CISPAC
@cispac
Perfil do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), integrado no Sistema Universitario de Galicia.
📣 NOVA | Investigadores do CISPAC participan na publicación de Un século de nacións. Galicia, Euskadi e Catalunya 🔗 Máis información: cispac.gal/es/posts-act...
📣 NOVA DATA | Prorrogada a chamada a comunicacións das I Xornadas de Investigación e Diálogo Humanista 📩 Envío de propostas ata o 31/08 ℹ️ Máis información: cispac.gal/posts-actual...
📣 ACTIVIDADE | Unha visita ao Alto de San Cibrán dará a coñecer os resultados da campaña arqueolóxica Esta intervención foi desenvolvida no marco do proxecto @castelosnoaire.bsky.social coa participación do @sincrisis-usc.bsky.social da @usc.gal e do CISPAC 📅 1/8, 20h cispac.gal/posts-actual...
📣 CHAMADA | Convocatoria de propostas sobre propiedade e vivenda urbana para o XIII Congreso da Associazione Italiana di Storia Urbana 👥 Sesión coordinada por Daniel Mena Acevedo (USC-CISPAC) eAna María Coll Coll (UIB) 📩 Data límite de propostas: 14 de outubro cispac.gal/posts-actual...
📣 NOVA | KosmoTech_1200, proxecto da @usc.gal e do CISPAC, presenta a restauración dixital da «Raíña Orante» do coro do mestre Mateo cunha investigación que a vincula co selo de Constanza, raíña de Francia de orixe galega 🔗 Máis información na web do centro: cispac.gal/posts-actual...
📣 NOVA | A Reitoral abre as súas portas como Centro Internacional da Torneiría de Xermade [CIT] ℹ️ Dirixido por Luz Paz Agras (UDC-CISPAC), o espazo estará destinado á conservación, divulgación e transmisión do patrimonio artesanal vinculado ao traballo da madeira cispac.gal/posts-actual...
📣 NOVA | Edgard Camarós (USC-CISPAC) inicia en Suráfrica unha nova investigación sobre a orixe das enfermidades na evolución humana 📸 Edgard Camarós sostén o cranio do Neno de Taung, Australopithecus africanus (2.5 millóns de anos) cispac.gal/posts-actual...
📣 Nova campaña no Alto de San Cibrán entre o 13 e o 31 de xullo para avanzar no coñecemento da súa fortificación altomedieval, unha das máis relevantes da contorna do Miño 🔎 A intervención está dirixida por Mario Pereiro (SÍNCRISIS-CISPAC) 📸 @castelosnoaire.bsky.social cispac.gal/posts-actual...
4️⃣ Xosé M. Santos Solla (USC-CISPAC) colabora na publicación Resisting Gender Violence, editada pola @uoregon.bsky.social 📙 A obra ofrece unha perspectiva global sobre a violencia de xénero, incorporando achegas desde Europa, África, Asia e América
3️⃣ Keina Espiñeira e Belén Fernández (ESOMI-CISPAC), publican un novo artigo na Revista Española de Sociología 📙 Este analiza a relación entre gobernanza migratoria e políticas públicas en comunidades atendendo ás oportunidades e desafíos que xorden na súa implementación @udc.gal
2️⃣ Roque Sanfiz e Lourenzo Fernández (HISTAGRA-CISPAC) coordinan a obra colectiva "Un século de nacións" en Ediciones Trea 📚 O libro revisa historicamente os procesos de construción nacional en Galicia, Euskadi e Catalunya, desde a Galeusca ata os seus ecos máis dun século despois @usc.gal
1️⃣ No marco do proxecto EC4RURAL, Xavier Simón (UVIGO-CISPAC) coordina "Rural Energy Communities" 📚 A obra aborda o papel das comunidades enerxéticas rurais nun contexto marcado polo declive demográfico, a pobreza enerxética e os desafíos da transición cara ás enerxías limpas @uvigo.bsky.social
📚 Comunidades enerxéticas, migracións e nacións: unha ollada ás últimas publicacións do CISPAC 🧵⤵️
📸 Deixamos unhas fotografías da mesa redonda “Geografías punitivas transatlánticas”, unha sesión de análise comparada sobre expulsións, confinamentos e formas de control desde unha perspectiva transatlántica celebrada no CISPAC 👥 Grazas ás persoas participantes e asistentes!
