obaixoulla.gal 🌾
@obaixoulla
Valoración e divulgación do patrimonio cultural, natural e paisaxístico de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rianxo e Valga | AC Os Penoucos
Un 30 de xullo de 1906, nacía en #Cordeiro #Valga Xesús Ferro Couselo, historiador e investigador que participou na fundación do Partido Galeguista en 1931, nunha asemblea na que se acorda reclamar o dereito de autodeterminación de Galiza #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/va...
A única lápida que se conserva actualmente no adro da igrexa de San Miguel de #Catoira é a de Dominica Borja Ferraguela, unha moza xitana que se quitou a vida o 27 de xullo de 1945, con tan só 19 anos, por non poder casar cun “payo” #OBaixoUlla 📸 C. Conde Escaloni www.obaixoulla.gal/elementos/ca...
Desde o Campo de Abaixo #Rianxo, Andrés do Barro, acompañado polos grupos de músicos tradicionais Os Rosales de #Asados e Os Aires da Nosa Terra de #Laíño #Dodro, deséxanvos un feliz Día da Patria Galega #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/ri...
Deseño publicitario de lámpadas Iria: un calendario da liga de fútbol de primeira división da tempada 1951-52 #Iria #Padrón #OBaixoUlla 📸 Imaxe restaurada con IA www.obaixoulla.gal/elementos/pa...
Antigo areeiro no lugar do Redondo #SanXoánDeLaíño #Dodro, formado por un muro de delimitación que marcaba o contacto deste co Ulla e unha rampla de acceso para o depósito da area extraída do río #OBaixoUlla 📸 Censo do Patrimonio Marítimo www.obaixoulla.gal/elementos/do...
Insua dos Ratos #Oeste #Catoira #OBaixoUlla 📸 @galicia.escapada www.obaixoulla.gal/elementos/ca...
Dun lado, a Enseada da Igrexa #Bamio #Vilagarcía, do outro, a Punta Seveira #Leiro #Rianxo #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/vi...
Esta fonte, construída baixo o mandato do alcalde Celestino Carbia, situábase xunto á igrexa de #Cordeiro #Valga e era o lugar onde os alumnos da Escola de Ferreirós collían a auga para regar as árbores que actualmente medran no campo da festa #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/va...
Un dos traballos de restauración da escultura da Virxe de Guadalupe de Asorey, a cal regresará a Tanxil #Rianxo vinte anos despois, foi a recuperación dos azulexos vidrados con motivos florais e xeométricos feitos na Cerámica Celta de #PonteCesures #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/po...
Panorámica de Castro Valente #Herbón #Carcacía #Padrón desde o Monte Meda #OBaixoUlla 📸 Xenealoxías do Barbanza www.obaixoulla.gal/elementos/pa...
Cruz da Estivadiña #Laíño #Dodro #OBaixoUlla 📸 HISTDODRO www.obaixoulla.gal/elementos/do...
As Torres de #Oeste #Catoira fotografadas por Francisco Zagala en 1904, quen xogou un papel documental moi importante como fotógrafo oficial da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra #OBaixoUlla 📸 Francisco Zagala - “Portfolio Galicia” (1904) www.obaixoulla.gal/elementos/ca...
Como todas as noites de San Xoán, hoxe as meigas reúnense en asemblea no Monte Fontebecha #Setecoros #Valga para preparar o mal que van facer durante todo o ano #OBaixoUlla vía Xosé Lois Miguéns Castaño - O Espello do Baixo Ulla-Sar (1999) www.obaixoulla.gal/elementos/va...
Fonte do Salgueiral #SanXensDeBamio #VilagarcíaDeArousa #OBaixoUlla 📸 Censo do Patrimonio Marítimo www.obaixoulla.gal/elementos/vi...
No lugar coñecido como Monte Castelo, xunto á aldea da Medela #Valga, atópanse os restos dun pequeno castelo, asentado sobre un emprazamento no que é probable que anteriormente houbera un castro #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/va...
