Balbina Gándara (fai🤹🏻♀️para conciliar🤱🏻)
@balg
Nai de Lucía. Galega, feminista, xurista e historiadora || Especialista en transformación dixital, dixitalización de arquivos e xestión documental || Profesional en preservación do patrimonio documental e cultural a través da innovación tecnolóxica.
Di sempre miña nai que ela non sabe cociñar para poucos e vese que sementar tampouco... 😂🌱🎃
Viva o Globo de Betanzos! @pvarelavazquez.bsky.social
Visitamos hoxe a illa de San Simón @pvarelavazquez.bsky.social Espazo imprescindible para coñecer e lembrar a nosa historia: a represión, a prisión e o sufrimento de tantas persoas por defender unhas ideas. Hai lugares que non se poden entender só polo que vemos, senón tamén polo que lembran.
15. Un anaco de mazá seca, de Begoña Feijoo Fariña 🍎 Foi unha lectura dura. Historia baseada en feitos reais que recupera unha das páxinas máis duras e descoñecidas da historia recente de Suíza. A separación forzosa de crianzas da súa familia. #ClubDeLectura #UnAnacoDeMazáSeca #LiteraturaGalega
14. La segunda venida de Hilda Bustamante, de Salomé Esper 🩵📚 Outro dos libros que lin en maio. Humor, tenrura e retranca para falar das relacións familiares, das expectativas e de reinventarse #ClubDeLectura #LaSegundaVenidaDeHildaBustamante #SaloméEsper #Lecturas #LibrosRecomendados #Literatura
13. Helada en mayo, de Antonia White ❄️ Lino en maio e quedárame pendente compartilo. Un clásico autobiográfico sobre a educación nun estrito internado católico inglés, a obediencia, a relixión e a procura da propia identidade. #ClubDeLectura #HeladaEnMayo #AntoniaWhite
Hoxe @pvarelavazquez.bsky.social cumpre anos. A nena ten clarísimo como funciona o paso do tempo con nós: cada cumpre non é un ano máis, é un ano menos para xubilarse 😂🎂
Por certo, dos mellores libros destas últimas semanas 👇🏻
O meu moi estilizado non é e creo que non lle presta o sitio e o vou ter que mover en breve. Igual nos vemos na ruta que quero mirar por unhas prantas que me resistan ben o ☀️
Mira se valen estas que me sacou ahora a nena 😅
Xusto hoxe volvín poñer ese vestido de floriñas. Seguro que non me vai coa paleta 😅😬
A nena nun cumpre. Dous libros, un parque con sombra e dúas horas de silencio. Ahora mesmo non se me ocorre nada máis romántico @pvarelavazquez.bsky.social 🤓👫
Levamos esto. Foi co que estivemos fai uns meses traballando na casa.
Sii! Muralazo de Xoana Almar e Miguel Peralta de Cestola 🤓
É matemático: a nena na casa nin unha palabra en galego. A sacas por aí dous días e empeza a falar o galego máis bonito do mundo ✨ @pvarelavazquez.bsky.social
O uso de ferramentas como "Paperpal" na academia abre unha cuestión de fondo que non é só técnica, senón tamén ética e metodolóxica. Non se trata só de escribir mellor ou máis rápido, senón de ata que punto se está externalizando o propio proceso de pensamento académico.
Non temos remedio nin ferrados para moito máis pero que bonito pensar no cheiro das flores de azahar ✨ 🍊🌱 @pvarelavazquez.bsky.social
Consumo responsable de non levar máis que o que precisas e non todo o que che gustaría 🌱🌺🪴 @pvarelavazquez.bsky.social
12. "Punto de araña" de Nerea Pallares 🕷️ Cheguei ao libro en castelán, e esa distancia lingüística xa lle engadiu unha capa rara á lectura, como se estivera a mirar algo moi íntimo dende fóra, case como volver á miña infancia pero noutro plano totalmente distinto no que non era quen de recoñecerme.