Marcus Fernández
@marcusfernandez
Webmaster de codigocero.com
Película infantil?! 😲 #Anniversary app.primevideo.com/detail?gti=a...
Xa non está connosco Víctor Coyote. www.farodevigo.es/sociedad/202... Por moita obra que teña, para min sempre será o do Pode Ser do Xabarín Club. www.youtube.com/watch?v=X5oP...
Hai un par de meses apareceume Gemini integrado no Chrome e marchou igual que chegou. Hoxe volveume aparecer. Marchará de novo? A vós tamén vos pararece de cando en vez a ferramenta de IA de Google no navegador web?
A Odisea é saír de Marineda City co aparcadoiro pechado cando había sesión golfa en Cinesa co gallo da estrea da última de Nolan. #TheOdyssey
Pouco se fala da fortuna que temos de que a xente de @igalia.com organice algo como o Web Engines Hackfest en Galicia. Comentámolo con @rego.bsky.social no último número da revista @codigocero.com codigocero.com/Os-responsab...
Os do MediaMarkt teñen o xogo de Lobezno que vai saír en setembro a 64,99 euros. mediamarkt.es/es/product/_... En Amazon está a 69,90 euros e na PlayStation Store a 79,99 euros. Que custe menos un xogo físico posto na casa que un xogo descargable é algo que moitos botarán en falla...
Novo temazo de De Vacas: COCIDO. www.youtube.com/watch?v=zSwq...
Que de cara á estrea de La Casa del Dragón os de HBO Max poñan as subscricións anuais a metade de prezo dá mala espiña. Non confían en manter os subscritores mes a mes pasado o verán?! Pasará factura que Apple TV sexa "a nova HBO"?
Graeme MacKay debuxa unha panorámica moi atinada do problema dos menores nas redes sociais. cagle.com/cartoonist/g...
O comercio electrónico enténdese mellor con Francesc Pumarola no #10CB.
No #10CB temos a @inesrey.bsky.social. A alcaldesa non sabe onde se meteu! 😜
O #10CB comeza con condutores de luxo. Milu tamén tivo a ben aproveitar a ocasión para convidarnos a visitar un interesante proxecto. redeiro.com
Mañá temos unha cita no Coruna Bloggers! www.laopinioncoruna.es/coruna/2026/...
Acabo de seguir en Instagram a conta do novo programa de Marcial Mouzo e Loli Gómez www.instagram.com/encompaniade... e ao buscar en Facebook levei unha desagradable sorpresa. 😱 Agora vai ser ilegal chamarse Loli! Manda carallo para o Facebook!
Quen contaba con que un podcast de tecnoloxía pechase falando da Panorama?! 😲 www.youtube.com/watch?v=S_qn...
Tras anos coa serie My Hero Academia conxelada na segunda tempada (un total de 38 episodios) dende Netflix España poñen finalmente as 7 primeiras tempadas (un total de 170 episodios) dobradas ao español. Só queda por dobrar a tempada final. www.netflix.com/title/80135674
Cal sería o protocolo de vestimenta dos extras do novo vídeo musical de Fernando Tato? 😲 www.youtube.com/watch?v=rfcM...
Os que din que os portátiles PC no rango de prezo do MacBook Neo son malísimos, saben do que falan?! Son equipos para usos distintos. Para ter na casa o PC é infinitamente mellor, pero en mobilidade os MacBook non teñen rival.
Dende cando os libros teñen que ter pintados os cantos para vender ben?! Será que en vez de para ler son para que a xente os recoñeza cando subes fotos con eles ás redes sociais?! E eu pensando que do fenómeno booktuber podía saír algo que fose máis aló do postureo... 😔
Postos a lembrar a Ónega, quedo coa homenaxe que lle fixeron Os da Ría. www.youtube.com/watch?v=ActS...
Mágoa que non aproveiten a celebración do Festival de Berlín para anunciar un crossover épico. #BerlinLupin
A pasada noite Marcial Mouzo conduciu o seu derradeiro Pensando en ti. A súa camiseta lucía a mensaxe «marcho, que teño que marchar». Di adeus á familia radiofónica, e agora será a súa outra familia quen o acompañará polas noites.
A webserie Galicia Crime pode verse en AGalega! 🥳 www.agalega.gal/videos/categ...
Will Smith comendo pasta?!?! Pero que carallo é iso?! Mellor Will Smith papando un bo cocido galego en Lalín! #Seedance #CocidoGalego #CocidoDeLalin
A quen lle gustase a exposición de Annie Leibovitz na Coruña, o libro tocho de Taschen está de oferta estes días. www.taschen.com/es/books/pho...
A Liga dos Cantantes Extraordinarios celebra esta semana a súa semifinal. Xa queda menos para saber quen gaña nesta animada edición!
Na nosa terra todos sabemos quen é Melania. E non ten nada que ver co home laranxa.