Librarías de Galicia
@librariasgal
Federación de Librarías de Galicia está conformada por máis de 150 librarías comprometidas coa defensa dos intereses do sector e co fomento da lectura
Vémonos na feira! Organiza Librarías de Galicia co apoio de Cultura de Galicia, Deputación da Coruña, Concello de Rianxo e Deleite. #feiradolibroderianxo #aportaauniversosinfinitos
Mañá continuamos no Parque Castelao cunha nova xornada 💙📘📘📘. 19:30 Teatro para familias. Pablísimo representa Contiario. 19:30 Presentación do poemario "Pai", de Miguel Louzao Outeiro 20:30 Presentación de "Pacto de silencio", de Ana Viéitez, acompañada polo escritor Óscar Reboiras.
20:30 Charla-coloquio "A eclipse do sol do 12 de agosto en Rianxo", con José Ángel Docobo e Paula Cambeses no Auditorio de Rianxo. 21:00 Espectáculos Valente representa Ñiqui Ñaque. Organiza Librarías de Galicia co apoio de @culturaxunta, @depucoruna, Concello de Rianxo e Deleite
Non esquezas que esta semana (mércores 22) o noso ciclo de Contos e Conversas, lévanos a Foz! 📆 Mércores, 22 de xullo, 20:30 💭 Club de Lectura - Punto de Araña 🧑🦲 Nerea Pallares 📍 Libraría Bahía - Foz Non o perdas! #librarias #axenda
Xa andamos coas casetas na #FeiradoLibroAntigo e de Ocasión de Vigo! Estaremos na Praza de Compostela até o 2 de agosto: non podes faltar! 💛📙📙📙 📍 Praza de Compostela 🗓️ 17 de xullo a 2 de agosto 🕚 Horario: 10:30 - 14 h | 17 - 21 h Libros de vello, exemplares antigos, xoias descatalogadas...
💙📘📘📘 Baixamos o pano da #FeiradoLibrodePonteareas cunha inmensa gratitude. Grazas a todas as persoas que vos achegastes estes días aos Xardíns da Xiralda para compartir connosco o amor polos libros, ás editoriais, aos medios de comunicación e a todas as que fixestes posible unha feira marabillosa.
Onte sábado os Xardíns da Xiralda viviron a súa xornada máis intensa: libros, obradoiros, presentacións, sinaturas e moitos faladoiros que encheron a feira de vida. 💙📘📘📘 Velaquí vai un pequeno resumo de todo o que deu de si este sábado. Hoxe dicimos adeus á #FeiradoLibrodePonteareas.
💙📘📘📘 Tres días de libros, encontros e moitas historias compartidas... e mañá chega a última oportunidade para vivir a #FeiradoLibrodePonteareas. Se aínda non viñeches —ou che quedaron ganas de repetir—, agardámoste para despedir xuntas e xuntos esta edición.
Aquí tes unha ollada ao vivido durante a xornada do venres na #FeiradoLibrodePonteareas! 💙📘📘📘 Organiza Librarías de Galicia co apoio de @culturaxunta @deputacionpontevedra @ponteareas_gal e @deleitegalego
💙📘📘📘 Dous días abrindo portas a universos que non teñen fin... e mañá seguimos! Lembra que a #FeiradoLibrodePonteareas abrirá ás 11:00 h., unha hora antes do habitual, para que poidas mergullarte aínda máis nesta viaxe entre libros.
Grazas a todas as persoas que vos achegastes para acompañarnos neste fermoso comezo. A feira continúa, agardámosvos mañá ás 11h, unha hora antes. Organiza Librarías de Galicia co apoio de @culturaxunta @deputacionpontevedra @ponteareas_gal e @deleitegalego
Continúa a #FeiradoLibrodePonteareas cunha nova xornada chea de propostas para todos os públicos💙📘📘📘, unha ocasión perfecta para aproveitar o desconto especial do 10 % en todos os libros e desfrutar dun día cheo de cultura. 📍 Xardíns da Xiralda 🕛 12:00 - 14:00 h. e 18:00 - 22:00 h.
📍 Xardíns da Xiralda 🗓️ Do 9 ao 12 de xullo 🕛 12:00–14:00 h. e 18:00–22:00 h. (o xoves só en horario de tarde e o sábado apertura ás 11:00 h.)
