Concello da Coruña
@concellodacoruna
Perfil oficial do Concello da Coruña.
🌳 O Concello prepara a ampliación das áreas verdes existentes na rúa San Diego, mellorando os espazos públicos entre a Gaiteira e a Cubela 👉 As tarefas de axardinamento levaranse a cabo na superficie baleira que deixou un antigo alboio derrubado ℹ️ https://i.gal/HJdGS
🏊 Nil Ibañez, do Club Natacion Granollers, e Aida Bertran, do Atletic Barceloneta, Campeones da 54 edición da Travesía ao Dique 👉 Na cita, organizada coa colaboración do Concello, participaron máis de 200 nadadores e nadadoras ℹ️ https://i.gal/hqLyQ
🥇 A alcaldesa, Inés Rey, recibiu a Mauro Seguín para felicitalo polos seus extraordinarios éxitos deportivos: campión de Europa sub-18 nos 400 metros valos e campión de España na mesma categoría 👉 O atleta do Marineda Atlético vén de asinar unha actuación histórica en Rieti
🎶 Inés Rey destaca no inicio do Morriña Festival o potencial cultural, económico e turístico dos grandes eventos 👉 O festival consolídase como unha das grandes citas musicais do verán e reforza o posicionamento da cidade como destino cultural ℹ️ https://i.gal/0hhLf
🏃♀️ Hai carreiras cun simbolismo especial, que deixan pegada A #Coruña10 ten a súa propia: a pegada atlántica Hoxe, a carreira popular máis lonxeva da nosa cidade desvela o cartel oficial da súa XX edición, obra de @antonlezcano.bsky.social ✅ Inscricións abertas: i.gal/coruna10_2026
📣 O Concello e as ANPAS asinan o convenio co que se financiarán as actividades educativas nos colexios 🤝 Inés Rey renovou un acordo con 450.000 euros de investimento muncipal que reforza a programación complementaria nos centros ℹ️ https://i.gal/W6sSr
🌒 O Concello promove a observación segura da eclipse do 12 de agosto, co reparto de caixas automontables nas sesións infantís do Planetario 👉 As familias que asistan aos programas das 11.30 e 17.00 horas poderán levar esta ferramenta de observación ℹ️ https://i.gal/Umx12
📣 O Concello completa a renovación do parque infantil do CEIP Concepción Arenal 👉 O Goberno de Inés Rey promove esta intervención do Plan de melloras nos centros educativos públicos da Coruña durante este verán, cun investimento de 720.000 euros ℹ️ https://i.gal/twInQ
🎶 O Coliseum rendeuse ante Aitana nunha noite chea de himnos, coreografías e momentos compartidos no seu 'Cuarto Azul' ⭐ Con esta única cita en Galicia e no noroeste da súa xira mundial, A Coruña brillou onte como unha superestrela 📸 Aquí, todas as fotografías: https://i.gal/V6Clo
🔭 A Casa das Ciencias ofrece case 160 prazas diarias para asistir ao documental inmersivo #3CLIPSE, que achegará ao público ao fenómeno do 12 de agosto 🗓️ Esta actividade lévase a cabo todos os días da semana en doble sesión ℹ️ i.gal/Cyjvw
🏊 A 54ª Travesía ao Dique celebrarase este sábado con máis de 200 nadadores e nadadoras 👉 A cita, que forma parte da X Copa de España e do XXII Circuíto Galego de Augas Abertas, conta coa organización do Concello e o Club Natación Coruña ℹ️ https://i.gal/fPnfY
🎭 Arrinca a Feira das Marabillas na Cidade Vella, con actividades para todos os públicos ata o domingo 26 👉 A alcaldesa, Inés Rey, percorreu a feira, que contará con numerosas compañías artísticas e propostas de ocio, gastronómicas e comerciais ℹ️ https://i.gal/yMqjI
✈️ O Concello licitará cinco novas rutas nacionais desde Alvedro e asinará un convenio con Inditex para a promoción turística da Coruña 🗣️ Inés Rey: “O acordo con Inditex permitirá fortalecer a estratexia de promoción turística, económica e cultural” ℹ️ https://i.gal/lNYEU
📣 O Concello comeza a instalar as pérgolas do primeiro parque infantil cuberto da Coruña, no Ventorrillo 👉 As obras avanzan coa instalación das estructuras, que darán sombra en verán e permitirán o uso dos xogos tamén nos días de choiva ℹ️ https://i.gal/Xl0AR
