Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela
@buscusc
A BUSC é, pola riqueza dos seus fondos bibliográficos, unha das máis importantes bibliotecas universitarias españolas. Síguenos tamén en @buschorarios.bsky.social, Instagram e Tiktok: @busc_usc
#DíaDoEmoji Os emojis teñen antepasados. Moito antes dos móbiles, os manuscritos iluminados xa enriquecían o texto con pequenas imaxes e símbolos. No noso fondo, conservamos un magnífico exemplo xa coñecido por vós: 📖🕑🫅🦁 Sabedes cal é?
🌞🧴É o momento da crema solar, a gorra e a busca da sombra, imprescindibles para evitar queimaduras e reducir o risco de cancro. 🛡 Coma nós, os libros tampouco son amigos dos raios ultravioletas: a luz acelera o envellecemento do papel, vólveo fráxil e amarelo.
📢O catálogo Iacobus incorpora Syndetics, ferramenta para descubrir mellor os recursos da BUSC❗ Este servizo permite consultar, cando están dispoñibles, contidos adicionais como imaxes das portadas, resumos, biografías de autores, índices, etc. que facilitan o descubrimento dos recursos.
📢 Queres sacar partido ao impacto da túa investigación con ORCID ou afondar no Journal Citation Reports❓ 👉 Inscríbete co correo institucional nas seguintes formacións en liña: 14.07.2026 | 13.00h-14.00h: Maximizando o impacto da túa investigación con ORCID (nivel básico) goo.su/Q110z
Esta mañá, na Biblioteca Xeral, acollimos un curso de verán sobre as Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio 🫅📚 Do século XIII, a obra reúne máis de 400 composicións en galaicoportugués dedicadas á Virxe. Poesía, música e miniaturas convértena nunha das grandes xoias da Idade Media.
📅16 de xullo, de 13.00h a 14.00h: Nova sesión sobre a Web Of Science, pero desta vez SÓ PARA PERSOAL BIBLIOTECARIO E ADMINISTRADORES DAS INSTITUCIÓNS que forman parte da licenza nacional de WoS. Se é o teu caso, rexístrate co correo instucional: goo.su/Uo7AMs9
📜 Pensando en facer unha investigación de verán? Lembrade que o Arquivo Histórico Universitario da USC muda o seu horario nos meses de xullo e agosto. 📌 Como xa sabedes, na Casa Simeón de 09.30 a 14:00 h. www.usc.gal/gl/servizos/...
📢Queres mellorar a visibilidade do teu perfil de investigador en WoS❓ O vindeiro 9 de xullo terá lugar unha formación presencial na aula Luisa Cuesta da Biblioteca Concepción Arenal, en horario de 10 a 13 horas. Para participar é necesario inscribirse a través deste formulario: goo.su/A7wAME
📢O repositorio Minerva xa volve estar operativo e agora con nova imaxe❗ Que vos parece❓
🚨 Esta tarde, a partir das 16:00 horas, o repositorio Minerva non estará operativo. Se non xorde ningún inconveniente, o servizo restablecerase mañá pola mañá. Desculpade as molestias!
Na #bibliotecadotempo viaxamos á Asiria do século VII a. C., onde o Rei Asurbanipal levou o imperio ao seu máximo esplendor cultural. Reuniu en Nínive a maior biblioteca coñecida da antiga Mesopotamia, con máis de 20.000 táboas e fragmentos de arxila con escritura cuneiforme 🧀
No Día do Paseo compartimos un impreso do 1600 que demostra que esta afección vén de lonxe. "A gran guía dos camiños para ir e vir por todo o Reino de Francia, [...] ampliada coa viaxe a Santiago, Roma e Venecia" Non garantimos a vixencia da información 😉 #camiñodesantiago bit.ly/4viM8n5
📢Dispoñible a edición 2026 do Journal Citation Reports❗ Esta edición permite consultar as métricas de 22.463 revistas repartidas en 254 categorías. Tamén se observa unha expansión gradual do acceso aberto (AA), cun aumento do 6% ata acadar as 6.703 revistas desta tipoloxía. goo.su/RX4dg
📚 Cando queremos ordenar unha biblioteca, unha das opcións máis seguras para a colección é a ordenación por número currens. Segundo ingresan os libros, asígnaselles un número secuencialmente. 1, 2, 3, 4, 5... todo seguido ata o infinito e máis aló! 😵💫
😀 As subdirectoras da BUSC, María Cana e Ana González, están a participar nas XXIII Jornadas Expania en Granada. Dous días de sesións sobre xestión de bibliotecas universitarias, ferramentas e servizos dixitais. Última 📷: segunda e terceira pola esquerda xunto ás compañeiras de Salamanca e Deusto.
