Etidequenvesendo
@etidequenvesendo
De verdade vos gusta definirvos con catro palabras? 🙋🏻♀️
Levamos 4 meses de sol abrasador calor e nin nube nin auga. Pois veu o eclipse e unhas nubes decidiron xogar, deixando ver o proceso, pero ocultando xusto o momento do anel. Ó estar o día máis fresco, tampouco se notou tanto o da temperatura. Aínda así, pagou a pena. Campás da igrexa e aplauso tamén
Demasiado tempo sen amosarvos un anaquiño de mar. Bueno, si, onte. As queixas a san Pancracio
Non no meu caso. O tempo en bici multiplica por tres (3,5) o do coche e iguala ó do transporte público
A ver, en pleno 2026 esa frase, ese titular, quedan un pouquiño... 🙄
Querida amiga Brétema: Sei que non sempre nos levamos ben, sei que máis dunha vez te critiquei de máis, pero estaba afeita a verte sempre nesta época e bótote de menos. Por favor, volve!!
Que ben senta saír camiñar unha tarde ó soliño. Ás veces imos por rutina, pero cambias o camiño, ou simplemente o espírito, e chegas coas pilas cargadas 😊
O prioritario é garantir a seguridade dos peóns e non se cumple. Por moitos carrís e tráfico que haxa, as bicis son veículos e teñen o seu espazo. Neste caso non hai espazo peonil como para poder compartirse (real 0,5-1 fronte a mínimo normativo de 2,5)
Andiven paseando entre rúas e patios, entre pedras e flores
A anterior parada, para quen non a coñeza, sen ser ningunha marabilla, cabía bastante máis xente e buses, e tiña a protección das árbores en vez de alas para que entre mellor o vento. O paisaxista debe ser do Mediterráneo
Unha parada de bus pola que pasan 102 liñas de buses a razón de 2.000 persoas cada día e 731.342 en 2024. Normalmente hai 1/2 buses dobres e ata 3 normais parados. Pois este é o espazo para agardar: banco para 3-4 persoas, sen protección para vento nin auga. www.laopinioncoruna.es/coruna/2026/...
Moito. Chegamos tarde para ver os bufóns (vímolos de lonxe), pero a paisaxe e o sonido...
Eu saía hoxe de ruta. Os compañeiros ían sair do seu lugar de orixe ás 8 para estaren aquí ás 9, e hai nada que acaban de saír. Xa vou no segundo café e igual aínda me da tempo a limpar os baños. O meu cadro sería este
Non sei se se pasaron co fotoxó ou que, pero esta foto da moita grima.