María Besteiros
@mariabesteiros
Escritora. Nai. ATV. Doutora en Filoloxía Galega.
Verán: o primoxénito cociña receitas de países do mundo, os pequenos deseñan e imprimen os seus propios xoguetes.
O paso deste ano pola Feira do Libro da Coruña: presentación de De Esmelle a Ítaca, o libro para Begoña Caamaño que escribín con Emma Pedreira.
📚 Xuño tamén foi mes de presentacións: Ítaca na libraría Mal Hablada da Coruña e De Esmelle a Ítaca na Normal e, en liña, en Ferrol (Asociación Veciñal de Canido). Moitas grazas por asistir e organizar.
📚 Cursos de escritura e clubs de lectura finalizados por este curso. Moitísimas grazas pola confianza. Volvemos en outono!
🏆 Parabéns ó Premio San Clemente polo Premio ó Fomento da Lectura. Que ilusión ver ese peíño no instituto e tan ben acompañado.
👣 Aínda que Emma non pode vir, esta tarde falamos de Ítaca na Coruña.
🥈 Moitísimas grazas a xurado e organización polo segundo premio de poesía no Certame Literario do Concello de Ames. O poema, Chegarán sementes e raíces, naceu do sombreiro dunha veciña de Castro Ribeiras de Lea.
📚 Dúas cousas espero todos os anos: o turrón de Suchard e o FLAZ de Allariz.
👣 En estado de flipación. Moitas grazas a todo o mundo que teña que ver con isto.
🧶 Onte, Día das Letras, lendo Penélope tece no cortexo cívico de Pontedeume, na oficina de telégrafos de Xohana Torres.
📚Ei! Que faltabamos nós! Bego, Circe, Morgana, Curros, Manuel Antonio, Emma e eu de viaxe en tren e pailebote. O libro que non sabías que necesitabas.
📚 Este domingo celebro as Letras en Pontedeume.(Si, eu pensei o mesmo).
💜 Moitísimas grazas a Diego Ameixeiras por recomendar a miña Ítaca no Fugas da Voz como lectura para este día da nai. E con estas palabras tan certeiras.
✍️ Pois o pequeno xa ten o primeiro poema publicado, premiado no Certame Literario do Concello de Ames.
🎂 Felices 13, meu autista favorito. Quizais o último ano o máis duro. Máis que cando non falabas nin comías. Quizais non é a mellor idea cambiar todo o teu mundo (profes, horario, metodoloxía) cando todo en ti tamén cambia. Medras e non encaixas neste mundo neurotípico entolecido.
👣 O pasado sábado estiven con Ítaca na libraría Risón de Laxe. Moitas grazas a Maribel e a todo o club de lectura!
👣A semana pasada estiven no IES Indalecio Pérez Tizón de Tui para falar de Ítaca coa rapazada. Telémaco aprobou. Moitísimas grazas a Alberto polo convite e á profe de literatura que traballou coa novela na clase. Ó día seguinte, reunión en liña co club de lectura da Casa da Muller de Ferrol.