Benedito Álvarez
@beneditoalvarez
Xubilado e activo na batalla.
Agás Ferrol e Lugo, prosegue a redución das VUT nas cidades galegas (en especial en Ourense e Vigo). Mais non é suficiente. A maior parte delas seguen sen o preceptivo título habilitante municipal. E a Xunta, e a maior parte dos concellos, na pasividade ante un uso ilegal.
O que habería que preguntar tamén sons as razóns (fraudulentas) de que a compra (adxudicación directa) a fixese unha sociedade instrumental (Planifica Madrid) e non a Comunidade. Razóns ? Non hai mais que ler o art. 42 da Lei 3/2001.
A sentenza da AP sobre o cárcere da Coruña deixa constancia do evidente : é o Estado quen debe asumir os gastos de conservación do edificio. E é o Estado o responsable do incumprimento das obrigas legais ao respecto (ao tratarse dun edificio catalogado). www.poderjudicial.es/search/AN/op...
Amplo tratamento da voz eólica á moi relevante sentenza do Supremo sobre o parque Moeche. Unha sentenza cuxa doctrina sobre os efectos acumulativos e sinerxéticos na avaliación ambiental dos parques vaise estender a outros procesos. Moitos e merecidos parabéns Petón do Lobo.
A fraude non se multa na zona tensionada....porque a Xunta non quere. A competencia sancionadora en materia de vivenda non é estatal. É da Xunta. En Euzkadi, ata 900.000 € (en Euzkadi ata 20.000 €). En Galiza : CERO.
26.150 demandantes de vivendas protexida nas cidades galegas. O 85% para vivenda de promoción pública (VPP). 2/3 do total para VPP destinada ao alugueiro (con ou sen opción de compra). Mentres tanto, reserva legal de vivenda protexida destinada ao alugueiro en Galiza : CERO.
É peor (para o mercado do alugueiro) o impacto do mercado tensionado na Coruña que a de Pontevedra ou Ourense (sen tal declaración) ? Non. En todo caso, urxe cambiar a regulación do alugueiro de tempada (Estado) e aprobar lei galega para sancionar. www.lavozdegalicia.es/noticia/econ...
A "prioridad nacional" para TODAS as axudas públicas é, amais de ilegal e anticonstitucional, unha mostra mais de segregación social e xenófoba. Noxo e vergoña. Mais tamén advertencia para o futuro. Combater estas políticas, e a quen as representan, unha prioridade.
O pelotazo de Dricar no Parque da Agra, en explicación resumida. De asistencial privado (1,5 m2/m2) aos 5 m2/m2 que lle outorga o Convenio e MP-PXOM. Aínda coa cesión dos 3.500 m2 para zona verde, o incremento de edificabilidade é enorme. Hai tempo de rectificar e parar isto.
Radiografía do alugueiro por barrios (CP) na Coruña, en base a fontes tributarias (IRPF-2024). A diferencia entre o mais caro (Juan Flórez-San Pablo) e o mais barato (Agra do Orzán) é do 60%. E, comparando cos datos do 2023, é no barrio mais caro onde tamén mais se incrementa.
Oleiros, o concello galego co alugueiro mais caro, tanto na media como nos novos contratos (segundo a estatística IRPF-2024). Nas cidades é A Coruña a de maior prezo nos novos contratos, e Vigo no alugueiro medio. A rendabilidade bruta media é en Galiza do 5,8% (7% nos novos).
O xeneroso trato fiscal IRPF aos arrendamentos de vivenda. Os propietarios so tributan (incorporación a base imponible) polo 30% dos seus ingresos. O resto vaise en deduccións e reduccións legais en beneficio dos arrendadores. (datos IRPF-2024-Galiza).
Un total de 835 vivendas baleiras inscritas no Rexistro da Xunta. Dese total, 348 (o 42%) da SAREB. Mobilizar ese parque para alugueiro social é prioritario, poñendo ditos inmobles a disposición/cesión de Xunta e Concellos.
