Lois Pérez
@loisperez
Mestre, escritor e contador de historias. Estamos, como Alberti, confusos: non sabemos se rascar o reloxo ou darlle corda ao cu.
Agradecido á Uxía e ao Carlos Blanco polo cariño coa novela e comigo, a Julián Maeso cun concerto espectacular, todo o público, a Mercedes Peón, Andrea Nunes, Janet Novás, a Allegue dende San Vicente, Jorge, Laura e as amigas de Vigo... por unha noitiña marabillosa na Illa. #hoxetocaleiva
Ola. Mañá presentamos «Hoxe toca Leiva?» de @xerais.bsky.social nas #uxíadas , no continente de Arousa, coa Uxía e co Carlos Blanco. E co concerto do Julián Maeso. Posibelmente o pasemos ben. Adeus💜
«Da vara e mais da besta», recital de poesía, música, narración oral e humor. Grazas ao Concello Do Barco, Teatro Municipal Lauro Olmo e ao Ciclo De Perto. Agradecido ao público que hoxe martes me acompañou en severa competencia (!) ás 21 h. 💜🇵🇸 📸 Alba Díaz
Hoxe ás 21,15 h. vou á Festa dos Libros de Pontevedra a conversar sobre «Hoxe toca Leiva?» coa @teresacuinas.bsky.social e canda Fernando Fernández Rego, autor de «Andrés do Barro, a xénese do pop galego». Faime moita ilusión pensar que non seremos máis no escenario que no público. Vinde!💜
Lectura comunal do libro «Intifada: ofrenda dos poetas galegos a Palestina», 40 anos de poesía galega con Palestina. Xoves 9 de xullo ás 19 h. no Vello Cárcere.
Na #Luzes152 @antiay.bsky.social entrevista a #NereaPallares Xornalismo independente que peneira na realidade. Revista @luzes.gal
Moi boa entrevista de @fernandomahia.bsky.social a Alberto Pombo con fotografías de @xurxolobato.bsky.social na revista @luzes.gal xornalismo comprometido entre tanto ruído #luzes152 Podedes subscribirvos aquí: luzes.gal/subscricion/
Cabreira, Salvaterra de Miño, Entreverbas 2026. Recital canda Branca Trigo e Maite Dono. Que xente a de Salvaterra. Afectuosa, cálida, atenta e comprometida. Que marabilla de festival.💜 Grazas ás librarías tamén.
En Compostela no Riquela. STOP. Sábado 6 de xuño 12 h. STOP. «Hoxe toca Leiva?» STOP. Coa #AntiaOtero e o @martinhonoriega.bsky.social STOP.
«Hoxe toca Leiva?» de @Xerais , si, mañá xoves ás 17 no #FestivalDeCans dentro da sección LendoCine, canda @lacerme.bsky.social , Raquel Piñeiro, Cristian F. Caruncho e Rafael Volpini 💜🕺🏾📹
«Hoxe toca Leiva?» Si, en Vigo ás 19 h. hoxe venres con @lediciacostas.bsky.social e @franalonso-gal.bsky.social en A Klandestina Libraría. E mañá sábado? Tamén! Ás 12 h. da mañá no Clavicémbalo coa Antía Otero e o @martinhonoriega.bsky.social
«No libro que Begoña Caamaño querería escribir, conflúen até se confundir, a xornalista e a escritora». Fermoso texto da Ana Romaní na revista @luzes.gal 151, número especial das Letras Galegas sobre Begoña Caamaño. «Ela tiña un plan e un soño».
Presentamos «Hoxe toca Leiva?» de @Xerais esta semana pra falar da novela. O venres 15 ás 19 h en Vigo coa @lediciacostas.bsky.social e o @franalonso-gal.bsky.social en A Klandestina Libraría. E o sábado 16 ás 12 da mañá no Clavicémbalo de Lugo coa Antia Otero e o @martinhonoriega.bsky.social
«A arte de cambiar de chaqueta» é un artigo escrito polo @manuelrivas.bsky.social no período 1990-92 para A Voz de Galicia e contido en «Unha espía no Reino de Galicia», de Xerais. Moi acaído nestes días de ignominia lucense.
«Hoxe toca Leiva?» Si, hoxe xoves 7 de maio, xa nas librarías. Habería moito que contar sobre esta novela pero iremos facéndoo nas sucesivas presentacións para quen queira acompañarnos nelas. Polo momento, aí está para quen se anime a lela. 📸Alba Díaz para Nós Diario. @xerais.bsky.social
«Hoxe toca Leiva?», Si, o xoves 7 de maio nas librarías. www.xerais.gal/libro/narrat... @xerais.bsky.social
A cidadanía de Lugo mobilízase hoxe porque non vai normalizar as prácticas desleais á cidade e á vontade popular. Imos ter memoria democrática dos feitos vergoñentos que o PP pretende normalizar. Imos resignificar o que significa gañar e perder e algunhas e algúns aprenderano no seu debido momento.
Dicía Berger que «a calma é unha forma de resistencia» e Rilke que «a paciencia é unha forma de intelixencia». A loita axúdanos a vernos uns nos outros. Non abonda coa 'nosa xente', precisamos da verdadeira solidariedade. Sexamos moitas/os mañá ás 19 en Lugo. Non á construción do inevitábel!
«Quen coida ás que nos coidan?», unha ceiba da @lacerme.bsky.social no último número da @luzes.gal Metendo o dedo no ollo!
Unha pintada amorosa e canónica na Terra Chá: «Ámote miña vida» Non andamos con hostias.♥️💜
Non todo vai ser ler! «O que fixemos en Groenlandia» é un texto espléndido da Marta Veiga no número 148 sobre a serie danesa Borgen 🍿 @luzes.gal @mvizaguirre.bsky.social
Á xente réinalle! Fermosa reportaxe de Nicolás Carreira na @luzes.gal 148 #AfoliadaDeFonsagrada «Bailar no cumio, cantar na rúa»
Un caderno. #UnhaPsicoxeografíaLiterariaPosíbel #HoxeTocaLeiva? #maio2026 www.xerais.gal/libro/narrat...