👮Rey reivindica a colaboración entre administracións e corpos de seguridade na presentación dos novos axentes da Policía Nacional ℹ️https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/ines-rey-reivindica-a-colaboracion-entre-administracions-e-corpos-de-seguridade-no-acto-de/suceso/1453922485715
⚫ A Corporación municipal gardou esta mañá un minuto de silencio como mostra de condena e rexeitamento polo asasinato por violencia machista dunha muller na provincia de Madrid, o pasado 17 de xullo do 2026
🚖 O Concello e o sector do taxi impulsan a creación da Área de Prestación Conxunta 🗣️ O voceiro do Goberno municipal, José Manuel Lage, e a concelleira de Seguridade Cidadá, Montse Paz, mantiveron hoxe unha reunión cos representantes das dúas asociacións do colectivo na cidade ℹ️ i.gal/oFzAE
🏫 O Concello esixe á Xunta a aprobación dun plan de investimento e rehabilitación dos colexios públicos da cidade 👉 O concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica entegou un informe detallado das necesidades de mellora estrutural ℹ️ https://i.gal/YBXZV
⛵️ Inés Rey subliña as condicións e o potencial da Coruña como referencia para os deportes náuticos, ás portas da LIII edición da Regata Rías Altas A alcaldesa participou na presentación da proba de vela por etapas, organizada polo Real Club Náutico ℹ️ i.gal/RBG77
📢 O concelleiro Jesús Celemín incorpórase ao Goberno local como responsable de Infraestruturas A alcaldesa, Inés Rey, deulle a benvida ao edil, que xa formou parte da Corporación municipal no pasado mandato, cando estivo á fronte de distintas áreas ℹ️ i.gal/ezo8S
⚽️ A Coruña, fiel á súa cita coa pantalla xigante para seguir a final do Mundial entre España e Arxentina, habilitada polo Concello. 📍 Milleiros de persoas viven a loita polo título na praza de María Pita.
🎶 Un concerto a non esquecer no peirao de Batería. 🎤 15.000 almas disfrutaron onte con Alejandro Sanz e os seus éxitos de sempre ao abeiro do ciclo #CoruñaSounds. Aquí, unha selección das mellores imaxes da actuación. 📸 Mattias Saraibe
📍 A Casa da Sinagoga será obxecto de novas escavacións arqueolóxicas para afondar nas súas orixes e singularidades ✅ O Concello ultima os preparativos para a intervención, xa adxudicada e cofinanciada polo Ministerio de Industria e Turismo ℹ️ i.gal/PVdvr
🔙 O Concello impulsa RE VERSIÓNS, unha convocatoria artística para reinterpretar a memoria musical coruñesa a través da arte contemporánea 🎶 Trinta artistas locais xa presentaron as súas propostas para participar nesta exposición colectiva ℹ️ i.gal/2ABG0
🎉 Hoxe, última xornada das festas que celebra Feáns na honra da Virxe do Carme. 📸 Así foi, en imaxes, este sábado de celebracións, ao que asistiron a alcaldesa, Inés Rey, e o concelleiro Juan Ignacio Borrego.
📩 O Concello abre a votación dos #OrzamentosParticipativos cun récord histórico de 100 propostas 🗓️ A veciñanza poderá decidir ata o 31 de agosto o destino de 2,6 millóns de euros entre actuacións xa avaliadas técnica e economicamente ℹ️ i.gal/hvQJ8
🚏 As novas paradas do transporte urbano no Obelisco entrarán en servizo este luns, día 20 de xullo 🚍 O Concello avanza coas actuacións previstas na remodelación dos Cantóns, co foco posto agora na praza de Mina e a súa contorna ℹ️ i.gal/iAchJ
As rúas dos barrios da Coruña viven esta fin de semana as Festas do Carme 📍 Así están a ser, en imaxes, estes días de música e concertos nos Castros e Os Mariñeiros A alcaldesa, Inés Rey, sumouse ás celebracións coa veciñanza
🎶 O XXXIX Festival Noroeste Estrella Galicia presenta a súa programación por días e escenarios 📍 Do 5 ao 8 de agosto, máis de 40 recitais repartidos por 7 escenarios: Campo da Leña, praza de Azcárraga, María Pita, Santa Margarida, Castelo de San Antón, o Portiño e a praia de Riazor ℹ️ i.gal/KhAjS
⚽ Este domingo, ás 21.00 horas, María Pita agárdavos para vivir xuntas e xuntos a gran final do Mundial: España - Arxentina! 💪 Unha vez máis, a praza acollerá unha pantalla xigante para apoiar á Selección na loita polo título. Achégate a disfrutalo connosco!