Jordi VL
@ofenicio
Pai e compañeiro. No meu tempo libre exerzo como Profe Woke™ de Xeografía e Historia. A revolución será megalítica ou non será.
Chego a tempo ou xa me retiraron o carné de galeguidade? Saúdos dende a outra beira!
Comendo salchicha de porco, ensalada de pataca e bebendo sidra con estas vistas? Nunca estiven máis cerca do #CelticOfCourse
📷 FAUNA URBANA Manda de cabichas (𝑐𝑎𝑢𝑑𝑎 𝑐𝑎𝑟𝑐𝑖𝑛𝑜𝑔𝑒𝑛𝑎) buscando refuxio baixo o banco dun parque infantil.
Lembrades cando intentaron convencernos de que había que deixar gobernar aos tecnócratas, que eran xente lista e ideoloxicamente neutral que nos salvaría da crise aquela? Pois polo visto non aprendemos.
Oooooooh! Non sabes a ilusión que nos fixo ver as bandeiras! 😍 Se chego a saber que eras ti berramos máis alto! (por moito que o intentei non conseguín facer nin unha foto boa 🤦🏽♂️)
Onde se pasará máis calor e vergoña allea, en Ourense ou en Madrid? Iniciando experimento en 3, 2, 1...
Xa está tardando Alfonso en facer unha campaña de promoción turística a partir deste fío. Marabela 👌🏽
Para esquecer o de Jácome e celebrar o miss vaca abrín o cachiño de Irlanda que me trouxen. Saúde!
Bo día! Ogallá poder compartir con vós tamén a temperatura porque que marabilla, amigas.
Mención especial ao alumno orixinario de Senegal cando lle amoso a foto dun brigadista compatriota seu que veu loitar contra o fascismo. Crédeme cando vos digo que se lle alumearon os ollos* *a quen non?
Amo a esta xente, de verdade. No tema da Guerra Civil eran os únicos que atendían e preguntaban. Abraiados coas fotos do exilio: "maestro, pero entonces ustedes hicieron lo mismo que hacemos ahora nosotros"
O máis sobrio dos meus alumnos latinos cando o informo de que aprobou o exame e non ten que facer a recuperación:
Estado de whatsapp dunha compañeira: ✨ERES REALMENTE RICO CUANDO TIENES ALGO QUE EL DINERO NO PUEDE COMPRAR✨ Inmediatamente, a miña cabeza:
O proxecto, polo visto, inclúe a remodelacións das ribeiras do Miño: derrubando edificios e construíndo rañaceos. A ver se deixamos de aplaudir calquera delirio vomitado por unha IA.
Deixádevos de Shakespeare: cada álbum de Uderzo e Goscinny é unha sutil pero magnífica disección da natureza humana. Este cadro, por exemplo, son eu.