Antigo areeiro na Vacariza #Isorna #Rianxo, formado por dous peiraos e un covo destinado ao depósito da area extraída do río Ulla, unha actividade económica que naceu nos anos sesenta como resposta á demanda de materiais para a construción #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/ri...
Lavadoiro de San Xulián #PonteCesures #OBaixoUlla 📸 Arquivo Deputación de Pontevedra (1962) www.obaixoulla.gal/elementos/po...
Pola defensa do #Ulla e da Ría de Arousa 📅 Domingo 14 de xuño 🕖 12:00 horas 📍 Praia do Vao, Illa de Arousa
✍️ Carta ao presidente do Parlamento, respecto da proposición non de lei do Partido Popular para retirar as estatuas na lembranza de Moncho Reboiras, nacido en Imo #Dodro no ano 1950, e as declaracións falsas vertidas contra a súa memoria 📰 @nosdiario.bsky.social www.nosdiario.gal/articulo/soc...
O Campo da Insua #Iria #Padrón era un dos lugares nos que se construían e reparaban os barcos para o transporte de mercadorías que ían polas augas do río Ulla #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/pa...
Interior dun dos dous pombais da Casa de Aguirre #SanXoánDeLaíño #Dodro #OBaixoUlla 📸 Sip 4 inmobiliaria www.obaixoulla.gal/elementos/do...
Un 29 de maio de 1921 nacía nesta casa en Barcia #Cordeiro #Valga o Padre Isorna, frade franciscano comprometido coa galeguización da igrexa, quen tivo trato con Otero Pedrayo, López Cuevillas, Álvaro Cunqueiro ou a familia de Castelao #OBaixoUlla 📸 Conchi Isorna www.obaixoulla.gal/elementos/va...
A singularidade do Muíño de marea do Cura ou Muíño do Machón radica na combinación da enerxía fluvial e das mareas para a moenda, o que o diferencia doutros muíños tradicionais da zona #Catoira #OBaixoUlla 📸 Censo do Patrimonio Marítimo www.obaixoulla.gal/elementos/ca...
Xornadas da Memoria Histórica de #Valga 📅 Sábado 23 de maio 🕖 19:00 h 📍 Casa da Cultura de Ponte Valga Plan de Memoria Democrática 2025-28 📅 Domingo 24 de maio 🕖 13:00 h 📍 Cemiterio de Cordeiro Acto de lembranza e homenaxe a Celestino Carbia Campaña acospenoucos.wordpress.com/2026/05/21/x...
Entre elas atopábanse Ricardo Fernández Carlés de #PonteCesures e Manuel Agrasar “Barbarroxa” da Matanza #Iria #Padrón, procedendo ao cerco da casa e ao incendio do inmoble no cal foron finalmente abatidos e posteriormente enterrados na foxa común do cemiterio parroquial 📸 Lentes Diverxentes [2/2]
O 19 de maio de 1948 a Guardia Civil detectou un destacamento de persoas vinculadas á resistencia armada antifranquista nunha vivenda da aldea de Loureiro (Luou - Teo) 📸 El Correo Gallego www.nomesevoces.net/storage/fosa... [1/2]
Panorámica do curso baixo do río Ulla desde o miradoiro da Cruz do Xiabre #Bamio #VilagarcíaDeArousa #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/vi...
MANIFESTACIÓN convocada polo comité de empresa de Nestlé en #PonteCesures baixo o lema NON AOS DESPIDOS. Defendamos entre todas e todos o futuro laboral da nosa fábrica! 📅 Sábado 16 de maio 📍 Saída da Praza de Pontevedra 🕖 12:00 horas
Un 11 de maio de 1937 era fusilado en Monteporreiro (Pontevedra), Celestino Carbia Campaña, alcalde de #Valga entre os anos 1931 e 1936, e un dos fundadores do Sindicato Agrario de Cordeiro #OBaixoUlla www.obaixoulla.gal/elementos/va...
A Fonte da Capela #OAraño foi construída en 1928, sendo alcalde de #Rianxo Mariano Rodríguez Dios, pai de Castelao #OBaixoUlla 📸 Maca Blanco www.obaixoulla.gal/elementos/ri...