Fóra de Mapa
@forademapa
O podcast que busca dar a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa. Desde a diáspora, con María Sabarís @msabaris.bsky.social en Londres e Juan Vergara @dosdorei.bsky.social en Bruxelas
E esta cultura propia vese claramente en mostras que van máis aló dos carnavais, o Combo Dominicano e o reggaetón. Por ex. na vitalidade da loita canaria, o deporte nacional, as festas populares como a do charco ou a da rama ou o sincretismo relixioso do arquipélago.
Se hoxe andades por 🇫🇴 é capaz que vexades unha chea de desfiles, concertos, regatas de traiñas... porque celebran o Ólavsøka, o patrón das illas Feroe, san Olaf. Non se diferenza moito dunhas festas patronais galegas nunha vila da costa, pero cun caracter máis nórdico.
Hoxe en 1865, 153 colonos galeses chegaban á Patagonia 🇦🇷. Construíron unha nova 🏴na que a lingua e tradicións do país floreceron. A pesar duns comezos ben duros as colonias consolidáronse. Hoxe hai centos de falantes de galés en 🇦🇷, na provincia meridional de Chubut
Onte unha comunidade lingüística ben particular celebrou o seu día. Os miles de falantes de esperanto recordaron a publicación de Unua Libro en 1887 polo creador do idioma, L. L. Zamenhof. Esa data marca o nacemento do movemento esperantista global.
Hoxe, en 2010 a Corte Internacional de Xustiza da Haia dictaminaba que a declaración unilateral de independencia de 🇽🇰 en 2008 non violaba o dereito internacional porque este non prohibía as declaracións de independencia. Foi a 1ª vez que a Corte xulgaba un caso como este.
De paseo por París topamos a tumba de Adamantios Korais, o creador do katharevousa, a forma limpa do grego que durante século e medio competiu coa forma popular desta lingua. A esa "convivencia" lingüística de katharevousa e grego popular chamouselle diglosia
O pasado fin de semana recordaban en 🇵🇱 as vítimas das masacres de Volhynia. Na rexión, hoxe de 🇺🇦, o Exército Insurxente 🇺🇦 asasinou a ducias de miles de polacos nunha guerra civil xenocida na retaguarda da IIGM. Esta matanza e o seu recordo é unha fonte de conflito entre 🇵🇱e🇺🇦
Onte, os nosos amigos de #Silesia manifestáronse polas rúas de Katowice/Katowicy pra demandar o recoñecemento da súa identidade e lingua silesias e a recuperación da autonomía política pra rexión. Case 600.000 cidadáns considéranse silesios segundo o censo de 🇵🇱
Os flamencos celebran hoxe o seu día nacional pra conmemorar unha victoria contra 🇫🇷 no séc. XIV. Flandres é hoxe a rexión máis dinámica de 🇧🇪 cunha lingua normalizada, a pesar de que hai un século e pico os flamencos eran vistos como poubanos que falaban un dialecto de labregos
Máis de 50 persoas foron condenadas polo Tribunal Penal Internacional para a ex-Iugoslavia, e os tribunais 🇧🇦 🇭🇷🇷🇸 por xenocidio e crimes relacionados coa masacre, entre eles Ratko Mladić e Radovan Karadžić. Hoxe a entidade serbia de 🇧🇦 sigue a negar o xenocidio.
Hai 31 anos as forzas serbobosnias cometían un xenocidio na vila 🇧🇦 de Srebrenica, asasinando a 8300 bosníac@s (a máis nova de 2 días, a máis vella 94 anos) Aínda quedan centos de corpos por atopar e identificar. Hoxe entérranse a 10 máis no enorme camposanto monumental de Potočari
Llívia quedaba conectada con Catalunya por unha estrada que segundo o tratado dos Pirineos debía ser de libre tránsito. Nos 1970s 🇫🇷 construiu a N-154 que tronzaba a estrada que conecta Llívia a Puigcerdá, e chantou sinais de stop. Comezaba un conflito diplomático entre 🇪🇸e🇫🇷
Hoxe o Tour de 🇫🇷 vai pasar por onda Llívia, un exclave do Reino de 🇪🇸 rodeado de territorio francés debido a que se aplicou o Trat. dos Pirineus (1659) de maneira literal. A monarquía hispánica cedía a 🇫🇷 as aldeas ó norte dos Pirineos, pero como Llívia era unha vila pois...
Man non forma directamente parte do 🇬🇧, é unha dependencia da Coroa Británica. Londres encárgase da súa defensa e relacións externas e os paisanos de Man teñen a cidadanía británica por nacemento. De feito, entre 1973 e 2020 a illa de Man non formou parte da 🇪🇺
Os nosos primos célticos da illa de Man🇮🇲 celebran hoxe a súa festa nacional, o #LaaTinvaal. Neste día as institucións locais reúnense nun prado pra, de maneira ceremonial, proclamar as normas do país e renovar os xuramentos de lealdade á Coroa Británica e á lei da illa.
