Efervesciencia
@efervesciencia
Doses de ciencia sen contraindicacións na @radiogalega. Xoves 21:05h. Tamén podcast. Coa colaboración de FECYT-Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Plan A: Ribadeo descartado. Plan B: Abadín. Onte á hora E, vista impresionante da Terra Chá. Hoxe ceo gris e néboa no cume. Plan C: Vilalba. Destes castiñeiros xa non nos movemos. Por certo, moi boa cobertura á tarde da Radio Galega
Claro. Desta historia temos un programón que gravamos en con público no Teatro Colón de Coruña onde facemos un radioteatro das aventuras de Rodríguez con música ao vivo - En Spotify open.spotify.com/episode/3Hxy... - En Ivoox open.spotify.com/episode/3Hxy...
Este venres teremos o noso obradoiro "Comunicar ciencia na radio" para investigadores. Avisamos, as prazas voan. www.efervesciencia.org
Ás 21h na #radiogalega a nosa cita efervescente levaranos a coñecer á implantación das tecnoloxías profundas (cuántica e IA) en Galicia da man de #GAIN
Esta noite ás 21 h falaremos na #radiogalega de dor persistente con Maite Carrillo e Alejandro Queroz @ipsius.bsky.social Desde #painless levan a cabo un estudo clínico sobre a dor persistente oncolóxica nun estudo triple cego con neuroestimulación cerebral eléctrica
Outro ano máis estivemos na Galiciencia en #Tecnópole. Nesta ocasión impartimos obradoiros de ciberseguridade con 15 grupos Aprendemos unha chea de cousas, escoitamos á rapazada. Non é un tema menor.
Onte presentamos con Iolanda Casal no Consello da Cultura Galega o informe "A divulgación científica en galego nas redes sociais" consellodacultura.gal/noticia.php?...
Hoxe ás 21 horas na #radiogalega visitaremos o museo Mar de Sorrizo en Arteixo para coñecer as candorcas ibéricas da man da @cemmacetaceos.bsky.social #polarquest.org, ArsCiencia e a bióloga e bailarina Eva Quiroga
Ás 21h na #radiogalega levarémosvos á ultima edición de "Ciencia na aldea" desde Pena da Nogueira en Negueira de Muñiz, orgnizada pola Asociación Corripa. Dos programas fermosos da tempada. @conchilillo.bsky.social
O relato orixinal de Senén Barro "A extinción de humanos e máquinas" 🤖 deunos para reflexionar e aprender sobre as Tecnoloxías Intelixentes. 🧠 @citius.gal Cónstanos que está a gustar. 👍 Escóitao na túa aplicación de podcast 🎧 www.ivoox.com/efer-734-5-2...
Agora ás 21 h na #radiogalega visitaremos o laboratorio de @mobilegenomes.bsky.social do @cimususc.bsky.social para falar de meigas, minións, xenes saltaricos e ... Hamlet. Vale, e tamén do seu último paper en @science.org
Teño a app de Youtube actualizada en android e non me da esa opción. Será que xa se botaron para atrás?
Esta noite na #radiogalega ás 21 h emitiremos, por fin, un deses programas fermosos. Desde o teatro Colón no festival CoruñaComunicaCiencia argallamos un emotivo radioteatro en vivo con César Goldi @xavelino.bsky.social Manu Fernández @estibalizespinosa.bsky.social e o piano de Juanjo Fernández
Aínda que o enviaron hai meses, por fin teño nas mans "Arestas de sustentabilidade" de @sindofeijoo.bsky.social Grazas! Estas son as cuestións que deberían centrar a nosa atención dispersa polo ruído actual.
Sempre vale a pena escoitar a José Edelstein. Este mércores en Compostela vasos comumicantes entre arte e ciencia.
Hoxe mércores ás 20 horas no Teatro Colón da Coruña representaremos "Elemental" nunha sesión compartida coa pianista e matemática Laura Farré. Entradas na web de "Coruña Comunica Ciencia"
A IA está equivocada. Esta charla que tiven a sorte de dar en #NaukasBilbao2025 non vai en absoluto do que di a imaxe de abaixo🔭 É unha historia que no proceso de documentación me sorprendeu constantemente Cando vexas estes 🔟minutos has ter a mesma experiencia☺️ www.youtube.com/watch?v=_0yz...
#podcast Estrelas masivas e a misión Euclid da ESA explicadas desde o Astrogalicia @dosiveiga.bsky.social @ceosgalegos.bsky.social @sergiopereiralema.bsky.social go.ivoox.com/rf/167936412
A evolución en acción. Atopan hibridación en paxaros de dous xeneros separados hai 7 millóns de anos co Nacho Munilla #podcast go.ivoox.com/rf/167905229
Esta noite ás 21 h na #radiogalega estreamos colaborador, Senén Barro @citius.gal e o seu relato "A extición dos humanos e máquinas". Tamén teremos previa do festival #coruñacomunicaciencia con David Ballesteros. Atentos que regalamos entradas para asistir de balde.
Unha cousa bonita que apareceu esta mañá na caixa de correo. Agora a gozalo. Grazas @ranucen.bsky.social
"Liadas Pardas" é un podcast argalleiro que promove a Comisión de festas do barrio de San Pedro O venres 3️⃣0️⃣ gravamos novo episodio. Ás 🕗 20 h na @escolaunitaria.bsky.social Se queres contar a túa "miseria" mentres facías "a ciencia" ou a contabas escribe á comisión 📩 festasdobarrio@gmail.com
Esta noite estaremos no @cretus.usc.gal para conversar con @jaimealmansa.bsky.social sobre expolio e tráfico ilegal de bens arqueolóxicos. Este non é país para detectoristas furtivos Como sempre ás 21h na #radiogalega
Esta fin de ano, a Radio Galega vai estar a tope coa ciencia mellor contada e cantada 📻✨ Os de Efervesciencia sairemos ás ondas o Luns 29 🗓️ Martes 30 🚀 e Xoves 1 🌌 ás 21 horas E tamén o Sábado 3 🌟 e Domingo 4 🌠 as 10 horas