Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
@acalexandreboveda
Somos unha asociación cultural fundada na Coruña no ano 1976. Temos como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas. Divulgamos tamén a figura e do pensamento do ilustre nacionalista que dá nome á nosa entide.
"90 anos despois o mar acordou de súpeto co nome de todos os afogados" Roteiro da Memoria Sábado 18 de xullo ás 19h. Saída do antigo cárcere Guía Aurora Paz e Carmela Galego Con Uxío Breogán Diéguez, Marisol García, Inés Merayo, David Lozano, Navia Pérez, Rubén Centeno, Bea Maceda e Manuel Rivas.
Este xoves proxección do documental "Luna" e coloquio co seu director, Pablo Casanueva.
"Busquei a memoria dos meus familiares polos lugares onde estiveron após seren represaliados polo franquismo. Atopeime nas fronteiras, nos campos e nas prisións coa súa historia [e a miña] suspendida entre as gretas, coma pinturas antigas que emerxen despois de queimar unha igrexa." #CineClubBóveda
#Hoxe ás 19:30h, con Cristina Botana: A Coruña, porto negreiro A historia que nos contan das nosas cidades adoita omitir os capítulos máis incómodos. Baixo o relato oficial da Coruña escóndense realidades que foron sistematicamente silenciadas ao longo do tempo.
Este venres ás 19:30h organizamos unha xornada dedicada á gastronomía palestina. Da man de Kamal Ubeid, reposteiro nado nos campos de refuxiados do Líbano e que vén de abrir a “Pastelería Palestina” na Coruña, probaremos algúns dos sabores máis característicos do seu país. #PalestinaLibre
No ciclo ENTRE LIÑAS, que realizamos coa AC AÏS visitamos o estudo do artista multidisciplinar Héctor Francesch, que nos recibirá para compartir a súa traxectoria, o seu universo creativo e os proxectos nos que traballa. Contaremos tamén coa actuación do músico multi-instrumentalista Pulpiño Viascón
🎼Sabías que no verán de 1826 nace Marcial del Adalid, recoñecido compositor e pianista e o 1º compositor galego importante de música profana culta. 🎶É autor da ópera Inés e Bianca a primeira ópera de toda a historia operística galega. Margarita Viso falará da relevante figura de #MarcialDelAdalid
#Hoxe ás 19:30 presentación de "Ruth Matilda Anderson. Tradutora Das Marxes" de Alba Rodríguez. Ruth Matilda Anderson, conservadora da Hispanic Society of America, investigadora, fotógrafa, tradutora e ensaísta. Reivindicou a Galiza do campesiñado, das mulleres e da infancia. Acompaña Cláudia Morán.
Este martes 7 ás 20 h presentamos "O teatro é Manuel Lourenzo", unha homenaxe para recoñecer o legado desta figura imprescindible da nosa escena. M. Lourenzo dramaturgo, actor, director, mestre e referente para varias xeracións. Actua o noso grupo #AlexandreBóvedaTeatro, dirixido por Manuela Varela.
Esta sábado pola tade unhas amigas realizan un encontro. Queres participar neste café? Só tes que achegarte ao noso espazo ás 17h.
📢 Obradoiro: Racismo en Galiza: formas, denuncia e conciencia social O racismo non sempre é evidente mais está presente e é responsabilidade de todas e todos aprendermos a identificalo e combatelo. Obradoiro práctico con Sonia Mendes Da Silva. Organizado con SOS Racismo. Este venres ás 18:30h
Xa vistes a nosa programación de xullo? Hoxe falaremos de cinema, mañá de xeitos de enfrontarnos ao racismo, o sábado visitamos o espazo escultórico de Pepe Galán, o luns 6 falaremos con Alba Rodríguez de Ruth Matilda Anderson, o martes o noso grupo de Teatro homenaxea a Manolo Lourenzo...
Xoves 2 ás 19.30h “Outras historias do cinema” dedicado a "1976 no cinema". O noso 50º aniversario merece unha homenaxe a través do cinema. Cales foron as películas máis destacadas nos festivais aquel ano ? Que salas seguían abertas na Coruña e como era a súa programación? Con Martin Pawley.
TODO COMEZOU AQUÍ #Hoxe martes 30 ás 19h, o Fórum Metropolitano acolle a proxección do documental 1846 Revolución Galega de César Caramés co impulso da Fundación Galiza Sempre. Por primeira vez este documental analiza a Revolución de 1846 desde unha perspectiva galega.
#Hoxe luns 29 de xuño, ás 20h, Luz Darriba presenta "Madrugadas feroces", un proxecto no que poesía, gravado e pezas sonoras se entrelazan para dar forma a un libro único. Unha oportunidade para conversar coa autora e achegarse a unha obra tan persoal como multidisciplinar. Estades convidadas!
