InvestiGal
@investigal
Rede Galega pola Investigación. Únete a nós en Linkedin (@InvestiGal) e Instagram (@redeinvestigal). investi.gal
💶 Os novos billetes da ciencia. Anos de formación, contratos de meses, ducias de solicitudes e ningunha estabilidade. A precariedade tamén ten un prezo. Sen persoas investigadoras non hai ciencia. E sen estabilidade, tampouco hai futuro! Vémonos a volta das vacacións de verán! 🥳🏖️🏕️
💙 Así vivimos o #Festigal! Grazas a todas as persoas que pasastes pola nosa mesa, compartistes ciencia e fixestes comunidade connosco. 🔬 📩 Queres merch de InvestiGal? Escríbenos unha mensaxe ou ao noso correo e contarémosche como conseguilo.
💙 Feliz Día de Galiza! Galicia é mar, é lingua, é cultura... e tamén é ciencia. Neste 25 de xullo celebramos a todas as persoas que, desde laboratorios, hospitais, universidades e centros de investigación, constrúen coñecemento e futuro. Porque investir en ciencia tamén é facer país.
Chega o noso merch ao Festigal! Non podemos prometerche unha Ramón y Cajal, unha ERC nin financiamento estable… pero podes saír do Festigal cun pouco de InvestiGal posto, pegado ou no peto. 😂💙 Porque a ciencia tamén se leva, se escribe, se pega… e se reivindica! 🔬
📬 Estes días as persoas socias recibiredes no voso correo electrónico o boletín semestral de InvestiGal, con un resumo da actividade da asociación ao longo dos últimos meses. Grazas por formar parte desta comunidade e por contribuír, día a día, a fortalecer a investigación galega. 💙🔬
🌈 Na ciencia tamén hai orgullo. En InvestiGal defendemos unha investigación diversa, inclusiva e libre de discriminación. Porque o coñecemento medra cando todas as persoas teñen as mesmas oportunidades. 🏳️🌈🔬 #Orgullo2026 #LGBTIQ #Ciencia
📢 ASAMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA 19/06/2026 🕕 1ª convocatoria: 18:00 h 🕡 2ª convocatoria: 18:30 h 📧 Toda a info relativa á reunión foi remitida a través do correo da asociación. A vosa participación é fundamental para seguir fortalecendo a voz da investigación en Galicia!
✨ InvestiGal consegue o proxecto “Camiño de Volta” 🚀 no marco da convocatoria I+P da FECYT en colaboración ca GAIN. O talento investigador galego merece oportunidades para voltar 💙 Seguimos traballando para facer da investigación galega un lugar ao que volver! #CamiñoDeVolta #Investigación #Galicia
Coñeces o programa Oportunius? Durante o foro achegámonos a esta iniciativa de atracción de talento da @XuntadeGalicia, que ten como obxectivo crear oportunidades para o persoal investigador excelente interesado en impulsar a súa carreira investigadora nunha entidade galega.
📚✨ No #DíaDasLetrasGalegas celebramos a forza da nosa lingua, da nosa literatura e das voces que constrúen memoria e futuro. Homenaxeamos a Begoña Caamaño, escritora e xornalista comprometida coa cultura galega e coa igualdade, referente das letras contemporáneas en Galicia.💙
✨ Novo patrocinador do #FIGAE2026 ✨ A Fundación San Rafael súmase ao foro apoiando iniciativas sociais, científicas e de innovación en Galicia 🌍 🔗 investi.gal/ii-foro-da-i... 💙 www.teaming.net/investigal
Desde InvestiGal consideramos necesario seguir avanzando cara a unha convocatoria máis xusta, accesible e centrada na calidade científica e nas condicións do persoal investigador predoutoral. #SenCienciaNonHaiFuturo
📢 A convocatoria Predoutorais Xunta 2026 segue presentando puntos críticos: • alta carga burocrática no proceso • diferenzas nas condicións de financiamento • dificultades de acceso que afectan á igualdade de oportunidades 👇🏼
🚨 Confirmado en #FIGaEII_2026: “Volver para quedar?” 🔬 Zulema Varela (InvestiGal) 🏛️ María José Mariño (GAIN) 💥Gonzalo Arévalo (AEI) 🌍 Esther González (RAICEX) 📍 Barcelona | 15–16 maio 🔗 investi.gal/ii-foro-da-i... 💙 Teaming: teaming.net/investigal
Comunicado contra as pintadas aparecidas o 28 de abril na Facultade de Ciencias Experimentais da @uvigo.bsky.social
📢 Confirmamos a Brais Estévez Villarino no #FIGaEII_26! 🌍 Doutor en Xeografía, falará de Humanidades e estudos culturais desde unha perspectiva ambiental ♻️ e de como a mudanza climática se converteu nun tema de interese colectivo. investi.gal/ii-foro-da-i...