📩 CONVOCATORIA | Aberto o Call for Papers do III Congreso Internacional Luso-Galaico de Historia da Medicina 👥 Organizan a Real Academia de Medicina de Galicia, a @usc.gal e o CISPAC baixo a dirección de Édgard Camarós 📅 Data límite de envío: 30 de xullo cispac.gal/posts-actual...
🌾 Onte celebramos no CISPAC o seminario “A financiarización da agricultura brasileira”, unha sesión arredor das lóxicas financeiras e de investimento que están a transformar a agricultura no Brasil 🗣️ Noelia Parajuá (UDC-CISPAC) e Marina Moreira (UFG) cispac.gal/posts-actual...
🔎 A convocatoria incorpora dúas prazas de investigador/a asociado/a, cinco prazas de investigador/a colaborador/a e unha praza de técnico/a superior de xestión relacionadas co proxecto CATCH; e unha praza de técnico de grao medio de investigación vinculada ao CISPAC:
📣 CONVOCATORIA | A Universidade de Santiago de Compostela publica unha convocatoria con nove prazas vinculadas ao CISPAC 📅 O prazo de presentación será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria cispac.gal/posts-actual...
👥 O CISPAC acolleu este luns a presentación e unha sesión de traballo do proxecto DISCOVER: Detección automática de monumentos tumulares e megalíticos mediante tecnoloxía LiDAR e IA 🤝 DISCOVER está financiado pola @usc.gal e ten como responsable a Miguel Carrero Pazos (USC-CISPAC)
👥 MESA REDONDA | Geografías punitivas transtlánticas 🗣️ Coa participación de Eduardo Domenech, Carolina S. Boe, Francesca Esposito, Angela Facundo, Pietro Ferretti e Ana Bastelleros. Modera Natália Corazza 📅 3 de xullo, 12h 📍 CISPAC cispac.gal/posts-actual...
📣 SEMINARIO | A financiarización da agricultura brasileira 🗣️ Presenta o seminario Noelia Parajuá (UDC-CISPAC) e contará coa intervención de Marina Moreira (UFG) 📅 30 de xuño, 11:30h 📍 Seminario 103, CISPAC cispac.gal/posts-actual...
📣 ACTIVIDADE | O CISPAC acolle a presentación e unha sesión de traballo do proxecto DISCOVER 📅 29 de xuño, 10h 📍 Seminario 103 (CISPAC) cispac.gal/posts-actual...
⚒️ VISITA | Escavación arqueolóxica de Casaio 📅 Do 22 de xuño ao 11 de xullo 📍 Xacemento (10:00-13:00) / Laboratorio nas Antigas Escolas de Casaio (17:00-18:30)
📅 AXENDA SEMANAL | 29 de xuño - 3 de xullo ✍🏽 Nova semana, novas actividades: do emprego de ferramentas LIDAR e visitas a xecementos arqueolóxicos, a seminarios de investigación no centro
👥 O CISPAC celebrou unha nova sesión do ciclo Teses en discusión, un espazo de encontro e debate arredor de investigacións predoutorais vinculadas ás liñas de traballo do centro 🗣️ Francesco Aresti e Serena Cuomo, investigadores da USC e da rede AntCom cispac.gal/posts-actual...
📙 PRESENTACIÓN | Presentación do número 3 da revista T·I·A·S: O poder da colectividade 📅 26 de xuño 📍 Edificio Redeiras (Vigo) cispac.gal/posts-actual...
👥 XORNADA | A longa historia do foro. A epopea da propiedade no centenario ℹ️ Organizado polo grupo @grupohistagra-usc.bsky.social, abordarase a redención foral como un elemento decisivo na configuración histórica da propiedade 📅 26 de xuño, 9h 📍 @facultadexh.bsky.social cispac.gal/posts-actual...
👥 ACTIVIDADE | XIV sesión do ciclo de teses en discusión 🗣️ Serena Cuomo e Francesco Aresti 📅 23 de xuño, 11h 📍 Lar do CISPAC cispac.gal/posts-actual...
📙 PRESENTACIÓN | Unha Galicia moderna (1880-1939). Unha sociedade activa, unha economía innovadora 🗣️ Lourenzo Fernández, Lucía Freitas, Antonio Giráldez e Fran Alonso 📅 22 de xuño, 19:30h 📍 A Tafona (Santiago)