Mañá comeza a Feira do Libro de Ponteareas! 💙📘📘📘 Do 9 ao 12 de xullo, os Xardíns da Xiralda volverán encherse de libros, autoras e autores, actividades e moitas historias por descubrir. 🎤 Pregón o xoves ás 20:00 h. a cargo do escritor Anxo Rodríguez Rodríguez
Onte a Alameda volveu latexar ao ritmo das historias: conversas arredor dos libros, sinaturas que deixaron pegada e moitas ganas de seguir lendo xuntas e xuntos na #FeiradoLibrodeVigo 💙📘📘📘 Se non puideches estar, deixámosche un pequeno vídeo resumo da xornada para que non perdas detalle.
Organiza Librarías de Galicia co apoio de @culturaxunta @deputacionpontevedra Concello de Vigo e @deleitegalego #FeiradoLibrodeVigo #AportaaUniversosInfinitos
💙📘📘📘 Mañá despedimos unha nova edición da #FeiradoLibrodeVigo. Será o último día para achegarte á Alameda, gozar da programación e aproveitar o 10 % de desconto nos libros. Non perdas esta última oportunidade!
Organiza Librarías de Galicia co apoio de @culturaxunta @deputacionpontevedra Concello de Vigo e @deleitegalego #FeiradoLibrodeVigo #AportaaUniversosInfinitos
💙📘📘📘 Rematou a fin de semana, pero a #FeiradoLibrodeVigo aínda non! Aínda quedan hoxe luns e mañá martes para achegarte á Alameda, descubrir novas lecturas, gozar da programación e aproveitar o 10 % de desconto nos libros. Velaquí a programación de hoxe:
Velaquí vai un resumo do que deu de si a xornada de onte sábado na #FeiradoLibrodeVigo! 💙📘📘📘
Velaquí vai un resumo do que foi a xornada de onte venres na #FeiradoLibrodeVigo! Organiza Librarías de Galicia co apoio de Cultura Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo e Deleite. #FeiradoLibrodeVigo #AportaaUniversosInfinitos
Organiza Librarías de Galicia co apoio de Cultura Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo e Deleite #FeiradoLibrodeVigo #AportaaUniversosInfinitos
📍 Praza de Compostela (Alameda) 🕐 11:00 - 14:00 h | 17:00 - 21:00 h
Mañá a #FeiradoLibro de Vigo continúa. Achégate á Alameda para coñecer de preto ás libreiras e libreiros, descubrir novidades nas casetas, participar nas actividades da carpa e achegarte ás firmas das autoras e autores. Agardámoste! 💙📘📘📘
Volven as Conversas con Deleite á #FeiradoLibro de Vigo! Desta volta, Arturo Lezcano, en conversa con Guada Guerra, falarános da súa obra O país invisible, unha visión imprescindible sobre a epopea do pobo galego na súa diáspora migratoria 📆 Domingo, 5 de xullo, 20:00 h 📍 Feira do Libro de Vigo
Alá foi outra fermosa xornada na #FeiradoLibro de Vigo! 💙📘📘📘 Voltamos mañá, cunha chea de sopresas: teatro para toda a familia, presentacións e Ledicia Costas a asinar a súa obra. Achégate á Alameda e abre a porta a universos infinitos! 📍 Praza de Compostela (Alameda) 🕐 11 - 14 h | 17 - 21:h
Así de ben foi a xornada inaugural de onte na #FeiradoLibro de Vigo! Que ledicia contar con tanta xente e tanta paixón polos libros e a lectura! 💙📘📘📘 A que esperas, ven abrir connosco portas a universos infinitos! Seguimos na Alameda até o día 7!
Pechamos as casetas por hoxe, logo dunha xornada de inicio da #FeiradoLibro de Vigo chea de sorpresas e moitas lecturas. Grazas a todas as persoas que vos achegastes! 💙📘📘📘 Voltamos mañá, xoves, a partir das 11. Contamos contigo! 📍 Praza de Compostela (Alameda) 🕐 11 - 14 h | 17 - 21 h
Xa estamos na Alameda, coa #FeiradoLibro de Vigo. Non faltes, achégate e abre connosco a porta a universos infinitos! 💙📘📘📘 📅 Do 1 ao 7 de xullo 📍 Praza de Compostela 🕐 11:00 - 14:00 h | 17:00 - 21:00 h 📣 Pregón a cargo do escritor Manuel Esteban Pode haber un plan mellor?
Para a semana comeza o mes de xullo e con el, como cada ano, unha das feiras máis grandes do país: a #FeiradoLibro de Vigo! 💙📘📘📘 📅 Do 1 ao 7 de xullo 📍 Praza de Compostela 🕐 11 - 14 h | 17 - 21 h 📣 Pregón a cargo do escritor Manuel Esteban Programa completo 👉 www.librarias.org/gl/evento/EV...