O Dosi Veiga
@dosiveiga
Físico, astrónomo amador, hostaleiro accidental e plantador de castiñeiros. Proxectos actuais: www.CeosGalegos.com (ten BlueSky) e www.LeirasDeProgo.com
Encántame entrar na web do banco e aumentar a miña cultura xeral. Inmediato = facëmolo xa. Porque, claro, en caso contrario sería "transferencias con atraso" ou algo así. 🤷 O do bilingüísmo harmónico xa o analizaremos
Non me gusta facer moito "auto-spam" aquí. Ao abandonar Tw dcidín diminuír o nº de perfís que dou xestionado: quedaron 2 proxectos algo orfos. Nun deles, o Náutico de Castrelo (ten FB e IG), estamos a "presumir" de sermos un oasis. Hoxe máis ca nunca; non temos TV. Damos ceas. Somos riquiños.
Coller un día libre coa dona en meses e comezar tendo que ir ao Cash por 4 cousas para o bar-restaurante. Aínda pode empeorar. Polo pronto, a gozar...
Hoxe toca xornada de estudo en Vinhais. Soutos que están a seren regados e analizados para extraer conclusións. A aprender.
Unha hora fregando o chan de toda a casa, atopando unha ducia de xoguetes que estaban baixo mobles e camas, e o Max decidiu que nada mellor ca bolsa de cenouras para botar uns xogos. 🤷 Ata o Bert parece pensar que é parvo. (A cenoura que había dentro tirouna antes, claro)
Anotado! Junto a dos repelentes, la crema solar con citronela y la ropa larga para andar por el monte. Y mi sentido arácnido, que hasta ahora es el que me está librando. (4/4 este año 😎).
O voso domingo que tal? Eu regando os 30 castiñeiros e 80 abeleiras que plantei cun amigo na súa leira de Cea. E vendo o fermosos que están. Exactamente, exporto coñecemento 🤪
Pois entón aí vou. Regaleille isto a unha compi/traballadora que le moi pouco (ou nada). E non é por lle meter presión, que tamén. 😁
Catro anos. Estaba regando ás presas e tireille foto de urxencia. É dos pioneiros, un dos sobreviventes dos primeiros 50 plantados. Sobreviviu ataques de corzos e vacas, xeadas, regas escasas... Na #LeiraAMontán, hoxe con 300 castiñeiros variedade xudía. Catros anos.
Ourensanians... Non avisei pero, se é xoves, no Náutico de Castrelo temos música ao vivo. En canto se poña o sol porque antes é imposible. Cora en acústico. Será outra desas noites... para gozar ☺️
Pois para o do Agustín tamén xa lle están dando. Aínda que, ao mellor, é sorna moi fina que non acabo de comprender.
Vaia, vaia... (Si, Telefónica devolveulle á miña empresa 500 e pico lereles).
A boa nova do día. O entalado daquel castiñeiro que sufrira o ataque da fauna salvaxe funcionou ☺️ Segue ver, medra e está fermoso.
Vale, só foron 800 m para non facer un Tetris moi complexo na Besta®. Para dous días que vou traballar penso que vou ter abondo 😑 A semana que vén mercarei máis.
Ourense!! Cha-cha-chá. Ourense!! Cha-cha-chá. Campións, campións, oeoeoeoooo...
En Ourense imos ter noite fresquiña. Non se poñer pixama ou durmir en porretas coma onte. 🤭 Por fin.😁
Pero que mal impoñemos o galego, vaia. Contexto: feira Forestal en Boqueixón promovida por Abanca nun espazo público. Todo mal.
Será que é domingo pero non o entendo. Eu penso que non con monicreques. Que merda é esta @laregion.es ?
Ollade que bonitiño... Os de Altri regalando carballiños en Galiforest. A que son súper🤬?
Arzuanos/as (ou como vos chamedes) e boas xentes da contorna: - na antiga Casa de Correos - sábado 4 ás 12:00 - eu - falamos de astronomía (en formato eclipse total de sol), con contiños súper-chulos
Para me adiantar a vaga de calor (nas #LeiraDeProgo) onte adiantei algunha rega dos castiñeiros. Resultado, 4.000 l de auga movidos coa Besta (ás veces en modo saltimbanqui como na foto) e 400 l nun dos regos por goteo xa funcionais. E porque non puiden bota máis horas, senón movía outros 2.000 l.
Por iso de se hidratar un, que anda todo o día no monte traballando con 30 e pico graos (porque alguén ten que mirar polos castiñeiros), o outro día mudei o plan. Cousa de lervos por aquí, que moita auga era mala. Así que boteille o contido dun te dobre e algo de azucre a 1,5 l de auga conxelada.
Na aldea (e no país, en xeral) cada vez que digo que vou regar os castiñeiros, que quero poñer rego por goteo (xa estou nelo) e sondas no terreo para controlar humidade, meteoroloxía... a xente dime que non fai falla, míranme mal e, de certo, pensan que toleei. Os veciños da outra beira da raia: