Manuel Veiga Taboada
@manuelveiga
Doutor en socioloxía política. 27 anos en A Nosa Terra. A miña última novela, "Perder as bestas", premio da crítica. Os xoves escribo en Nós Diario.
Galiza non ten transferencias porque a Xunta nin as pide nin as quere (como acaba de suceder coa AP-9).
Como se ve no cartel, xa na prehistoria había campos de fútbol.
Vigo, 253 manifestacións no que vai de ano. Case dúas por día. De todos os sectores: metal, lixo, sanidade, comercio, educación...
Onte, na presentación de "Trauma España", de David Rodríguez.
Hai agora dez anos publiquei este libro. (A foto da capa é de Manuel Sendón).
"La península Ibérica centelleando". Seguro que se ve Madrid.
Papeleira minimalista. (Óptima para desfacerse de pensamentos escuros e versos frustrados).
Manuel Sendón, fotógrafo, comisario de exposicións, impulsor, con X.L. Suárez Canal, durante anos, da Fotobienal, presentou onte un novo capítulo da serie "Espantallos".
Os deseñadores urbanos non contaban con isto. As imaxes da Virxe salvaron de atentados o metro de Medellín. Non é broma nin maxia. Aquí se explica.
Un ensaio de Pablo Pesado sobre o realismo máxico galego, de Cunqueiro ao Freixanes de "O triángulo...", pasando por Torrente. Interesante e bo traballo. Por certo, o realismo máxico, como se di ao final, volve estar de actualidade, por exemplo no cine.
Acabo de encontrar isto de marcapáxinas nun libro. Era un bono de axuda. Madrid 79-80.
Exposición das portadas de Galaxia, no Marco de Vigo. En primeiro termo catro edicións de "Merlín e familia" de Cunqueiro.
Aquí a nai de Donald Trump, Mary Anne MacLeod, nacida en Escocia. Aos 18 anos, en 1930, emigrou aos Estados Unidos, fuxindo da fame no seu país. En Nova York comezou a traballar de sirventa doméstica.
Tecnoloxía dun redactor de A Nosa Terra a inicios dos 90. Só falta a cámara de fotos con carrete.
Hai 40 anos (decembro 85) A Nosa Terra publicou esta gran entrevista de Antón Baamonde con Novoneyra. A foto é de Chus García. Lembro que a Manuel María e a Saleta non lles gustara nada ese primeiro plano. Viron ao seu amigo Uxío moi vello. A foto é boa, pero agora enténdoos mellor.
Sobre o mito de San Sebastián. Unha exposición gráfica de X.M. Buxán Bran que hai que ver.
Muralla do castelo de San Sebastián, en Vigo. Derrubada na súa maior parte para construír o actual concello.
Cando algo se escribe, gana intensidade e sobrevive, di Pessoa.
Unha amiga acaba de mandarme esta foto do Día da Patria de 1993.