Facultade de Xeografía e Historia (USC)
@facultadexh
Somos a conta oficial da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela 🖥️ 📍 Praza da Universidade, 1, 15703 Santiago de Compostela 📲 Séguenos tamén en FB, IG e In
🎨 PATRIMONIO ARTÍSTICO | Presentación da doazón da familia Fenollera A Facultade de Xeografía e Historia presenta a instalación do fondo artístico do pintor José María Fenollera e Ibáñez (1851–1918), autor das pinturas do Paraninfo, froito da doazón realizada pola súa familia á @usc.gal.
☀️ Horario da Facultade en agosto 📅 Do 1 ao 23 de agosto 𝗣𝗘𝗖𝗛𝗔𝗗𝗢 📅 Do 24 ao 31 de agosto 🕘 Apertura: 9h 🕣 Peche: 14:30h
🥾 Visita guiada | Alto de San Cibrán Despois de varias semanas de traballo arqueolóxico, o equipo do proxecto @castelosnoaire.bsky.social abre as portas da escavación para compartir coa cidadanía os resultados da súa segunda campaña no Alto de San Cibrán.
🎓 Defensa de tese de doutoramento: Cristian Silva Bóveda "O ruído: A percusión como acompañamento da gaita na Galicia do S. XX. Instrumentos, intérpretes e padróns rítmicos" 📅 Venres 31 de xullo, 10h 📍 Paraninfo da Universidade
☀️Horario de extraordinario de verán para os días 24 e 31 de xullo 🕘 Apertura: 9h 🕣 Peche: 14:30h
📅 Do 23 de setembro ao 28 de outubro 🕖 Todos os mércores, ás 19h 📍 Aula 8
O ciclo está organizado polo grupo de investigación @ideahs-usc.bsky.social (Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades) e polo proxecto Performatividade do monumento. Percepción social e intervencións sobre a arte pública en España e Portugal desde 1950 (PERMORIA).
🗣️ Ao longo de seis sesións, investigadoras e investigadores de referencia abordarán cuestións como as vangardas históricas, o espolio do patrimonio, a música durante a guerra, a memoria de figuras como Syra Alonso e Luís Seoane ou a moda na posguerra.
CICLO DE CONFERENCIAS | O impacto da Guerra Civil no ámbito das artes en Galicia Un espazo para reflexionar sobre as consecuencias da Guerra Civil na arte, o patrimonio, a música, a memoria, o exilio e a cultura material en Galicia.
🌿 XI Xornada de Onomástica Galega | Onomástica e ecoloxía A xornada centrarase na perda da toponimia como consecuencia das transformacións do territorio provocadas pola acción humana, desde a actividade das industrias extractivas ata os cambios na organización administrativa.
📣 I Xornadas de Investigación e Diálogo Humanista: chamamento de comunicacións 📅 Envío de resumos ata o 30 de xullo ⤵️ Máis información https://i.gal/pDuoz 👥 @sincrisis-usc.bsky.social @cispac.bsky.social @usc.gal
🎓 A tese, titulada "Formacións superficiais e evolución dos solos nas montañas do Courel", foi defendida o pasado mércores na Facultade de Bioloxía USC, no marco do Programa de Doutoramento en Medio Ambiente e Recursos Naturais, baixo a dirección de Xosé Lois Otero Pérez.
📷 Compartimos estas imaxes da defensa da segunda tese de doutoramento de Augusto Pérez-Alberti, catedrático de Xeografía Física da @usc.gal.
📚EXPOSICIÓN | A Biblioteca América: un soño inaugurado en 1926 Hai cen anos inaugurábase a Biblioteca América na @usc.gal, un proxecto impulsado polo mecenado da emigración galega en América.
📢 Convocatoria de comunicacións | X Fórum Ibérico de Estudos Museológicos Aberta a convocatoria para este encontro de referencia para o debate e o intercambio de coñecemento arredor dos museos, o patrimonio e os retos da museoloxía contemporánea.
