ADEGA
@adegagz
ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA ECOLÓXICA DE GALIZA - Galician Environmental NGO - Declarada de Utilidade Pública
💧🌱Visita ás Brañas de Cabeiro, en Redondela! 👀Ven coñecer a flora endémica deste hábitat prioritario e propostas para a súa conservación da man do biólogo e botánico Martiño Fiz. 🗓️ Domingo, 2 de agosto. 📍 Aparcamento campo fútbol Cabeiro. 🕐 11:00-13:00h ✍🏼Inscríbete en i.gal/visitacabeiro
💙💚 Feliz e reivindicativo Día da Patria. Sempre na defensa da nosa terra, do patrimonio e da cultura galegas✊🏼 #diadapatria #diadagaliza
💧Este verán, aprende e goza á fresca canda ao Proxecto Ríos de ADEGA. Propoñémosche un plan diferente: solicítanos de balde unha saída e coñece o teu río ou zona de baño habitual dunha maneira diferente, lúdica e participativa! Aquí toda a info 👉🏼 adega.gal/axenda.php?i... Vémonos no río!
A Xunta volve adiar a declaración de zonas vulnerables a nitratos, e van 26 anos de demora, mentras promove o biometano... adega.gal/novas.php?id...
ALTRI NON SERÁ É imposible recoller catro anos de loita nun vídeo dun só minuto, pero queremos que este minuto sirva para celebrar e para reivindicar o traballo intenso de tantas e tantas persoas en favor da vida🌱 Parabéns ás xentes da Ulloa e de Galiza enteira polo arquivo definitivo de Altri✊🏼
#RadioCerna | O TSXG dá a razón a ADEGA e paraliza cautelarmente o proxecto eólico Pena do Pico, en Baralla e Becerreá. 🎧Esta é unha das novas máis destacadas desta semana que remata. Escoita toda a actualidade en Radio Cerna! Xa dispoñible en adega.gal/radiocerna e en ivoox.com.
🐷A macrogranxa porcina proxectada en Palas de Rei incumpre a normativa ambiental 👉🏼📣A documentación sometida a información pública presenta graves deficiencias, o que impide unha avaliación rigorosa dos impactos e vulnera os dereitos de participación cidadá. Info: adega.gal/novas.php?id...
👀Todo o que verás neste vídeo vai desaparecer baixo o cemento se non facemos nada. 👉🏼Doa para frear nos tribunais o proxecto de ampliación do polígono industrial que cementaría este espazo natural en Lugo: 🔗 adega.gal/rioratosencemento 💧🐦 Preservemos a natureza. #RíoRatoSenCemento
#RadioCerna | A plataforma "Por un monte galego con futuro" reclama un cambio radical na política forestal e de prevención de incendios🔥 🎧Escoita todas as noticias ambientais da semana en Radio Cerna! Xa dispoñible en adega.gal/radiocerna e en ivoox.com.
En emerxencia permanente polos lumes forestais🔥 📣Onte, como parte da "Plataforma por un monte galego con futuro", presentamos publicamente un manifesto no que reclamamos un cambio urxente e profundo nas políticas públicas de prevención e loita contra os incendios forestais. 🧾Le máis en adega.gal.
🌿💧 Descubre as nacentes do río Rato en Lugo! Sabías que en Lugo existe un espazo de gran valor ecolóxico que podería quedar baixo o cemento pola ampliación do polígono industrial? Ven coñecelo. 📅 Xoves, 16 xullo 🕗 20:00 h 📍 Polígono Ceao (detrás do Mercadona) 📩 adegalugo@adega.gal | 982 240 299
LUMES NUNCA MÁIS! 📣🔥Hoxe, os 70 colectivos que conformamos a Plataforma por un monte galego vivo e con futuro presentamos un manifesto no que reclamamos un cambio urxente e radical das políticas públicas do rural e de loita contra os incendios forestais. Óllao aquí: adega.gal/novas.php?id...
💚💧🐦Ven descubrir os valores naturais e as ameazas que sofre a ría do Burgo. 🌱Da man da mariscadora e poeta Teresa Ramiro e o biólogo mariño e membro de ADEGA Xandro García. 📅 Xoves, 16 de xullo ⏰ 11:30 h 📍 Santa Cristina 📲 Reserva a túa praza: i.gal/roteiro-burg... Agardámoste!
Uns hábitats naturais en bo estado funcionan como cortalumes naturais, aumentan a resiliencia climática e manteñen os servizos ecosistémicos. Ademais, o uso do lume como ferramenta preventiva en espazos protexidos supón un factor engadido de risco e de deterioración.
Fronte a esta realidade, a Xunta anunciou lumes técnicos en Rede Natura, así como elevar a superficie que se pode rozar neles. Estas medidas contribúen a transmitir a idea de que os espazos protexidos son un risco para a prevención e o control dos lumes, por estarcheos de "perigosas" matogueiras.
