O Sobchak
@osobchak
Sendo un repunantinho desde os tempos dos foros de Vieiros. Picheleiro de vello nacionalizado lugoslavo
Que a polémica dos peregríns non desvíe a atención do verdadeiramente importante: Santiago para los santiagueses de toda la vida!
Aquí un señor maior con ínfulas de gafapasta 👴🤓🤔... e que onte esmendrellou da risa co nome dun can nunha peli islandesa 🤷♂️
Isto queda moi bonito pero non é certo. Comezando por todos os nenos que son discriminados nos patios dos coles por "ser malos". Ou ás rapazas ás que non lle deixan xogar con machotes... E dos nazis todos que ateigan o futbol profesional xa nin falamos
Como se nota a realizacion do Leyma non é da TVG. Non hai planos de Rueda na celebración
Ese capitalismo recaudador que abafa a todas esferas... agás aos feirantes... ( #quecopyrightninqueostias
Nesta rede social levase moito o de presumir dos ensaios sesudos que estás a ler, non?
Que vergonza. Neste articulo claramente usan fotos do V-One e o compound V para falar do hantavirus ese
O "Gable de la Gran Manzana", Clemenza e "Hilo de Seda"! Imos vellos, carallo 👴🏀
Detesto o fútbol profesional e TODO o que o rodea ( a vós como seareiros tamén 🫣). Tanto que as veces confundo o futbol profesional co deporte en si. Esta foto do CD Corgo fíxome reconciliarme un pouco con el...
Galegos, imos consentir esta aldraxe por parte dos murcianos a un compatriota????🤣🤣🤣🤣
E a todo isto, non falamos da desvergonza de como fan trampas aproveitando que en moitos paises africanos a capacidade administrativa de certificar a idade de nacemento é bastante feble. Por exemplo aquí tedes un neno de 12 anos do Gran Canaria ( todos os equipos teñen destes)
Desculpa pero considero que estás a ser tendencioso,, xa que neste contexto hai que poñer os datos das ultimas eleccións xerais , non das Galegas. Porque a xente vota diferente en función da convocatoria. Aí tes os datos por provincias ( e eu nin votei nin votarei a Sumar)
Agora que disque vai parar a choiva, debo confesarvos que tou moi decepcionado con tanta queixa polo tema. Moi pouco celtic, of course
Tería sido máis acaída esta foto! Por certo, tiña un compi de clase que era xuvenil do Compos e subía adestrar co primeiro equipo... e seica o Tato trataba de vostede aos compañeiros
Debe ser por este clima tan de Seattle, pero deume por baixar isto ao carro
Sobre o do illamento das casas. Unha das cousas que máis me chamou a antención cando lin a saga Millenium foi que eses suecos durmian todos sempre en bolas
Os que metemos aos nenos en deportes indoor mirando aos do fútbol en inverno...
daily from my own private lazareto. Día cinco: a chuvia acumulada na xanela non impide ver o cemiterio. Eu miro cara el afouto mentres exclamo: not today! Baixoume a febre
E nun xiro inesperado dos acontecementos, acaba de darme favorito ao chío un profe que tiven aos 18 anos na Universidade... 😅
Tamén é certo que con isto do minibasket volvin a militar a tope no chandalismo
Preocúpame moito que a miña filla acabe collendo a senda estética de @xjokix.bsky.social