Ana Pontón
@anaponton
Nai de Icía 🗣️ Portavoz Nacional do BNG 🩵 Amor e confianza en Galiza. En Telegram ➡️
Co PP, Galiza perde. Galiza merece un financiamento xusto, e para iso, debe ter a chave dos seus cartos 🔑💶
Vivimos nun tempo no que nos queren convencer de que a política non serve para nada. Por iso, máis que nunca, 𝗽𝗿𝗲𝗰𝗶𝘀𝗮𝗺𝗼𝘀 𝘂𝗻𝗵𝗮 𝗺𝗼𝗰𝗶𝗱𝗮𝗱𝗲 𝗼𝗿𝗴𝘂𝗹𝗹𝗼𝘀𝗮 𝗱𝗲 𝘃𝗶𝘃𝗶𝗿, 𝗰𝗿𝗲𝗮𝗿, 𝗱𝗲 𝗰𝗮𝗻𝘁𝗮𝗿, 𝗱𝗲 𝗮𝗺𝗮𝗿 𝗲 𝗱𝗲 𝘀𝗼ñ𝗮𝗿 𝗲𝗻 𝗴𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 🩵
Imos a por todas en Ames, porque temos a mellor candidata e un gran proxecto para este concello. Con humildade, pero coa máxima ambición, porque Ames merece máis!
Ponteareas necesita recuperar o bo camiño cun goberno do BNG e cunha alcaldesa como Cristina Fernández. Imos a por todas cun proxecto sólido e ilusionante para construír un concello con máis oportunidades, que poña a xente no centro e que aposte polos servizos públicos.
Celebramos en Ribadeo o legado de quen tivo que emigrar na procura dunha vida mellor, pero sen esquecer nunca as súas raíces. Viva o Ribadeo Indiano! 🎉
En Valga, coñecendo iniciativas que xeran emprego, poñen en valor os nosos recursos e manteñen vivo o territorio.
Na presentación de Lucía Santos como candidata á alcaldía de Marín. O BNG está preparado para darlle a este concello o futuro que merece, cun proxecto ambicioso que mellore a vida da veciñanza. Saímos a gañar!
As baixas laborais non son un cancro, señor Feijóo, é un dereito á saúde da clase traballadora e no BNG imos defendelo con unllas e dentes.
Cóntoche as propostas do BNG para a universidade pública que Galiza merece.
Un pracer estar hoxe no Festival do Viño da Ribeira Sacra apoiando un sector que é clave na nosa economía e que contribúe a manter o rural vivo que queremos
Encantada de visitar a Terra de Soneira para escoitar a veciñanza de Zas e, por suposto, facer unha parada no Castelo de Vimianzo para admirar todo o traballo que hai detrás do #AsaltoAoCastelo 👏🏻
Non podemos permitirnos perder o talento das mulleres na ciencia, porque é clave para o avance do País.
As galegas e os galegos merecen un transporte público eficaz, pensado para facilitar as súas necesidades de mobilidade e mellorar a súa calidade de vida.
Esperanza, ilusión e confianza son os piares do proxecto de Luís Seara para Ourense. Un proxecto pensado para deixar atrás o caos e abrir unha nova etapa chea de oportunidades, estabilidade e futuro. Estou convencida de que, nas eleccións municipais, Ourense vai apostar polo cambio!
Hoxe conmemoramos o aniversario do plebiscito do Estatuto de 1936, no que miles de persoas dixeron ‘Si' a Galiza. Ao igual que elas, no BNG pensamos un país en grande. Por iso, propoñemos un novo status político para Galiza como nación que nos permita mellorar a vida dxs galegxs.
O Día do Orgullo LGTBI+ é un día para celebrar todo o conseguido, pero tamén para reivindicar o dereito e a liberdade de todas as persoas a ser quen queiran ser 🩵
Menos gasto militar e máis gasto social e de apoio aos sectores produtivos.
Parabéns e moitos éxitos a Carmen García nesta nova etapa como reitora da UVigo! A súa chegada é unha gran noticia para seguir construíndo a universidade pública que Galiza merece e un motivo de orgullo para todas as mulleres.
Que fará Rueda cando este xoves se aprobe no Congreso a transferencia da AP-9?
Comparto con vós algunhas cancións para celebrar o Día Europeo da Música! 🎶
Grazas ao CiQUS pola visita e a María Giménez por explicarnos o seu proxecto sobre almacenamento de enerxía, clave para o futuro do País.
Na presentación de Camilo como candidato á alcaldía de Xinzo de Limia. Imos con toda a ilusión, compromiso e esforzo para gañar as eleccións municipais, porque Xinzo merece máis!
Encantada de estar na presentación da nosa candidata Cristina Vázquez, a alcaldesa capaz de construír un Laxe en grande, porque ten ambición e ilusión, equipo e un proxecto para facer un concello mellor. A por todas!
Co proxecto ambicioso, ilusionante e de futuro de Mon Fernández, o BNG é a alternativa que Ferrol necesita para abrir un tempo novo na cidade. Imos a por un Ferrol en grande!
Este domingo temos unha cita na Illa de Arousa para defender o futuro da ría fronte a proxectos megacontaminantes como Altri ou a mina de Touro.
Grazas á dirección de Martínez Otero por recibirnos e por demostrar que en Galiza temos o talento e a capacidade para impulsar proxectos de altísima calidade en calquera lugar do mundo.
O PP non ve as baixas laborais como un dereito, senón como unha perda de tempo e cartos. Rueda debe retirar xa o plus "anti baixas", que pon en risco a saúde das persoas traballadoras.
No acto de presentación de Lores como candidato do BNG á Alcaldía de Pontevedra. Traballaremos con toda a forza por outros catro anos de avance e por seguir demostrando que esta cidade non ten teito!