🖤🔥Os espazos protexidos ante a nova tempada de lumes: inermes e orfos de restauración O pasado ano, os incendios cebáronse cos espazos naturais protexidos. Que podemos adardar na actual tempada? Vai fío!👇 #LumesNuncaMáis
🥵O proxecto de ampliación do polígono industrial do Ceao en Lugo pretende arrasar un auténtico refuxio climático para a cidade. É unha aberración no contexto climático que enfrontamos. 📣Doa para frealo: adega.gal/rioratosencemento Grazas, @riosconvida.bsky.social, polo apoio🌱 #RíoRatoSenCemento
Última oportunidade para visitar a expo de ADEGA "50 anos coidando a terra"🌱✊🏼 en Vilagarcía de Arousa! Mañá será o seu derradeiro día no Parque da Xunqueira. Animámoste a que vaias vela e coñecer a historia do ecoloxismo galego!😊 #medioambiente #ecoloxismogalego
🧐Este xoves, 9 de xullo, a Universidade Popular de Verão da Gentalha Do Pichel acolle a proxección documental "A terra por gañar". Anímate a acudir!👉 gentalha.org/produto/a-te... 🎬🎬Para abrir boca... velaquí o trailer documental: youtu.be/zodu9hIbQ9c?...
⛔Un proxecto urbanístico para ampliar o polígono industrial de Lugo selaría con formigón as nacentes do río Rato⛔ 🌱O que quede baixo o cemento non volverá recuperarse: bosques de ribeira, carballeiras, fontes e regatos... 📣🙌🏼Estamos a tempo de paralo. Infórmate e DOA: adega.gal/rioratosencemento
POR UN RÍO RATO SEN CEMENTO! 🚨 Un proxecto urbanístico pretende cementar as nacentes do río urbano máis emblemático de Lugo 🚨 Hoxe lanzamos unha campaña de doazóns para frealo nos tribunais. Fai a túa doazón: adega.gal/rioratosencemento Máis info en adega.gal/novas.php?id... #RíoRatoSenCemento
📢💧 26 colectivos do mar e ecoloxistas presentamos hoxe perante os medios as nosas alegacións ao IV Plan Hidrolóxico. 🌿 Desde ADEGA lembramos á Xunta de Galiza que ten a OBRIGA LEGAL de xestionar a auga de forma transparente e participativa. 👇🏼
Este verán... eu 💚 Razo-Baldaio! Entre xullo e agosto, desde ADEGA desenvolvemos catro das actividades gratuítas enmarcadas no programa "Eu quero Razo-Baldaio" impulsado polo Concello de Carballo. 🔗Info e inscricións: carballo.gal/euquerorb/ Ven descubrir e coidar este valioso espazo natural!💚
O Orgullo LGBTIQA+ é un acto de reinvindicación e tamén un exercicio de memoria. Cada dereito conquerido existe porque houbo quen abriu camiños e loitou por vivir con dignidade. Fronte ao odio, de onte a hoxe e para sempre: POR UN ORGULLO GALEGO, COMBATIVO E TRANSFEMINISTA!🏳️🌈🏳️⚧️✊🏼
Algunha vez cociñaches co Sol?🌞 Esta é unha actividade demostrativa na que aprenderemos a preparar alimentos nunha cociña solar🥦 📅Martes, 7 de xullo 🕔17:00 h 📍Mercado "Entre lusco e fusco" (Parque de Belvís), Santiago de Compostela Achégate!🙂 Coa colab. do @concellosantiago.bsky.social e Urbaser
🌱A compostaxe é a mellor forma de xestionar os residuos orgánicos! Anímaste a ser parte da solución? 🌸Hoxe visitamos o Campo das Hortas en Santiago de Compostela para falar coa veciñanza que coida e cultiva as parcelas🪱 💚Máis info en adega.gal. #compost #compostaxe
‼️‼️ADEGA e @galizacig.bsky.social ampliamos a denuncia ante a Fiscalía do Supremo por posíbel delito de prevaricación nos cambios ordenados no TSXG. ⛔️Denunciamos que estes traslados vulneran as normas de reparto vixentes aprobadas polo propio TSXG.
📖Xa está aquí Revista Cerna N°95📖 ✍🏼Nela facemos unha análise da moratoria do eucalipto, abordamos o papel dos océanos na regulación do clima global e achegámonos á realidade das persoas eco-refuxiadas, entre outros moitos asuntos da actualidade ambiental. 🌿Le e comparte!👉 adega.gal/revistacerna
🌊⛵Anímaste a descubrir a fauna mariña do Golfo Ártabro desde o mar? Este domingo, 21 de xuño, volvemos embarcarnos nunha embarcación tradicional para navegar pola ría de Sada e observar a biodiversidade mariña. 📝 i.gal/vento-nas-velas-2 👀Non esquezas traer prismáticos! Agardámoste a bordo!