💙🎓 Grazas á @puntogal.bsky.social por ser patrocinadora do Fondo de Mobilidade do II #FIGaE! Axudas de mobilidade ✅ (200 €) para facer máis accesible o encontro a pre/posdocs e comunidade investigadora galega no exterior. 📍 Barcelona | 🗓️ 15–16 maio 2026 📝 Info: investi.gal/ii-foro-da-i...
⏳ Prazo ampliado! Inscricións ao II FIGaE ata o 12 de abril. 💶 Haberá axudas de mobilidade para participantes. 📍 Barcelona | 15–16 maio 📝 Info/inscricións: investi.gal/ii-foro-da-i... #FIGaE_II_2026 #InvestiGal #Barcelona #Mobilidade
✨ II FIGaE | Barcelona 🗓️ Venres 15 | ⏰ 15:50–18:00 Taller práctico de xestión do estrés con Tonina Ferrer (benestar investigador). 📝 Info/inscricións: investi.gal/ii-foro-da-i... #FIGaEiII_2026 #InvestiGal #saúdemental #Barcelona
✨ II FIGaE | Barcelona 🗓️ Venres 15 | ⏰ 13:00–13:50 Ciencias da Saúde: Ana Dorrego Viñas (palestra convidada) + 3 comunicacións (10’). 📝 Info/inscricións: investi.gal/ii-foro-da-i... #FIGaE_2026 #InvestiGal #Barcelona #Galicia
🎉 No II FIGaE (Barcelona, 15–16 maio) teremos: 🎁 Sorteo de 2 vouchers de 350 € de @tscourses.bsky.social (o último día, entre asistentes) 🧠 Workshop gratuíto: Improving your science communication skills using storytelling techniques (450 €) 📝 Inscricións: docs.google.com/forms/d/13LF...
✨ II FIGaE | Barcelona ⏰ 16 maio, 11:30–12:20 | Humanidades + Comunicacións Palestra con Helena González Fernández (Prof. Titular, UB – Filoloxía Galega e Portuguesa) 📝 Inscricións: forms.gle/bHcrgxjmbMv5... 📍 Centro Galego de Barcelona #FIGaE #InvestiGal
Parabéns a Rosa Crujeiras, primeira reitora do Sistema Universitario Galego (SUG) e da USC na súa historia! Moitos éxitos nesta responsabilidade histórica, Rosa. 💙📚🔬
#DíaDaMullerTraballadora 📌 Que che gustaría que cambiase xa? #Igualdade #Feminismo #Economía
O #8M non é só unha data: cando deixará de custar o dobre chegar ao mesmo lugar? Compartimos esta infografía sobre Iria Nande Fernández, investigadora predoutoral no @idegausc.bsky.social da @usc.gal , a derradeira das conversas desta serie polo #DiaDaMullerTraballadora #Igualdade #Economía
📌 Que che gustaría que cambiase xa? #8M #DíaDaMuller #Igualdade #Universidade #Feminismo #Economía
O #8M non é só unha data: cando deixará de custar o dobre chegar ao mesmo lugar? Hoxe compartimos unha infografía sobre Paula Vázquez Rodríguez (@USC), 1ª das conversas desta serie polo #DíaDaMullerTraballadora. 📌 Que che gustaría que cambiase xa? #Igualdade #Universidade #Feminismo #Economía
Dende 2022, as axudas á investigación non executadas non se reasignan. Parte dos fondos públicos para ciencia pérdense: proxectos que non saen, contratos que non se renovan e talento que marcha, en gran medida por trabas administrativas e prazos ríxidos. 👇🏼 (1/2)