Mario Regueira
@marioregueira
Escritor e Doutor pola USC (Teoría da Literatura). Nas trincheiras académicas. Sangue italiano, coração brasileiro. Antigo morador dos PPCC e Cymru.
O museo da RDA entra con forza na lista e ocupa o segundo posto dos museos máis tendenciosos que visitei. É tan nesgado e falaz que puiden escoitar un señor queixándose indignado á saída.
Non sei canto público pode haber un día coma este, pero prometo ser refrescante.
Cóntanme que no meu bairro de Bangor, a xente colocou bandeiras arxentinas nas fiestras antes do partido de hoxe. É difícil de atopar, pero quero pensar que algunha será esta preciosidade da comunidade galesa da Patagonia, na que eu rubrico unha da faixas celestes como galega.
Hoxe celébrase o Día Mundial de Drácula. Pon ao teu vampiro ou vampiresa favorito/a.
Onte falei de Watchmen e da morte de Superman e hoxe do Gaspariño de Xaquín Marin e de Miguelanxo Prado. E posíbel que tivese a oportunidade, no final da tarde, de dar un abrazo a algún personaxe deste último. E preguntan algúns por que me meto a dar materias extra polas que non me van pagar máis.
Se che serve de consolo, o meu crush feminino máis forte dos últimos anos ten unha rosácea marcadísima.
O meu amor de cidade acaba de dicirlle ao meu amor de aldea que temos que mercar un burro e non vexades a cara 😳. (O burro:)
Hoxe estiven falando no clube de lectura da ULA, libraría social de Outes, sobre "Outono aquí", (última edición de @meninomorreu.bsky.social). Foi fermoso, non só porque me convidaran, senón tamén pola sorte de coñecer e participar en proxectos con esa visión colectiva e solidaria.
Eu: pois parece que está tardando un pouco a peza que pedín a China para ver se resucito aquel portátil vello. O mundo:
A miña familia non atendía da televisión con esta ansia desde as badaladas de fin de ano. Colaboración no ZigZag de hoxe (día do meu aniversario).
Planificación dun golpe con estética de historieta e grallas ortográficas? Todo apunta a eles, sen dúbida.
A ver, eu sei o que son, igual que sei que tiñan o seu perigo e que, como forma de entretemento, calquera consola actual mexa por eles. O da Xeración de Aceiro aínda o estou procesando.
A de ler Perdido Street Station enteira e en inglés igual non foi a decisión máis brillante deste ano. Iso si, dubido dar en moito tempo con algo tan bizarro e orixinal que estea ben escrito.
Recordando un pouco isto, que era claramente estilismo porque o leite é masculino en galego (como demostra o lema que tiveron que engadir despois).
Isto por compartir tamén as cousas boas da vida e a poesía por aquí e que non fiquen só no insta.
Grandísimo o @ramonnogueras.bsky.social onte no #EscépticosNoPub #Compostela co Puto Freud e coa camisola de Pink Freud (Dark Side of Your Mom). A pensar todo o tempo na dimensión que ten isto para as víctimas colaterais que estamos nos estudos literarios.
Unha foto da presentación de onte co @aindamenosmal.bsky.social en Couceiro e a recomendación de que leades o seu libro. Un ensaio que semella unha novela, con antifascistas, teatreiros, versos de Rosalía, estudantes em revolta, galeguistas e cancións que anticipan o abril que todos cantamos hoxe.
Nesta viaxe a Varsovia tiven a oportunidade de visitar o Neon Muzeum, unha cousa curiosa e orixinal, que pode mesmo custar recoñecer como obxecto de museu. Como tantas cousas de Europa do Leste, produciume unha sensación estraña de nostalxia non vivida.
Penso que me acaban de bloquear "por ser filipino", que debe ser das minorías discriminadas que me faltaban.
Que triste ter que saír por isto, e porén que felicidade marchar con tantísima xente.
Hoxe tiven que confesar que última serie que acabei foi The Crown. Non cheguei a dicir que me pareceu sectaria do peor tipo (das que pasan por outra cousa). Nin que recoñezo que os borbóns nunca terán a elegancia nin a intelixencia de facer algo similar. Nin que, no fondo, todo está neste meme.
Vaia parvada, eu sempre o tomo só e agora non podo contar máis porque teño que baixar estas bolsas do lixo esaxeradamente grandes e pesadas.