Manuel Gago
@magago
Director de @culturagalega.bsky.social no Consello da Cultura Galega e profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista, escritor e comisario de exposicións. Podcast:
Orgullosos propietarios dunha copia do Mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia: habemus gañador da acuarela orixinal de Leandro Lamas! Se tes o número, ponte en contacto con festivalatlantica@gmail.com
Os veciños da Illa recordan ata sete "caixas" na praia de Riasón. Unha señora lembrou como de pequena lle gustaba meterse nunha destas cistas porque a auga do mar quedaba quentiña dentro. A nai berráballe que saíra de aí.
"Cando as arqueólogas comezaron a traballar nas cistas na marea baixa as mariscadoras da Arousa achegáronse para advertilas de que o marisqueo libre era ilegal. Non apañaron berberechos, pero si info sobre un fenómeno funerario prehistórico pouco coñecido"
Hoxe acompañareivos nas vosas casas e móbiles desde a retransmisión dos Fogos do Apóstolo da TVG, nun especial conducido por Arturo Fernández. Contaremos cousas chulas. Menos mal que me piden comentar eventos festivos e non partidos de fútbol!
Esta acuarela de Leandro Lamas, feita en directo durante a presentación do Mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia, sortéase entre todos aqueles que adquiran e paguen o mapa ata o 25 de xullo. Podes adquirilo na tenda do Festival Atlántica: festivalatlantica.gal/tenda/
O Penedo Xudío en Casaio parece rexistrar unha secuencia temporal do máis interesante: un poboado fundado en época sueva, abandonado e reocupado de xeito breve e un tanto chapuzas durante a dominación visigoda. Pero só esta historia de como comezou todo é digna do Far East.
Hoxe tocan dous eventos: 19.15. Presentación do Mapa dos Seres Míticos de Galicia, con Leandro Lamas. CSC Maruxa Coralia / Santiago. @FestAtlantica 21.15. Mesa redonda con @guerraenlauni.bsky.social, Xurxo Ayán e Olga Novo . Festa dos Libros. Pontevedra. Praza da Ferraría.
Na tradición galega, as almas atravesan o mar cara repousar eternamente nas illas. Pero un día, un andazo de monstros encheu o mar, devorando aquelas amiñas. O deus Berobreo encargou o seu corvo sagrado protexer o lugar. Preséntovos un xogo especial: O corvo das Cíes.
Esta semana Bieito Romero dedicou o seu histórico programa radiofónico "Un mundo de músicas" a 'Ata que os mares sequen', o meu libro sobre Escocia e Galicia. E aderezou a conversa con músicas galegas e escocesas influídas entre si. Unha chulada.
Este venres 3 de xullo ás 19.15 presento, xunto con Leandro Lamas, o mapa dos Lugares Míticos do reino de Galicia. Será no CSC Maruxa e Coralia de Santiago. Leandro debuxará en directo unha das escenas do mapa. E hai un bonus que che interesa ☝️
Novo episodio no meu podcast Na volta da Folla. Falamos con @solefelloza.bsky.social da nova edición do Festival Atlántica de Narración Oral, das relacións entre festivais e comunidades locais, a remuda xeracional da narración oral galego ou o traballo cos nenos ao redor da tradición oral.
Con moita alegría preséntovos este novo proxecto. Trala boa acollida do Mapa dos Seres Máxicos do Reino de Galicia, na nova edición do Festival Atlántica presentamos o Mapa de Lugares Míticos do Reino de Galicia. Unha reivindicación da memoria lendaria da paisaxe que xa podes mercar.
Hoxe comeza o Festival Atlántica! Atlántica é a gran celebración da narración oral en Galicia e tedes espectáculos por todo o país, para todos os públicos e en moitos formatos distintos.
O venres 3 de xullo terei a honra de participar na Festa dos Libros de Pontevedra, nunha mesa redonda sobre paisaxe e identidade atlántica cuns fenómenos como @guerraenlauni.bsky.social, Xurxo Ayán e Olga Novo. Eu presentarei ata que os 'Mares sequen'. Creo que era sobre as 21.
Velaquí está. Foron CATRO vikingos. Por fin temos unha evidencia irrefutable! Ao final da inscrición parece que podería haber unha data. Non é doada de saber. 1968? Acepto ideas. Sería moi interesante para ver o impacto da xolda da Romaría Viquinga de Catoira no resto da ría.
Aínda que as crónicas medievais galegas e nórdicas falan da presenza viquinga no reino de Galicia durante 150 anos, unha das fronteiras da arqueoloxía galega é atopar evidencias físicas da súa presenza. Aínda non se dera con ningunha. ATA HOXE. Á fin. Nese sillar.
Hoxe estaba visitando co propietario as ruínas dun histórico edificio da ría de Arousa. Ensinoume un sillar. -Co sol non se ve, pero díxome un historiador que neste sillar hai unha inscrición coa data da fundación. Fixen unha fotogrametría e pasmei co que me atopei.
A Asociación de Amigos do Museo de Ferrol convidoume a escribir un prólogo para a súa primeira expo, que queren que sexa xermolo do futuro museo da cidade. Escribín o texto "Tecer a memoria. Os museos como ferramentas para construír a comunidade local".
Como se narraba na Galicia do século XII o paso do tempo, o pasado e o presente, a través da tecnoloxía dos libros. Mirade que curioso.
Co Mapa de Seres Máxicos do reino de Galicia queriamos contribuír a que os nenos se volveran apropiar dun folclore que ninguén lles estaba contando xa. Aquí os nenos do CEIP Heroínas de Sálvora de Aguiño (Ribeira) recreando as razas do mapa en plastilina. ❤️❤️
Reimpresión de 'Ata que os mares sequen'! Non é nada doado que un ensaio se reimprima tan pouco tempo despois de saír, pero aí estamos. Moitas grazas pola confianza!
No Tarde Piaches desta semana viaxamos a un lugar moi querido e tamén moi descoñecido: o Panteón Real da catedral de Santiago, con curiosidades e as grandes historias dos monarcas (e o conde) que alí repousan. A partir de 02:39! www.agalega.gal/videos/36681...
Este sábado andarei por Sarria! Unha sesión con estudos de caso, aprendizaxes prácticas, números e posibilidades ao redor da dinamización territorial e a cultura. Inscrición aquí: docs.google.com/forms/d/e/1F...
Xa están As Cousas de Gago no Tarde Piaches, da @TVGalicia! No Día das Letras, visitamos unha biblioteca na que quedaría a vivir, a do mosteiro de san Francisco (Santiago), para ver como os libros gardan a memoria dos seus propietarios e os frades 'vestían' ás ninfas. Ligazón 👇
Aquí queda a crónica completa de El Pueblo Gallego. Ten que haber fotos destas xornadas, pero non din con elas. Alguén sabe algo? E o que é máis importante: sobrevivirá algún sombreiro? 😅
Remato este fío contando que os galeses agasallaron os galegos cuns "curiosos sombreiros" de alá. Non temos moita máis información, pero ten toda a pinta de que se lles resultaron curiosos deben ser os Het Gymreig, vestidos polas mulleres.
Mentres, no Orduña flameaba, polo que di a crónica, a bandeira galesa e se celebraba unha festa á que acudiu boa parte da sociedade viguesa do momento. Alí eran atendidos polo xefe da expedición galesa, R. Williams Parry, un dos máis notables poetas en galés do século XX.