Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña
@bibcoruna
📚 Rede de Bibliotecas Municipais 📍 Concello da Coruña ✨ Conectamos persoas e historias #biblioteca #lectura #cultura #actividades #servizos 📖 Acompáñanos a explorar o mundo das palabras e o coñecemento dende #ACoruña
Este verán o ceo da Coruña será escenario dun dos fenómenos naturais máis impresionantes que existen: unha eclipse total de Sol. A continuación, veremos algúns dos datos máis curiosos sobre este fenómeno astronómico. #Recomendamos #bduranloriga #curiosidades #sabiasque #eclipse
Coñecida polos seus retratos de intelectuais e artistas no París dos anos 20 e as súas fotografías da vida urbana e arquitectura de Nova York na década de 1930, Abbott deixou unha pegada significativa na historia da fotografía #mulleresextraordinarias #BereniceAbbott #fotografas
Berenice Abbott nace en Ohio o 17 de xullo de 1898. Foi unha destacada fotógrafa estadounidense do xénero documental e unha figura clave do movemento de fotografía directa. #mulleresextraordinarias #BereniceAbbott #fotografas #manray
Hoxe celebramos eses pequenos iconos que transformaron a nosa maneira de comunicarnos. Adiviñas estos títulos de libros famosos solo con emojis? Ponte a proba e comenta as tuas respuestas! 👇👇👇 1. 🧙♂️⚡📖 2. 🌊⚓🐋 3. 🏝️🗺️👑 4. 🧛♂️🦇💔 5. 👦🐍👑 6. 👩🏻🍎🍏 7. 🐉🏰⚔️ 8. 🧒🐻🌲 #DíaDoEmoji #Emoticonos
📚 Unha viaxe, amizade, misterio e personaxes que deixan pegada. A nosa recomendación de hoxe en #365DíasDeLetrasGalegas é Os caravanistas, de Elizabeth von Arnim, na súa tradución ao galego. 💬 Que libro vos levou máis lonxe sen saír da casa? #365DíasDeLetrasGalegas #LiteraturaGalega #ACoruña
#BookFaceFriday Hoxe a portada de Saturnia, de Alberto Martín Curto, cobra vida. 🌹 Unha novela envolta en beleza, memoria e misterio. Daquelas lecturas que tamén se contemplan. 📖 Xa a liches? #Saturnia #AlbertoMartínCurto #bcastrillon
O traballo nunca remata nas nosas bibliotecas! Se pensabas que tiñas moitos libros pendentes de ler, bótalle unha ollada á nosa mesa pendentes de catalogación. Necesitamos unha superheroína para axudar con esta montaña! 💪😅 #MontañaDeLibros #catalogacionbibliotecaria
Fala do paso do tempo, a soidade, o fracaso e a necesidade de atopar sentido á vida. Tamén retrata os cambios sociais e económicos de España desde a 2ª metade do s. XX ata a hoxe. #inspirandote #novelabiografica #recomendamos #bduranloriga @manuelvilas.bsky.social @penguinbooksusa.bsky.social
Non lembras cando devolver os libros? Este #Bibliotruco é para ti: ✔ Consulta os teus préstamos ✔ Renóvaos se aínda estás a tempo ✔ Engade a data ao calendario ✔ Ou envía o recibo por correo Menos despistes, máis lectura tranquila. 📚📅 #Bibliotrucos #FormaciónDeUsuarios #BibliotecasCoruña
Tal dia coma hoxe de 1908, as mulleres competiron por primeira vez nuns Xogos Olímpicos na era moderna! Este feito histórico marcou o inicio dunha nova era no deporte, abrindo camiños para a igualdade e a participación feminina no ámbito deportivo. #MulleresNoDeporte
Moito antes da publicidade nas redes ou na televisión, as fábricas de chocolate coruñesas xa conquistaban ao público con carteis, cromos, postais e reclamos comerciais de gran beleza. Porque o patrimonio tamén se pode saborear... coa mirada Cal destes documentos che chamou máis a atención?