Hoxe hai 80 anos, na cidade 🇵🇱 de Kielce, 42 xudeus polacos sobrevivintes do holocausto eran asasinados polos seus veciños católicos. Este foi o maior pogromo en Europa logo da IIGM e unha mostra de hostilidade que sufriron moitos sobrevivintes ó voltaren ós seus fogares.
Logo de séculos de represión, a masacre significou un cambio entre os fieis alevís de 🇹🇷, reforzando aínda máis a súa identificación etnorelixiosa. A situación mellorou nos 2000s e 2010s pero esta minoría aínda sufre prexuízos en 🇹🇷, que fan que moitos escondan esta identidade.
Hai 33 anos, unha turba de radicais sunnitas queimaba un hotel en Sivas 🇹🇷 no que se organizaba unha celebración aleví, unha rama do Islam seguida por uns 14M de fieis en 🇹🇷. 37 persoas morreron neste incidente no que policía e bombeiros non fixeron gran cousa pra impedilo.
Hoxe, en 1914, un grupo subversivo 🇷🇸 fracasou no seu intento de asasinar ao herdeiro austrohúngaro, Franz Ferdinand, durante a súa visita a Sarajevo. Horas despois, un rapaz membro do grupo atopouno por casualidade e matouno canda a súa muller, a princesa Sophia. Xa sabedes o que veu despois.
Hoxe, en 1940 o exército 🔴 entraba en Besarabia (hoxe 🇲🇩 e anacos de 🇺🇦) e o N. de Bucovina e a URSS anexionábase estes territorios. Esta acción era consecuencia do pacto Molotov-Ribbentrop entre o III Reich e a URSS. A anexión provocou un desprazamento masivo de xentes.
Os supervivintes chegaron a unha 🇦🇱 dominada polo PPSH de Enver Hoxha, quen non lle tiña moito aprecio a estes refuxiados ao teren un historial de colaboración coas forzas do Eixo. Despois de sufriren unha limpeza étnica foron discriminados durante décadas polo réxime.
Hoxe en 🇦🇱 recordan as masacres contra os cham, unha sub-etnia albanesa que moraba no Épiro 🇬🇷 até a IIGM, cando foi expulsada do país tras unha limpeza étnica (~3K mortos e ~30K desterrados) perpetrada pola guerrilla nacionalista e en certa altura colaboracionista do EDES.
Hoxe en 🇸🇮 e 🇭🇷 recordan a súa independencia proclamada hai 35 anos. No caso de 🇸🇮, logo dun referendo no que o 95% de votantes apoiaron a soberanía do estado. 48h despois comezaba a guerra dos 10 días na que o exército iugoslavo tentou impedir a separación de 🇸🇮 sen éxito
Nesta semana os amigos de Cornualles celebran a semana da lingua córnica cunha chea de actividades culturais neste idioma. O córnico estivo "dormente" durante 2 séculos pero hoxe ten centos de falantes e mesmo está protexido pola Carta 🇪🇺 das Linguas Rexionais e Minoritarias
Por certo que é o gran ducado de Luxemburgo xa foi moito máis grande do que é. E se os belgas e luxemburgueses fosen un pouco roñicas poderían ter un conflito diplomático absurdo como teñen Grecia e Macedonia do Norte.
Hoxe é o día nacional de 🇱🇺. Tradicionalmente celebrábase no aniversario do gran duque/duquesa de Luxemburgo, pero como os duques Charlotte e Jean naceron en xaneiro, pois en 1967 o estado decidiu pasar a festa a xuño. E así, ademais, failles mellor tempo.
Onte os groenlandeses celebraron o seu día nacional co que conmemoran a súa ampla autonomía e recordan cando obtiveron e ampliaron o autogoberno, en 1983 e 2009. É capaz que sexa unha das últimas veces 🇬🇱 celebra este día como parte de 🇩🇰. O apoio á independencia é maioritario
Os yezidis levan séculos sufrindo persecución e xenocidios, o máis recente polo ISIS en 2014. O centro relixioso é Lalish nas montañas do N. de 🇮🇶. É un grupo relixioso endógamo, ligado á etnia kurda e monoteista aínda que o seu deus encargou a 7 anxos a "xestión" da creación
O mundial de fútbol da pra moitas historias fóra de mapa. Se cadra a máis curiosa é a da nova estrela de 🇩🇪 Deniz Undav, que é kurdo, como centos de miles no país. Pero tamén é yezidi. Unha relixión con elementos sincréticos seguida por ~1M de kurdos en 🇮🇶🇦🇲🇹🇷🇸🇾 e na diáspora.
Hoxe en 1944 🇮🇸 proclamaba a súa independencia de 🇩🇰, nesa altura ocupada polo III Reich. 🇮🇸 levaba máis de 5 séculos baixo o dominio da monarquía 🇩🇰 e obtivera unha crecente autonomía e autogoberno nas décadas anteriores. Un 97% de islandeses votaron a favor da independencia