miguel
@ememonogaiteiro
Uneventful days. Film/video editor.
O peak da miña carreira, Sergio Camello comentando algo no que participei
Levo 90 horas ao Silksong e todavía estou no acto 2. Sempre hai algo máis que facer, algo máis que explorar, encántame.
O outro día xogamos Wingspan, un xogo sobre ser ornitólogo e ir coñecendo paxariños. Gustounos moito, é moi chill e apréndense curiosidades sobre os animais. Ademais mercamos figuriñas de paxaros para cada un de nós ✨
Xoguei coa miña familia a "Rebel princess" un xogo de bazas catalán con un arte moi bonito. O xogo base é moi sinxelo e iso venlle perfecto, porque sobre esa primeira pedra vanse engadindo mecánicas que capa a capa constrúen un xogo que está en constante cambio. Pasámolo de puta nai.
1. Caught by the tides 🇨🇳 A realidade filmada en vídeo transfórmase en inmortal. A cámara, ese dispositivo embruxado, captura o presente para que o pasado chegue ó futuro. O cine mostra os restos arqueolóxicos no medio da escuridade. Na soidade colectiva observamos un mundo que xa non existe.
2. Flow 🇱🇻 Hai xente que di que esta peli é fea????? Meu... A road trip do ano (xa lle molaba á das minas). Un filme precioso que fala dunha das cousas que máis me interesa nestes tempos que corren: non estar só cando chegue a fin do mundo.
3. It was just an accident 🇮🇷 "O pobre de tan bo é parvo". Penso moito tras vela, pese ao mal que poida soar, en que a esquerda ten que permitirse ser "mala". Aínda que sexa unha quimera.
4. Kontinental 25 🇷🇴 O Radu Jude ten que ser un tipo gracioso. Molaba ir tomar algo con el. Cando unha peli che permite sair da sala triste coma un neno ao que se lle caeu un xeado recén mercado, mais estiveches toda a sesión botando unhas risotadas irónicas... É ahí. Guía.
5. By the Stream 🇰🇷 Que me gusta unha peli do Sang soo e ademais agora aprendendo sobre feminismo a través dos cambios que está a sufrir a sociedade coreana. Gústame un pouco que un home tan cuestionable e con tanta fama aínda sexa capaz de baixar a orella e permitirse aprender.
6. Sentimental Value 🇳🇴 Se Trier chega a filmar esta peli dentro de 20 anos estaría moito mellor, máis teño que dicir que é unha proposta moi intelixente e ambiciosa (quizais de tanto que o é, pérdese un pouco). O final é do mellorciño que vin este ano no cine.
7. Queer 🇮🇹 A escea de Daniel Craig fumándose un piti con Leave me alone... Bueeeeeeeno 🧠⚡ Interésame moito como Guadagnino explora o amor e as relacións sentimentais dende perspectivas tan diferentes. É un home obsesionado co cariño, o amor, o desexo e o retorcidos que estes poden ser.
8. Blue sun palace 🇺🇸 Ópera prima que pese aos seus problemas (non sei se rodala en 35mm foi a mellor idea) resultoume moi inspiradora a nivel persoal polos seus temas e certas ideas que resoan en min de forma especial. Gustoume moito e saín moi feliz do cine tras vela.
9. All we imagine as light. 🇮🇳 Que descubrimento Payal Kapadia e o seu equipo que firman unha película con moita sensibilidade e un toque poético na súa proposta visual que lle senta de marabilla. Permítese ser crúa cando ten que selo. Gañas de máis.
10. A real pain. 🇺🇸 Traxicomedia que funciona mellor nas distancias curtas e foime perdendo un pouco co paso do tempo. Uns traballos actoral e de guion magníficos que sosteñen o todo. A dor máis perigosa é aquela que pulsiona soterrada aparecendo de cando en cando.
15. Brief history of a family 🇨🇳 14. Sinners 🇺🇸 13. If only I could hibernate 🇲🇳 12. Black dog 🇨🇳 11. Sorda 🇪🇸