Miguel Anxo Fernán Vello
@fernanvello
Escritor / Editor / Pintor. Fundador e director de Edicións Espiral Maior (1991). Deputado no Congreso XI-XII lexislaturas. Escribe en El Progreso de Lugo / Diario de Pontevedra.
Vai ser un acto moi especial. Pois Paula Currás é unha poeta moi especial. Magnífica a súa obra 'Vestiario', Premio Xosemaría Pérez Parallé. Alí estaremos. Anímense.
8.8.26 EL PROGRESO Outra representante do improperio é Ayuso, quen ten utilizado o insulto de maneira continuada contra Sánchez: ‘tirano’, ‘mafioso’, ‘hijo de puta’, ‘violento’, ‘estafador’, ‘ilegal’, ‘corrupto’, ‘matón’, ‘socio de ETA’...: 18 graves insultos realizados no arco temporal de 1 ano".
1.8. 2026 El Progreso de Lugo "Un dos negacionistas máis grotescos é un coñecido cantante —nunca me interesou a súa ‘arte’ tan fraca— que nega infantilmente o cambio climático e mesmo desexa, con talante criminoso, que os “ecoloxistas ardan” no medio da vaga de incendios que teñen lugar en España".
25.7.26 El Progreso O 2027 vai ser un ano de ouro en todo o que respecta a Neira Vilas, pois a súa figura persoal e literaria —velaí a novela “Memorias dun neno labrego”: un ‘mito’ narrativo traducido a + de 20 idiomas— creou fondas pegadas na sociedade galega. E converteuse nun símbolo colectivo.
18.7.26 El Progreso (...) "En Lisboa existe unha Rua Rosalía de Castro, unha antiga Rua dos Galegos ou o denominado Pátio da Galega, e hai que lembrar que o ferrolán Ernesto Guerra da Cal, autor dun estudo fundamental titulado “Língua e estilo de Eça de Queirós”, faleceu e está enterrado en Lisboa.
Última sesión, antes de agosto, do Clube de Lectura de Espiral Maior Foro. Volveremos en setembro.
11.7.23 El Progreso (...) "Cren vostedes que, se no Himno francés figurase a forma “infants” no canto da correcta “enfants”, non se procedería de inmediato, por vía do rigor e da intelixencia lingüística e política, a corrixir tan grave erro?
4.7.26 El Progreso (...) "Existe un estudo recente do prestixioso MIT (Instituto de Tecnoloxía de Massachussets) que revela, por exemplo, que o uso da Intelixencia Artificial está a debilitar as nosas capacidades cognitivas, o pensamento crítico e a memoria".
20.6.26 El Progreso "Di o gran pacifista Donald Trump que a guerra que mantén Israel contra o Líbano é “menor”, mais a día de hoxe, con datos do Ministerio de Sanidade libanés, o número de mortos polos ataques do Exército israelí vai camiño dos 4.000, mentres que a cifra de feridos supera os 11.700"
Moitas grazas a Juanma Abelleira Ronquete por este retrato fotográfico realizado sen que eu soubese que tiña tempo e lugar.
6.6.2026 El Progreso (...) e así é que xa podemos falar de ‘glotaritarismo’: unha sorte de totalitarismo dixital que trata de controlar a información através das redes sociais. A este paso os intereses comúns do ‘pobo democrático’ deixarán de existir.
O xoves, 11 de xuño, ás 20:00 h. presentaremos en Carballo o libro "Agora non é antes. Ideas para unha revolución tranquila", do filósofo Antón Baamonde: obra de grande interese literario, sociolóxico e 'político'. E estaremos acompañados por Henrique Monteagudo, Presidente da Real Academia Galega.
30.5.2026 El Progreso "Acaso o gobernador de Minnesota, Timothy Walz, non se referiu ao ICE como “a Gestapo moderna de Trump”? Até o prestixioso actor Robert De Niro chegou a comparar ao asesor de Seguridade Nacional da Casa Branca, Stephen Miller, co xefe de propaganda de Hitler, Joseph Goebbels".
23.5.26 El Progreso (...) "E Isabel Dobarro é unha desas pianistas que nos traslada o ‘poder máxico’ da música do que falaba Hegel, unindo a unha intelixencia técnica maxistral unha ‘delicadeza’ e unha ‘elegancia’ interpretativa que chega a nos afectar, digámolo así, corpórea e animicamente".
NOVIDADE DA COLECCION POESÍA DE EDICIÓNS ESPIRAL MAIOR. MAIO 2026 (2)
NOVIDADE DA COLECCION POESÍA DE EDICIÓNS ESPIRAL MAIOR. MAIO 2026 (1)
16.5.2026 El Progreso "Claudia Sheinbaum Pardo, con 2º apelido galego e doutora en Física pola UNAM, obtivo como primeira presidenta de México un 60% de apoio popular con 36 millóns de votos. E a extremista Ayuso equipara o México de Sheinbaum a unha ditadura. A parvoíce, dicía Chéjov, é terríbel"
O amigo que nos deixou, Fernando Cabeza Quiles, gostaba particularmente desta fotografía que aquí se reproduce. Cando X. M. Beiras visitou Espiral Maior Foro, Fernando pediume este retrato dos 2 xuntos. Título da instantánea? Sen dúbida: dous 'sabios' xuntos. E Fernando sempre na nosa lembranza.
NOVIDADE EDITORIAL MAIO 2026 'Onde o vento me leve', de X. H. Rivadulla Corcón. Un libro de relatos escrito con 'vontade de estilo' e 'vontade de autor'. Na Colección Baldaio de Edicións Espiral Maior.
Obras últimas. "No corazón proibido do solpor". (Díptico sobre lenzo. Técnica mixta, 40x30)
Obras últimas. "Xeometrías do alto entardecer". (Técnica mixta sobre lenzo, 30x30)
25.4.26 El Progreso "A espiñosa ou espiñenta vida galega maniféstase tamén na acción transfuguista —auténtico golpe de estado municipal— levada a cabo no Concello de Lugo. O transfuguismo político (deslealdade e traizón) tamén se pode estudar como unha “bifurcación patolóxica do comportamento”.
Un poema da arxentina Marisa Martínez Pérsico traducido (por MAFV) ao galego. Excelente poeta.
18.4.26 EL PROGRESO "É pan de cada día asistir a actuacións verbais públicas de políticos gobernantes que denotan unha profunda incultura, descoñecemento xeral ou ignorancia supina. Lembran vostedes aquel político —chegou a presidente do Reino de España— que presumía de non ter lido nunca un libro?
VIVAN AS REPÚBLICAS! Cartaz orixinal (42.5x100) de Camilo Díaz Baliño (pai de Isaac Díaz Pardo) realizado en 1936 e estampado na coruñesa Imprenta Roel para as festas de Santiago de Compostela. Ledicia miña por ter unha copia do mesmo realizada sobre lenzo que preside a miña vida.
11.4.26 El Progreso. (...) "Quen fala expresamente de colapso sionista é o prestixioso historiador israelí Ilan Pappe, doutor en Ciencias Políticas pola Universidade de Oxford. E un dos indicadores dese colapso, que é agora pura actualidade, consiste no “crecente illamento internacional de Israel”