Biblioteca da Universidade da Coruña
@bibliotecaudc
A nosa web: O noso catálogo: O noso repositorio: ruc.udc.es
BOE: Convenio do Ministerio de Asuntos Sociais, Consumo e Axenda 2030 coa Conferencia de Rectores e Rectoras das Universidades Españolas (CRUE) para colaborar na sensibilización do desenvolvemento sostible no marco da Axenda 2030 nas universidades españolas. www.boe.es/boe/dias/202... #Axenda2030
💭A nova edición de Viñetas desde o Atlantico contará con infinidade de propostas lúdicas: cinema, teatro, exposicións... xunto á Rúa BD, que contará con librarías e editoras especializadas na banda deseñada procedentes de todo o territorio peninsular. 👉 vinetasdesdeoatlantico.com
Na ligazón tedes o programa completo da LV Feira do Libro da Coruña 2026. ⏰1-10 agosto 📍Xardíns de Méndez Núñez 👉 www.librarias.org/es/evento/EV...
Convocatoria das “Bolsas Santander Axuda Económica para Prácticas 2026” para custos derivados da realización de prácticas profesionais externas xa realizadas, en proceso ou pendentes de realización, curriculares ou extracurriculares, que comecen e rematen en 2026. sede.udc.gal/services/ele...
📖Nesta guía bibliográfica elaborada pola Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación da #UDC atoparedes unha selección de libros que invitan a reflexionar sobre a papel da tecnoloxía nas nosas vidas. 📱 👉 www.udc.gal/gl/novas/Des....
Apertura da convocatoria ERC Starting Grant 2027 e webinario de apoio. www.horizonteeuropa.es/apertura-de-... #ERCStartingGrant2027
Bolsas de colaboración nos departamentos da #UDC do Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes para o curso 2026-2027 👇 sede.udc.gal/services/ele...
🔉🔊 Chegáronnos as estatísticas destes cursos nosos que realizamos cada ano en colaboración co #CUFIE: 📚 Como buscar e usar a información para elaborar a tese de doutoramento (PFBU/017) 📈 Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación (PFBU/018)
Para entretermos mentres esperamos a victoria contra Francia, que vos parece ler algún dos libros desta selección sobre #LaRoja ⚽️ crunia.udc.gal/.../1q5ert3/... crunia.udc.gal/.../1q5ert3/... crunia.udc.gal/.../1q5ert3/... crunia.udc.gal/.../1q5ert3/...
"Mantener la apertura y la colaboración en tiempos de incertidumbre: conferencia Anual COAR 2026". Conclusións da Conferencia, presentacións e estratexia e plan de acción para 2026-2028. bibliotecas.csic.es/es/conferenc...
Extracto da Resolución de 7 de xullo de 2026 pola que se convocan as edicións dos Premios Nacionais de Fin de Carreira de Educación Universitaria destinadas a quen concluíra os estudos nos cursos académicos 2019-2020, 2020-2021, 2021-2022, 2022-2023, 2023-2024 e 2024-2025. boe.es/boe/dias/202...
"Entrevista a Lluís Codina: inteligencia artificial, búsqueda de información y creación de conocimiento en la era generativa" edicionsedic.es/clip/article...
Aneca publica o "Manual de instrucciones para puntuar y motivar sus decisiones las comisiones de acreditación". Esta información permite coñecer como se valoran os méritos, os requisitos para obter unha avaliación favorable e como deben motivarse as resolucións. www.aneca.es/web/guest/-/...
OpenEval: la inteligencia artificial entra en la revisión científica y redefine el futuro del peer review. 👇 universoabierto.org/2026/07/03/o...
🔉O período de préstamo especial de verán de 21 días para o estudantado, as persoas usuarias externas, o colectivo senior e Erasmus estará activo ata o 4 de setembro. Desde o 7 de setembro e coincidindo co inicio do curso académico, recuperarase a duración habitual de 10 días. Felices lecturas!📚⛱️
Da Torre de Hércules ao Castro de Elviña: percorre o patrimonio da Coruña a través da eclipse O concello sinala 46 puntos privilexiados dende os que se poderá vivir a fase de totalidade do fenómeno astronómico do ano. www.gciencia.com/ceos/da-torr...
DOG: Convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2026/27, fóra do ámbito do programa Erasmus+ (código de procedemento ED441B). www.xunta.gal/dog/Publicad...
Aberto o prazo para inscribirse nas xornadas de xullo do II Ciclo de Formación Online sobre a Web of Science da #FECYT e #Clarivate. 14/07. Maximizando el impacto de tu investigación con ORCID 15/07. Edición de 2026 del Journal Citation Reports ➕Información e inscricións: sl1nk.com/qfsjij3
VII Concurso María Balteira de Creacións Artísticas para a Prevención das Violencias Sexistas Dirixido a toda a comunidade universitaria, busca difundir e visibilizar o protocolo ante situacións de acoso da #UDC. Máis información: www.udc.gal/gl/novas/VII... #ViolenciaMachista #ViolenciaDeXénero
🔊 AVISO: desde o 23 de xuño de 2026 e para leer "off-line" os libros de LeBUC, haberá que migrar a conta de Adobe ID a ByteBooks ID, empregando a mesma conta de correo electrónico de Adobe ID. As persoas usuarias que se identifiquen co Adobe ID recibirán o seguinte erro: E_ADEPT_RESET_PW_REQUIRED
O verán na literatura é un poderoso motivo literario que simboliza ritos de paso, o despertar sexual, a fuxida da rutina... A Biblioteca de Filoloxía da #UDC preséntanos esta espléndida exposición co verán como protagonista. Na biblioteca e na rede: es.pinterest.com/filoloxiabib...
VII Concurso María Balteira de Creacións Artísticas. O concurso ten como finalidade dar difusión, publicidade e visibilidade ao protocolo ante situacións de acoso da #UDC co deseño dun cartel, vídeo, podcast, microrrelato ou micropoema. 🗓️ Prazo ata o 02/10/2026 sede.udc.gal/services/ele...
Convocatoria do XIV Concurso de Traballos Académicos con Perspectiva de Xénero Ángeles Alvariño. Este concurso busca fomentar entre o estudantado de grao e mestrado a realización de traballos académicos que incorporen esta perspectiva. 👇 sede.udc.gal/services/ele... #PerspectivaDeXénero
"Menos fútbol na praia e máis libros na toalla". Ollade a selección da Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa da #UDC para este verán: www.calameo.com/read/0079726... Todos eles e moitos máis dispoñibles para o préstamo. 👇
🔊 💕 Grazas a esa alumna da Biblioteca de Socioloxía que nos regalou un pin. Lembrounos a importancia das bibliotecas e do seu persoal. Eses espazos onde cada día se ofrece acceso libre á información, ao pensamento crítico e onde todas as voces teñen o seu lugar. 😍 "Libraries save democracy". #UDC
Na Biblio de Filoloxía da #UDC xuntaron estas obras centradas no mundo universitario: relacións entre profesores e estudantes, a vida nos colexios maiores, o paso á madurez... Votádelles unha ollada na biblioteca ou nas redes: es.pinterest.com/filoloxiabib... ...todos dispoñibles para préstamo 🏖️
Bases reguladoras IV Convocatoria de axudas “ABRIGA” da #UDC para estudantado refuxiado, solicitante de asilo, procedente de áreas xeográficas de conflito ou países receptores de AOD. sede.udc.gal/services/ele...
De maneira excepcional, a reunión do último club de lectura da Biblioteca de Socioloxía e CC. da Comunicación terá lugar no segundo andar. Por este motivo, desde as 18:30 h non será posible garantir silencio na sala de lectura.