O 28 de xuño de 1936 celebrase o plebiscito do Estatuto de Galiza. Superáronse amplamente as 2/3 partes necesarias de votos positivos, cumprindo así todos os trámites e puido presentarse o Estatuto ás Cortes da República o día 15 de xullo de 1936, tres días antes do golpe de Estado fascista.
🎶 Volve a Festa Amergin da Poesía Atlántica! Do 25 ao 27 de xuño, música, literatura, poesía e encontro entre Galiza e Irlanda. Comezamos o xoves 25 ás 21h, concerto de Señales de Fatiga no Pub Delirium (Paseo das Pontes, 5) Señales de fatiga está integrado por Sara, Fátima, Marta, Laura e Verónica.
Hoxe acollemos a presentación de "Universo Cantigas. II. Cantigas de Amigo" Recolle 501 cantigas de amigo conservadas nos cancioneiros medievais. Presentan: Bieito Arias Freixedo, Leticia Eirín e Manuel Ferreiro. Vide compartir esta viaxe por unha das xoias da literatura medieval galega e europea.
#Hoxe no #CineclubBóveda, proxectamos A moza da cidade (Murnau, 1930). O filme preserva unha absoluta modernidade grazas á súa lixeireza, o seu irresistíbel alento romántico e unha beleza plástica raras veces vista na pantalla servindo de obvia influencia para o Terrence Malick de “Días do ceo”.
✨ Gala do 50 aniversario Presenta Chus Álvarez O gaiteiro Raúl Galego, peza de videodanza de Antía Goyene, danza contemporánea con Dadaneras, Mofa e Befa poñerán o toque de humor, Eva Veiga, dará voz a versos de Rosalía, Filomena Dato, Luz Pozo e Luísa Villalta. Pecha a música de Mercedes Peón.
Este xoves 18 ás 19:30h, presentación de "A batalla pola nación" de Xosé Ramón Ermida. Crónica do conflito ideolóxico e político ao redor do feito galego, das posibilidades, capacidades e estratexias do país para desenvolverse e do seu papel no mundo e no Estado.
A segunda-feira 15 de junho às 20 h terá lugar a apresentação de As histórias que nos conta(ar)m de Henrique Egea Lapina. O caso galego é paradigmático de uma historiografia submetida a um projeto alheio que nos nega. Os silêncios interesseiros, as meias-verdades e as mentiras no relato...
Hoxe venres 12 ás 19.30 h, acollemos a presentación e palestra "Fotografías de Bélxica e Flandes". Esta actividade estará a cargo de Roberto Catoira que foi presidente de ACAB.
Este venres 12 ás 19.30 h, acollemos a presentación e palestra "Fotografías de Bélxica e Flandes" a cargo de Roberto Catoira, quen foi presidente da nosa entidade, e e dirixe -desde a emisora comunitaria Cuac FM- «Recendo» o noso magacine cultural radiofónico de referencia sobre cultura galega.
Este xoves 11 ás 19:30h acollemos a mesa redonda organizada por ADEGA: Planta de biogás na Laracha: Impacto ambiental e social. O auxe do biometano no territorio galego está a xerar un crecente conflito. Nesta sesión abordaremos en profundidade este proxecto e as súas consecuencias.
Este mércores ás 19:30 h teremos unha oportunidade para pensar como as cidades representan -ou silencian- a memoria colectiva e a cultura galega. Helena Miguélez reflexionará sobre o lugar que ocupa a simboloxía e a historiografía propias de Galiza no espazo público das nosas cidades.
O 8 de xuño de 1901 casan, na igrexa de San Xurxo da Coruña, Marcela e Elisa. «Fue una derrota de la hipocresía dominante, que invita a vivir obedeciendo y a morir mintiendo, y fue una derrota de la Santa Inquisición, que cambia de nombre pero siempre tiene leña para la hoguera» (Eduardo Galeano)
Hai nomes que quixeron borrar da memoria. Hai vidas que quixeron silenciar para sempre. Luns 8 ás 20h, recibimos a Aurora Marco para afondar nunha das páxinas máis duras da nosa historia: a represión das mestras logo do Golpe de Estado e a ditadura franquista. Porque lembrar é tamén facer xustiza.
🌊 🌊 DEIXADE PASAR AS ONDAS DO MAR Hai perdas que non se poden reparar. Hai feridas que deixan un baleiro para sempre. E A Coruña está a piques de sufrir unha delas. Estamos a falar da memoria dunha cidade. Estamos a falar desa Coruña atlántica e fantástica que Lugrís soubo pintar como ninguén.