@frmartinezh
@frmartinez
Profesor de ADE 👨🏻🏫 Lector voraz 📚 Compostelán de pro Namorado da Mariña Lucense
37. Utopías cotidianas de Kristen Ghodsee. Decepcionantemente repetitivo e centrado en exceso no pasado remoto e na área occidental. O libro resulta inerte e pouco aplicable no presente. Moi centrado nos coidados, deixa fóra moitos temas e mesmo perspectivas interesantes. Só para curiosos. #FranLe26
36. Lo impensado de Katherine Hayles. Un timo intelectual de proporcións épicas baseado nunha reconceptualización ou uso non rigoroso de conceptos chave da psicoloxía do coñecemento. Lástima porque a premisa é potente: os seres non-humanos e mesmo aqueles non vivos participan do coñecer. #FranLe26
35. A la mierda la autoestima, dadme lucha de clases; de Jean-Philippe Kindler. Promete máis do que dá. Ten fragmentos cortados ou inconexos e adoece de certa superficialidade en temas importantes. Pero si serve como crítica construtiva á esquerda política actual e anota temas importantes. #FranLe26
34. Mientras dormías, cantabas; de Pino Luna. Multiperspectivismo sobre a perda e a dor existencial que deixa. Potente na linguaxe paracomunicativa das personaxes, sempre coa axuda da música (con banda sonora incluída). Só baixa algo o ter unhas personaxes secundarias frouxas. #FranLe26
33. No tengas miedo de Stephen King. Posiblemente, a mellor novela da serie de Holly Gibney grazas a un estupendo final e a un manexo sobeebio dos varios fíos narrativos e dos seus tempos. Disque foi difícil de escribir, pero non por iso é mal texto. Abofé! Se vos gusta a personaxe, lédea. #FranLe26
32. Telepunga de Arelis Uribe. Retratos breves sobre diversos temas: violencia invisible, convivencia e consciencia, en América Latina. Algo no seu estilo non conseguiu atraparme. Pode que nun tempo lle dea unha nova oportunidade, pero tardarei. Para gustos... #FranLe26
31. El viento que arrasa de Selva Almada. Potentísimo retrato con trazos de numerosos temas: vidas no ermo, famílias desestruturadas, relixión e futuro, rural vs. cidades... atravesa moitas fracturas e trata todas marabillosamente. Unha primeira novela potente. Moi recomendable. #FranLe26
30. Dura una eternidad y en un instante se acaba, de Anne de Marcken. Existencialismo e vitalismo dende o punto de vista dunha zombi situada nun punto intermedio entre a vida e a morte. Terriblemente atrevida, orixinal e moi ben escrita. Poucas veces atopei un texto así. #FranLe26
29. El invencible verano de Liliana de Cristina Rivera Garza. Marabillosa. Potente. Sensible. Intelixente. Excelentemente escrita. Xoga co tempo vital de Liliana e da voz narradora, maxestuosamente. O machismo asasino palidece diante do retrato humano da vida potencial que nunca será. #FranLe26
28. Pánico y ternura de Paz López. Cunha mensaxe tan potente como a defensa da tenrura contra tantas formas de odio, facelo de forma tan almibarada e deslavazada non era necesario. Elixino porque chegaba dende Chile con excelentes comentarios, erro meu. #FranLe26
27. ¿Por qué son tan lindos los caballos? de Julieta Correa. Memoria, identidade, pasado, familia, enfermidade. Autoficción de moitos quilates con Juli recordando á nai, Sari, a través da reconstrucción da súa memoria -consecuencia da súa demencia. Moita dor e tristeza. Marabilloso. #FranLe26
26. Física de la tristeza, de Gueorgi Gospodínov. Novela circular onde a memoria actúa de sistema de peche. Un Home (en maiúscula) recorda tanto o seu pasado íntimo como o seu pasado colectivo. Así é como desprega un multiperspectivismo maravilloso cheo de tenrura, tristura e humor. #FranLe26
25. Mi idolatrado hijo Sisí, de Miguel Delibes. Actualísima crítica ó clasismo e retrato dos fillos consentidos a partir da escusa de deixalo "ser feliz". Brillante uso Nietzschiano da trama: Cecilio e Sisí Rubes son, en esencia, a mesma personaxe en distintas etapas de vida. #FranLe26
