornalista @carmenquintela.bsky.social foi a encargada de impartir este martes en Barreiros un #obradoiro contra a #desinformación organizado polo CPXG coa subvención da Deputación de Lugo. A vila mariñá descubriu ferramentas e estratexias contra as noticias falsas. xornalistas.gal/novas-evento...
Mañá, martes, chegan a Barreiros os #obradoiros contra a #desinformación do Colexio de Xornalistas, cun taller gratuíto ás 11:00 no Centro Sociocultural de San Cosme, impartido por @carmenquintela.bsky.social e organizado coa subvención da Deputación de Lugo. xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG organiza o 30 de xuño ás 11:00 no Centro Sociocultural de San Cosme de Barreiros un novo #obradoiro contra a #desinformación, coa subvención da Deputación de Lugo. Estará impartido por @carmenquintela.bsky.social e a asistencia é libre e gratuíta. www.xornalistas.gal/novas-evento...
Ángeles Rodríguez e Carlos G. Hervella son os gañadores do VI Premio #SomosEsenciais, organizado polo Colexio de Xornalistas coa colaboración de Gadis, por «Megaincendios na provincia de Ourense. A traxedia das chamas», publicado en O Sil. xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG reclama á @usc.gal que corrixa unha convocatoria de xornalista que non inclúe a #titulación específica como requisito, e lembra que non é a primeira vez que esta institución fai de menos a propia titulación que imparte na selección do cadro de persoal. xornalistas.gal/novas-evento...
Hoxe ábrese no IES Poeta Añón de Outes a nova edición dos #obradoiros contra a #desinformación na Coruña, con talleres impartidos por Miguel Rodríguez. O programa está desenvolvido polo CPXG co colaboración da Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís. xornalistas.gal/novas-evento...
O #PremioCarracedo, convocado pola Deputación de Ourense, foi entregado ao exdecano do CPXG @pacosarria.bsky.social, que reivindicou o xornalismo de proximidade. Tamén recibiron Diego Freire o premio ao mellor traballo xornalístico e Xosé Lois Colmenero un accésit. xornalistas.gal/novas-evento...
O CPXG comeza nova etapa da formación no tratamento de #violenciasmachistas, cun obradoiro de Susana Pedreira no @diariodepontevedra.bsky.social, grazas ao convenio coa Consellería de Politica Social e Igualdade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero xornalistas.gal/novas-evento...
A xornalista @plosada.bsky.social impartiu o venres en Lugo o primeiro dos obradoiros que levarán a alfabetización mediática a vinte localidades de toda a provincia, dentro do programa contra a #desinformación organizado polo CPXG coa subvención da Deputación de Lugo. xornalistas.gal/novas-evento...
O Pazo de San Marcos acolle este venres ás 19:00 o primeiro obradoiro contra a #desinformación en Lugo, organizado polo CPXG coa subvención da Deputación. A actividade gratuíta e dirixida ao público adulto, impartida por @plosada.bsky.social, ten aberta a inscrición. xornalistas.gal/novas-evento...
A decana do Colexio de Xornalistas, @belenregueira.bsky.social, e a presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, presentaron esta mañá un ciclo de #alfabetizaciónmediática que se desenvolverá ao longo do ano en vinte localidades da provincia de Lugo. xornalistas.gal/novas-evento...
A partir do vindeiro luns, 1 de xuño, e ata o mércores 30 de setembro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia funcionará en #horariodeverán, de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas, segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia da Coruña. xornalistas.gal/novas-evento...
Mañá, venres 29 de maio, ás 9:00 horas, presentarase nunha conferencia de prensa na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos de Lugo un programa de alfabetización mediática organizado polo Colexio de Xornalistas e subvencionado pola Deputación de Lugo. xornalistas.gal/novas-evento...
Está a celebrarse na Cidade da Cultura o encontro aberto do #ForoTerritorioRuralResiliente, unha iniciativa da Fundación Juana de Vega e o @laborateusc.bsky.social que conta coa colaboración do Colexio de Xornalistas e abordará entre outros temas a comunicación no #rural.
O Colexio de Xornalistas lamenta os despedimentos en La Capital e reivindica a experiencia como un factor esencial para a calidade da información e o prestixio da profesión xornalistas.gal/novas-evento...
O Colexio de Xornalistas lembra a obriga de informar con rigor, responsabilidade e respecto ao dereito á intimidade, especialmente en informacións relacionadas con menores Na guía #InformaDor atoparás recomendacións para coberturas de gran sufrimento @copgalicia.gal xornalistas.gal/biblioteca/i...
O ex decano do CPXG @pacosarria.bsky.social gaña o XXXV Premio Xosé Aurelio Carracedo de xornalismo da Deputacion de Ourense á traxectoria profesional. O xurado recoñeceu a Diego Freire, de @noticiasdispersas.bsky.social, co premio ao mellor traballo xornalístico. xornalistas.gal/novas-evento...
O Colexio de Xornalistas é a casa de todas/os as/os informadoras/es de Galicia. Mais para levar a cabo a defensa da dignidade da profesión e a mellora do xornalismo é preciso o apoio dos/as colexiados/as. Se aínda non te colexiaches, podes facelo agora: buff.ly/qJ0oZNj
O encontro aberto do #ForoTerritorioRuralResiliente, unha iniciativa da Fundación Juana de Vega e o @laborateusc.bsky.social que conta coa colaboración do CPXG, celébrase o 28 de maio na Cidade da Cultura e abordará entre outros temas a comunicación no rural. xornalistas.gal/novas-evento...