👉Pertences ao persoal investigador e queres afondar en todo o que ofrece a Web of Science❓ Inscríbete nas sesións dos días 16, 17 e 18 de xuño co teu correo institucional: -Analizar as publicacións dunha institución con Web of Science (nivel avanzado) 16.06.2026, 14.00h-15.00h goo.su/Qz9G
📢NOVA VERSIÓN DO CATÁLOGO IACOBUS. Vimos de realizar unha actualización coa versión Primo NDE (Next Discovery Experience), co obxectivo de mellorar a experiencia de usuario e presentar unha interface máis moderna, clara e intuitiva. www.youtube.com/watch?v=sA00...
👉 Quedaches con ganas de ver a mostra "As voces de Begoña Caamaño" organizada con motivo do Día das Letras Galegas 2026❓Ata o 12 de xuño podes visitar parte da exposición na Biblioteca Concepción Arenal. Na ligazón tes acceso á guía virtual: rebusca.usc.gal/c.php?g=7327...
📅☀️ Xa está activado o préstamo de verán para o alumnado de grao, máster e cuarto ciclo, que terá como data máxima de devolución o 8 de setembro.
📅HORARIOS DE VERÁN❗ Durante xuño, xullo e agosto, as bibliotecas da BUSC reducen o horario. Consulta o da túa biblioteca de referencia a vindeira semana, porque varían segundo o centro. Isto non afecta aos horarios extraordinarios por mor dos exames, que se manterán ata o 30 de xuño. goo.su/O5eCDc
📢📅 A FECYT, xunto con Elsevier, programou cinco xornadas de formación online gratuita e en español sobre a base de datos Scopus. Abertas a toda a comunidade universitaria, celébranse a primeira semana de xuño e para inscribirse é necesario utilizar un correo electrónico institucional. Toma nota❗
🤔Aínda dándolle voltas a que revista escoller para publicar a túa investigación❓ A editorial Cambridge organiza o día 27 de maio, de 15.00h a 16.00h, o seminario en inglés: "Selecting the right journal for submission". Inscríbete co correo institucional na seguinte ligazón: zoom.us/webinar/regi...
🔭Atención persoal investigador❗ Se queres explorar por que a curación rigurosa de datos, as clasificacións estables e os metadatos ricos son esenciais para unha intelixencia investigadora significativa, inscríbete no seminario do día 27 de maio (de 14:00h a 15:00h) goo.su/YYIzU
🗺️📢Lembra que podes consultar os postos libres das salas de lectura de tódalas bibliotecas da USC desde a nosa páxina web. www.usc.gal/es/servicios...
📢Queres descubrir o deseño inclusivo desde unha perspectiva realista e operativa e como ferramentas impulsadas pola IA nos axudan a xerar alternativas accesibles❓ Inscríbete no seminario "Accesibilidade e deseño inclusivo con IA", que terá lugar o 20 de maio, de 16.00h a 18.00h goo.su/RCCfsa
📢Lembra que mañá é festivo en Santiago de Compostela. Aínda que os horarios extraordinarios están activos, consulta o da túa biblioteca de referencia, porque pode estar pechada. www.usc.gal/es/servicios...
🔤A Biblioteca Concepción Arenal presenta unha selección de publicacións de Begoña Caamaño (Vigo, 14 de outubro de 1964–Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2014), figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026.
📢Web of Science crea automaticamente un perfil de investigador para cada autor que publicou nunha revista da Colección Principal. Queres saber máis❓ Inscríbete co correo electrónico institucional nos seguintes seminarios web gratuítos:
Un 8 de maio de 1254, o Rei Alfonso X selou o destino da universidade co das bibliotecas, firmando a Real Cédula que creou o cargo de bibliotecario da Universidadade de Salamanca. Menuda #bibliotecafermosa tedes @usaloficial.bsky.social