24. Por qué los multimillonarios no pagan impuestos sobre la renta y cómo vamos a ponerle fin, de Gabriel Zucman. Libro cunha única proposta: gravar o 2% anual a aquelas persoas cun patrimonio superior ós 100M de euros. Moi interesante, pero mal explicado e falto de detalle. #FranLe26
Lecturas para o verán: mulleres, latinas e que aínda non lin. A ver que tal... 👇 #FranLe26
23. La increíble aventura de la Tierra de Alain Riazuelo. Divulgación físico-química sobre a formación do noso planeta e do universo. Ton didáctico elevado, non apto para neófitos, moi preciso e exhaustivo. Ollo, é parco en bioloxía e química. Se che encaixa o seu perfil, é o teu libro. #FranLe26
22. Carcoma de Layla Martínez. Excelente. Marabillosa. Orixinal. Impactante. Un exercicio de memoria, homenaxe e innovación tan fresco como talentoso. As casas encantadas, a estrutura de clases, a violencia, a santería católica, a dor feminina no rural... Unha gran novela. #FranLe26
21. La canción de Aquiles de M. Miller. Primeira novela onde o maior valor é o exercicio de estilo detrás da descrición contextual e dos personaxes (especialmente Patroclo). Moi vibrante e engaiolante na segunda metade, antes algo perdida. A liñalidade resulta excesiva. Gustoume. #FranLe26
20. El papel pintado amarillo de Charlotte Perkins Gilman. Estes relatos son todos marabillosos. Escritos e publicados a finais do s. XIX teñen unha modernidade estilística e temática abraiante. O trato da muller e a súa relación co masculino e o social, a enfermidade, o illamento... Uf! #FranLe26
19. Baliza de Bea Saiáns, con ilustracións de Nerea Vázquez. Coméntase con uns poucos versos: "Identidade o máis sólido que habita en min, eu, contén multitudes" Encantoume tamén 'Descansar'
Xa teño, por fin, 'El papel pintado amarillo' de Charlotte Perkins Gilman 👇. Tiven que ir atopalo, de chiripa, en Casa del Libro. Reservei tamén o de Layla Martínez que, seica, está moi buscado. Xa vos contarei como vai, pero tras ler a suxerente "Introducción" de Maggie O'Farrell xa me tarda...
A Deputación da Coruña vén de matar a unha chea de árbores para contarnos aos santiagueses que é tan intranscendente que precisa recordarnos que existe para xustificarse. Se ninguén sabe de ti, quizais o mellor é disolverse. E se si sabe, por favor, non mates árbores para nada. Grazas.
18. Greguerías de Ramón Gómez de la Serna. A introdución de R. Cardona precisa dunha actualización urxente acorde cun texto tan rico que a desborda con creces. Se ben afectado polo tempo, a meirande parte conserva un humorismo, unha ironía e actualidade potentísimas. Moi recomendable. #FranLe26
17. La antidoto de Karen Russell. Fala da construcción da mitoloxía nacional e das vidas que esta mentira destroza polo camiño. A partir da memoria, a honestidade e a realidade, defende unha reconciliación e recuperación do pasado. Xoga co fantástico. Só desentoa a última parte. Moi boa. #FranLe26
16. A arte subtil de saber dizer que se f*da de Mark Manson. Poderosa mensaxe central: a importancia de asumir a responsabilidade de controlar a propia vida e as súas incertezas. Lástima da moita palla que rodea a mensaxe ata distraerse ou perderse demasiado. Con todo, interesante. #FranLe26
15. Construír y habitar de R. Sennett. Dentro da triloxía do artesán de Sennett este é o último libro. Sóbrame. Achega pouco en socioloxía tanto da construcción como do deseño de espazos urbáns. Sigo buscando un libro sobre este tema que achegue valor. Seguirei intentándoo. Decepcionante. #FranLe26
14. Vida de Don Quijote y Sancho de Miguel de Unamuno. Texto interesante, pero edición decepcionante. Pésimo texto introductorio, vago e sen substancia. Papel malo e permeable. Portada que se che desfai na man (o libro ten 6 meses). O maior interese: Unamuno usa a Quixote para falar de si. #FranLe26