307 vivendas inscritas no Censo de Vivendas Baleiras na cidade da Coruña (propiedade de entidades financeiras e fondos; Decreto 17/2016). O ano pasado habia 317. A SAREB ten 135 (139 o ano pasado).
Galiza é a penúltima das CC.AA con menor porcentaxe do crédito á vivenda destinado á vivenda protexida (datos de 2025). So o 2,4%. O resultado do desleixo e pasividade interesada (de anos) da Xunta do PP respecto da vivenda protexida.
Hoxe escoitaremos a Javier Gil, sobre vivenda e políticas de vivenda, xeración inquilina e a desigualdade. Ás 19,00 no COAG na Rúa Federico Tapia.
Na Illa de Arousa En Defensa do Ulla e da Ría. Nin Altri nin mina de Touro nin Ence.
Nin os servizos municipais nin os grupos municipais advertiron deste erro (aprobar en Pleno documentos erróneos, nos que figura un bloque que foi suprimido). Advertíuno agora a A.VV da Agra, que pide novo acordo plenario (e novo prazo de alegacións). www.laopinioncoruna.es/coruna/2026/...
As demandantes de vivenda protexida medran case un 8% en so tres meses no conxunto das cidades galegas. O 72% das demandantes en Galiza son para alugueiro. Mentres tanto, en Galiza, reserva de vivenda protexida para alugueiro : CERO % (50% na Lei de Vivenda do Estado).
Recollida de residuos do fondo do mar, no porto da Coruña, incluido unha bici eléctrica. Exemplo de prácticas irresponsables e incívicas, nocivas ambientalmente. Moito por facer. Parabéns á xente de MardeMares pola iniciativa e traballo.
A evolución das VUT nas cidades galegas nos últimos anos. O incremento (e impacto) das VUT é tremendo nos últimos anos (cunha certa contención no último ano). E o desleixo e pasividade de Xunta e Concellos (con algunha excepción, caso de Santiago) ante VUT rexistradas e ilegais.
A cativez da realidade da vivenda pública nas cidades galegas en dous exemplos, A Coruña e Santiago. O resultado de anos de desleixo das Administracións na promoción da vivenda pública. A vergoña da pasividade cómplice dos poderes públicos respecto da vivenda pública.
O informe do interventor da Coruña evidencia os resultados de : - orzamentos inflados - maior crecemento de gastos que de ingresos - aforro neto negativo - maior endebedamento neto (mais préstamos). E as consecuencias do incumprimento do PEF aprobado.
Demoledor informe do interventor sobre a liquidación do Concello da Coruña do 2025. "Por primeira vez na serie histórica anterior pode observarse como o aforro neto, o resultado orzamentario e o RLTGX é negativo". O resultado de gastar e endebedarse de mais e ingresar de menos.
Na MP-PXOM da Coruña o Concello valora a parcela 3 da Maestranza (cualificada agora como EL) en algo máis de 3 millóns de €. A parcela debería ser cedida gratuitamente por Defensa (previa reversión do INVIED). Unha demanda procedente, e que debería ser atendida polo Estado.
Percebeiras. Variacións sobre o mesmo erro de partida, proxectar bloques de edificación (con elevada densidade e intensidade) en terreos que pola súa situación e impacto visual deberían quedar libres de edificación.
Mañá domingo en Pontevedra. Finiquitar para sempre Altri e ENCE.
A STS que anula o rexistro único de estatal de arrendamentos de curta duración, debe obrigar á Xunta a modificar seu Decreto 12/2017 e, ademais, implantar un rexistro autonómico de arrendamentos de curta duración. En ambos casos para dar cumprimento ao Regulamento(UE) 2024/1028.
Parque de Oza. Pretender aprobar no 2026 un plan coa edificabilidade de 1998 (2,12 m2/m2), nun barrio xa moi denso, é un desatino. E non hai dereitos consolidados en contra das normas de aplicación directa de protección ambiental e adaptación ao entorno.