Misión Biolóxica de Galicia - CSIC
@mbgcsic
A MBG é un instituto de investigacións en Ciencias Agrarias, Forestais e Ambientais do @csic.es. Eficiencia, sostenibilidade e responsabilidade.
🔎 O traballo desenvólvese en colaboración con Guillermo Bueno do @ipe-csic.bsky.social de Jaca, onde TraitLAB empregou os laboratorios Na campaña, liderada polo científico da MBG @cpcarmona.bsky.social, participaron Eleonora, Andrea, Pablo, Juan Antonio, Paula, Marina, Carla e Alejandro de TraitLab
A campaña tivo lugar en diversos #ecosistemas ibéricos, incluíndo pasteiros alpinos, caxigueiras, piñeirais, abetais e faiais 🌲🌳 📍 Durante a mostraxe recolléronse mostras de especies leñosas e herbáceas, incluídas as súas raíces, co obxectivo de capturar a variación intraespecífica destas especies
A campaña tivo lugar en diversos #ecosistemas ibéricos, incluíndo pasteiros alpinos, caxigueiras, piñeirais, abetais e faiais 🌲🌳 📍 Durante a mostraxe recolléronse mostras de especies leñosas e herbáceas, incluídas as súas raíces, co obxectivo de capturar a variación intraespecífica destas especies
🟢 OFERTA DE TRABALLO na MBG-CSIC 🟢 O MICIU convoca 3️⃣ prazas de persoal laboral fixo da Administración Xeral do Estado para traballar na Misión Biolóxica de Galicia. Trátase de 3 prazas destinadas a realizar actividades agropecuarias 👨🌾, forestais 🌳 e do medio natural 🌱
No proxecto do @incipitcsic.bsky.social tamén participa Montserrat Díaz-Raviña do grupo #BCS da @mbgcsic.bsky.social na elaboración do informe técnico. Un paso importante para protexer un dos símbolos culturais máis recoñecidos de Galicia.
🔸 Elena Cartea, vicepresidenta adxunta de Áreas Científico-Técnicas do CSIC e coordinadora da publicación xunto con Javier Rey Campos. 🔸 Rafael Zas, director da MBG. ➡️ Un encontro para coñecer máis sobre o labor da #MBG e compartir ideas e conversas nun ambiente distendido.
A continuación, a mesa redonda puxo en valor estes 105 anos xerando #CoñecementoCientífico 🧬🌽🌳. Os participantes da mesa foron: 🔸 Pura Fernández, vicepresidenta adxunta de Cultura Científica e Ciencia Cidadá do @csic.es e directora da @editorialcsic.bsky.social.
📸 Presentación do libro “Misión Biológica de Galicia, 1921-2021: 100 años investigando”, un percorrido pola súa historia, presente e futuro. 🌱A xornada, moderada polo vicedirector técnico da MBG-CSIC, Pedro Peón, comezou coa intervención da tenente de alcalde Eva Villaverde, Concello de Pontevedra.
Na biblioteca temos exemplares dos cadernos de campo das xornadas que incluen o "In Memoriam" a Tarsy Carballas, donados por Montserrat Díaz Raviña.
O último día visitaron os solos de terrazas fluviais, as médulas e parcelas de erosión tras os incendios de 2025
O segundo día visitaron os solos asociados a morrenas e materiais glaciares
Tamén ese primeiro día visitaron o centro do Urogallo
Compartimos unhas fotos da sesión de benvida e da charla "Laciana: un lugar para cuatro estaciones"
A pasada fin de semana celebráronse as XV Xornadas da Delegación Territorial das SECS Galicia. No primeiro día das xornadas fíxose unha homenaxe a doutora Tarsy Carballas, recientemente falecida, que pertenceu ao grupo Bioquímica e Calidade de Solos da @mbgcsic.bsky.social
🥬 O traballo céntrase en cultivos de 'Brassica' estratéxicos tanto en #Galicia como a nivel global. 🌏 Este avance conta co apoio da Agencia Estatal de Investigación e ofrece novas ferramentas para mellorar a produtividade nun contexto de cambio climático e amplos estreses. 🌡️🦠🐌 short-url.cc/1se5h
A ciencia que busca “vacinar” ás plantas 💉🌱 👩🔬 A investigadora Patricia Fernández Calvo (MBG-CSIC) lidera un proxecto centrado na #inmunidade vexetal e nos azucres sinalizadores. Estuda como determinados oligosacáridos (pequenos azucres) son capaces de activar as #defensas naturais dos cultivos 🌱.