Santiago, un vello pescador cubano que atravesa un longo refacho de mala sorte sen conseguir pescar. O protagonista enfronta o cansazo, a dor e a forza da natureza, mostrando unha gran resistencia. #inspirandote #noveladavidacotia #recomendamos #bduranloriga #hemingway @penguinbooksusa.bsky.social
Este mes viaxamos co reto lector, pola terriña ou explorando novos horizontes. A que lugar che apetece voar coa imaxinación? Seguro que temos un libro para ti. #RecomendamosBMC #bcastrillon #RetoLector2026
Durante o verán, ven á biblioteca a xogar! 🎲♟️🥳 Estes meses, non aplican os horarios de xogo libre e pode xogarse en calquera momento calquera día da semana. Descubre a nosa colección de xogos de mesa! ℹ️https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/xogar-na-biblioteca #bibcoruna #XogosdeMesaBMC
☀️📚 Xa podes consultar a folla informativa deste verán na Biblioteca de Castrillón. Atoparás recomendacións lectoras e moitas novidades. Se buscas a túa próxima lectura para as vacacións, pásate pola biblioteca e descóbreas. ✨ #bcastrillón #Novidades #bibcoruna
A autora reconstrúe a súa infancia na Mancha a través dos recordos. A partir desas historias, reflexiona sobre a perda das raíces, o mundo rural e os cambios sociais da España contemporánea. #inspirandote #novelabiografica #recomendamos #bduranloriga #anairissimon @penguinbooksusa.bsky.social
📚 Hoxe propoñemos Ventre de madeira, de José Carou, premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. Recorda o atentado de 1990 na discoteca Clangor da Rocha, na periferia de Compostela. Unha novela íntima sobre responsabilidade e perda. #365DíasDeLetrasGalegas #GaliciaLe #RecomendamosBMC
Entramos de pleno no verán. Non apetece xa vivir aventuras e planificar escapadas? Propoñémosche títulos refrescantes para que goces da Coruña e bisbarra con outros ollos. Nós poñemos os libros: ti decides! #bibcoruna #recomendamosBMC #viaxesBMC #lecturasdeverán
Nunha pequena vila de Bretaña existe unha biblioteca que garda manuscritos rexeitados por editoriais. A través dunha narración áxil e con humor, o autor constrúe unha historia que engancha #inspirandote #noveladavidacotia #recomendamos #bduranloriga @alfaguara.bsky.social #foenkinos
As noites telúricas teñen o poder de transformarnos en poetas (e, se non o cres, mira o vídeo...), pero non por iso deixamos de recomendarche lecturas! 😉 Desfruta a festa e lembra que mañá, como cada festivo, estaremos pechadas! Vémonos o xoves 25. Feliz noite meiga🫶🔥😍 #bibcoruna #SanXoánNaCoruña
📚 Novo luns de verán e nova parada en Lendo de pequena, lendo de maior! Esta semana acompáñanos Alicia, bibliotecaria no Castrillón, compartindo os libros que a fixeron soñar de pequena e os que hoxe ocupan os seus momentos de lectura. Porque o verán tamén é tempo de descubrir historias 💙📖
🎧 Que está a soar en Galicia? A resposta pode estar neste libro. Galicia, MusiCalidade, @galiciamusicalidade de @noelturbulencias e @marivisuarte percorre a escena musical galega actual. Perfecta para celebrar o Día Internacional da Música. 📚 Descúbrea na túa biblioteca. #DíaInternacionalDaMúsica
🎧 Un clásico da literatura galega… para escoitar cando queiras. Esta é a túa oportunidade de mergullarte na primeira novela moderna en galego. Maxina nace marcada pola desigualdade e polos prexuízos dunha sociedade que non a quixo ver.#365DíasDeLetrasGalegas #GaliciaLe #RecomendamosBMC
🌿📚 En 365 días de Letras Galegas recomendamos Vitamina N. Guía esencial para unha vida rica en natureza💚 E se vos interesa esta temática, lembrade que nas Bibliotecas temos a sección Biblioteca Verde, chea de lecturas para seguir explorando o mundo natural. #bcastrillon #BibliotecaVerde
🥗18 de xuño, Día da Gastronomía Sostible🥗 Un día para reflexionar sobre os alimentos que consumimos, o xeito en que os preparamos e a súa procedencia. ℹ️https://www.fao.org/sustainable-gastronomy-day/es #bibcoruna #BibliotecaVerdeBMC #BibliotecaVerde #recomendamosBMC #DíaDaGastronomíaSostible
A historia segue ao sr Linh que foxe do seu país devastado pola guerra levando á súa suposta neta. É unha obra curta pero moi intensa, cun estilo sinxelo e un desenlace sorprendente e conmovedor. #inspirandote #noveladavidacotia #recomendamos #bduranloriga @salamandraed.bsky.social #philippeclaudel
☀️ O verán cambia moitas cousas... pero non as ganas de ler. Do 15 de xuño ao 15 de setembro entran en vigor os horarios de verán das Bibliotecas Municipais da Coruña. Consulta neste video os horarios de cada centro. #BibCoruña #VeránConLibros #HorarioDeVerán #ACoruña
Un circo, un Cadillac V12 e unha conspiración galega nos días previos á Guerra Civil. A idea xorde dunha visita de Franco ao Peñón en marzo do 1935. Taibo xoga a encher os ocos da historia e imaxina os acontecementos posteriores. #365DíasDeLetrasGalegas #GaliciaLe #RecomendamosBMC
🕶️☀️Quedan xusto 2 meses para a eclipse, e aquí xa levamos un tempo a prepararnos: mostras, charlas e obradoiros para saber todo sobre o fenómeno! 📲https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/detalle/a-coruna-cidadeeclipse-tamen-nas-bibliotecas/contenido/1453917976947 #bibcoruna #CidadEclipse #eclipse2026
📚 #LunsDeEncontros O poeta coruñés Ramiro Torres presenta o seu novo libro, Hipnose Encarnada. 📅 15 de xuño 🕖 19:00 h 📍 Biblioteca Fórum Metropolitano 🎟️ Entrada libre até completar capacidade Un encontro arredor da poesía, a creación e a experiencia poética.