Antón Porto
@antonporto
En Mastodon son @antonporto@mastodon.gal E en Pixelfed son @antonporto@gram.social
Teño uns xefes na horta (aka meus pais) que non queren rarear a froita, así que acabamos con acios de peras, mazás, peros e repinaldos máis ben de tamaño mincha.
Na foto só se ve unha pequena ondiña, pero ao vivo eu estou vendo unha lontra na ría do Burgo, entre O Seixo (Liáns) e Acea de Ama (O Burgo). Nunca me cadrara de velas aquí e estou todo feliz.
Estiven nesa sala en maio e pasmei. O mellor de todo: no medio de toda esa loucura de decoración vexetal, aparecen os sanandresiños. 🤩
Hoxe, a auga na praia de Portocovo ten temperatura albanesa. Antes alegrábame. Agora xa non tanto.
Aínda veño agora da horta, con noite. E que feliz me fai esta colleita de hoxe!
Non me puiden resistir a procurar o conxuro no móbil e proceder a recitalo a berros, con omisión dos versos que acho impronunciables por cuestións de xénero. Oficialmente vivo nunha distopía, é 1970 e son o Manuel Fraga woke.
Onte tiña unha cea na Coruña cos da miña escola de percusión; tocamos e cantamos, a dona do local insistiu en facer unha queimada. Pode haber vinte anos que non me atopaba cunha queimada diante dos fuciños. Pois, non sei como, acabei co cullerón remexendo na augardente.
Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre viñeron dar un concerto na primeira noite do Serán d'aquí e convidaron as nosas pandeireteiras a acompañalos no palco para un par de temas. Foi 😍😍😍😍😍😍😍
Pois xa vai nunha šopska salata con todo da horta, incluído un dos derradeiros abacates deste ano. O queixo do Cebreiro non é da horta, pero xa me entendedes.
@amedoenoxo.bsky.social Inma, o primeiro cogombro! Aquí tamén celebramos!
No Xardín Botánico do Burgo, concertazo de tributo a Richard Galliano no BurgoJazz 2026.
Hai dous anos puxemos unha pereira de cedo, variedade Magallón, e este ano xa vimos que tiña unha ducia delas. Onte salvamos a metade, porque maduraron antes do que esperabamos e xa as velutinas paparan o resto.
@manuelrivas.bsky.social abre a celebración final da V Festa de Poesía Atlántica Amergin, na praia do Areal.
Mirade se As Mariñas son unha comarca natural, que están aí pintadas de castaño no mapa de Meteogalicia das temperaturas máximas de onte.
Mesmo cadrou que interpretaron "Santa María, estrela do día", unha das cantigas de Afonso X, polas celebracións do 800⁰ aniversario da consagración da catedral. 👌
Iso si, a catedral de Tui estaba a 10 graos por baixo da temperatura exterior e deunos a vida.
Onte tiñamos que ir á feira de Vila Nova de Cerveira e iamos medio agrimados porque sabemos que o Miño é unha terra máis quente ca As Mariñas. E resultou que fomos tomar o "fresco".
Sinto que estou vivindo unha situación distópica: acorando coa calor nunha terraza á medianoite, coa ría da Coruña aos nosos pés e os lóstregos alumando o ceo por tras do monte de San Pedro, cara ás Sisargas.
Saín de "Iribarne" e teño a sensación de que vin todo o que vivín de pequeno e mozo, ademais de todo o que me contaron na casa, de antes de eu nacer.