📊 Durante meses recolleron datos, analizando como medran as plantas para observar diferenzas de adaptación a cada zona de Galicia. Moitas grazas aos centros participantes 💚: CPR Possumus, CEIP Cedeira, CEIP Víctor López Seoane, IES Pedra da Aguia, IES Monte Castelo e CEIP Anexa.
No curso 2025-2026, alumnado de distintos centros galegos converteuse en persoal #investigador 👩🔬👨🔬, empregando as súas hortas como un laboratorio. Puxeron en marcha un ensaio científico centrado nas #brásicas 🥬, comparando #sementes comerciais con outras procedentes do Banco de Xermoplasma da MBG.
Ciencia nas hortas escolares de Galicia 🥬 👧👦 Este curso mergullámonos por primeira vez na Rede Eco Hortas Escolares, unha iniciativa de Amigas da Terra (Galicia) para achegar a ciencia á rapazada a través das #hortas.
A Delegación Territorial da SECS en Galicia homenaxea a Tarsy Carballas nas súas XV Xornadas: De Babia a Las Médulas (19–21 xuño 2026) Montserrat Díaz comparte o Prólogo e o In Memoriam do libro das xornadas, un recordo fermoso ao seu legado na edafoloxía. 🔗 hdl.handle.net/10261/436146
✨ Xornada “Encontro da Comunidade MBG” 2026 ✨ 👥 Unha iniciativa na que tanto as novas incorporacións como as persoas con novos proxectos ou iniciativas poderán presentarse e compartir o seu traballo. 🗓️ 18 de xuño ás 10h 📍 MBG-CSIC, sede Pontevedra Un paso máis para seguir construíndo #comunidade.
🌱O estudo, realizado en 12 solos agrícolas galegos, mostra que a tolerancia bacteriana á claritromicina aumenta coa dose e varía segundo o pH, CEC, arxila e carbono. Solos con maior retención reducen a dispoñibilidade do antibiótico; a doses altas, un pH elevado favorece máis bacterias tolerantes.
Nova publicación da unidade asociada Comunidades Microbianas de Solos @mbgcsic.bsky.social @uvigo.bsky.social, Investigadora Responsable Montserrat Díaz Raviña "General Soil Properties Modulate Bacterial Community Tolerance to Clarithromycin in Laboratory-Spiked Agricultural Soils en Agriculture"
🟢 Novo seminario 🟢 “Redeseñando as paisaxes agrícolas para producir alimentos e conservar a biodiversidade” 🌾🐝🌸 🗣️ Dr. Lucas A. Garibaldi 📅 3 de xullo ás 12:00 h 📍 MBG-CSIC (sede Pontevedra) 👨🌾 O seminario amosará como a #agricultura pode ser máis sostible integrando a #biodiversidade como aliada.
Moitas grazas a todas as persoas asistentes ao seminario “Biodiversidad más allá de las listas: una visión probabilística”, impartido polo Dr. Carlos Pérez Carmona, Investigador Distinguido da MBG-CSIC e xefe do grupo #TraitLab. 👋
En las jornadas hicieron el bautismo previo del suelo y recolectaron muestras de los distintos horizontes para una posterior caracterización físico-química con el fin de poder realizar correctamente la clasificación del suelo.