🏛️ A Facultade de Xeografía e Historia inaugurou o Espazo Baena, un lugar de memoria dedicado a Xosé Humberto Baena Alonso (1950–1975), antigo estudante deste centro e militante antifranquista, fusilado en setembro de 1975. En 2025, o tribunal que o xulgou e a súa sentenza foron declarados ilegais.
🎓 Defensa de tese de doutoramento: Daniel Pérez Murado "Talleres itinerantes, estilos e iconografía: análise do baldaquino baixomedieval en Galicia (1480-1600)" 📅 Xoves 16 de xullo, 10h 📍 Sala de Profesorado
🥾 Visita guiada | Alto de San Cibrán O proxecto de investigación arqueolóxica @castelosnoaire.bsky.social inicia esta semana a campaña de escavación no Alto de San Cibrán (Guláns, Ponteareas – A Picoña, Salceda de Caselas).
📣 I Xornadas de Investigación e Diálogo Humanista: chamamento de comunicacións 📅 Envío de resumos ata o 30 de xullo ⤵️ Máis información cispac.gal/posts-actual... 👥 @sincrisis-usc.bsky.social @cispac.bsky.social @usc.gal
📣 @realacademiagalega.bsky.social | As Letras Galegas 2027 celebrarán a Xosé Neira Vilas academia.gal/-/as-letras-...
📣 REUNIÓN ORIENTATIVA SOBRE PAE e TFG Curso 2026–2027 | Como afrontar o teu perfil académico e profesional A sesión está dirixida ao alumnado que vai iniciar 3º ou 4º curso e aborda unha das etapas clave do Grao: as Prácticas Académicas Externas (PAE) e o Traballo de Fin de Grao (TFG).
🎓 Defensa de tese de doutoramento: Maria Sâmia De Oliveira "Avaliación dos impactos do turismo a partir da implementación de políticas públicas: estudo comparativo do desenvolvemento turístico en Galicia (Espanha) e no estado de Ceará (Brasil)" 📅 Martes 7 de xullo, 16h 📍 Sala de Profesorado
🎒 Curso de Verán da @usc.gal | Leccións Xacobeas Internacionais da USC: patrimonio e voces do Camiño de Santiago O curso integra comunicacións de membros de diferentes institucións para poñer en valor as últimas investigacións vencelladas á historia do Camiño de Santiago
🟣 CONGRESO | INNOVATIA 8.3 O Instituto das Mulleres organiza o VI Congreso INNOVATIA 8.3, un encontro dedicado á transferencia de coñecemento e ao emprendemento con perspectiva de xénero.
Ofelia Rey Castelao, catedrática de Historia Moderna na @usc.gal é homenaxeada no Congreso Internacional "História tem nome de mulher: historiografia e mulheres", que se celebra estes días na @uminho.bsky.social.
📢 Entrega dos Premios á Calidade Lingüística A Facultade acolle a entrega dos Premios á Calidade Lingüística dos traballos académicos, Traballos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Mestrado (TFM) correspondentes ao curso 2024–2025.
SEMINARIO | Mapping Agency, Feminist Counterspaces and Feminist Solidarities in the Emergent and Extraordinary 🗣️ Sesión impartida por Anindita Datta, vicepresidenta da Unión Xeográfica Internacional e profesora e directora do Departamento de Xeografía da Escola de Economía da Universidade de Delhi.
☀️ Horario da Facultade en xuño e xullo: 🕘 Apertura: 9h 🕣 Peche: 20:30h
A mostra propón un percorrido por dúas décadas de investigación, proxectos e iniciativas que contribuíron a ampliar o coñecemento sobre o mundo rural galego e a súa historia. 📍 Claustro do primeiro andar da Facultade de Historia.
🖼️ EXPOSICIÓN | Histagra: 20 anos investigando o mundo rural desde Galiza Desde a semana pasada pode visitarse no claustro do primeiro andar da Facultade a exposición conmemorativa do 20º aniversario do @grupohistagra-usc.bsky.social.