BNG - Bloque Nacionalista Galego
@obloque
Bluesky oficial do Bloque Nacionalista Galego. Para que coñezas o que facemos por Galiza e por ti. Nós nas redes: Web:
SOMOS UNHA NACIÓN! Lanzamos a campaña do Día da Patria Galega deste 2026 afirmando o noso dereito a ser e a decidir. Un pobo vivo e orgulloso da súa identidade e que quere gañar o seu futuro, libre e soberano, nun mundo en paz.
Hai cores que falan de nós, do que fomos e de todo o que queremos ser. A nosa bandeira é o abrazo de toda unha nación e o eco das nosas loitas máis xustas. Este 25 de xullo, Día da Patria Galega, viste a túa casa coa nosa bandeira. Pona na túa fiestra ou balcón e comparte o noso orgullo!
SOMOS UNHA NACIÓN! Lanzamos a campaña do Día da Patria Galega deste 2026 afirmando o noso dereito a ser e a decidir. Un pobo vivo e orgulloso da súa identidade e que quere gañar o seu futuro, libre e soberano, nun mundo en paz.
➡️ BNG consegue a exención das cotas á Seguranza Social para as mariscadoras afectadas pola crise marisqueira ➡️ A medida permitirá manter de alta ás persoas traballadoras até que poidan retomar a actividade 🔗 www.bng.gal/articulo/nov... #CoBNGGalizaGaña
🚀 BNG TOMA A INICIATIVA PARA DARLLE A GALIZA UN NOVO STATUS POLÍTICO Con ambición, ilusión e a forza do noso pobo, imos construír un país máis libre, próspero e con plena capacidade de decidir. O futuro é noso! ✊
▶️ BNG votou no Parlmento Europeo en contra da “vixilancia e espionaxe de Chat Control" ▶️ Ana Miranda votou en contra do escaneo xeneralizado das comunicacións persoais por parte das grandes tecnolóxicas, “non queremos unha normativa que permita espiarnos”. 🔗 www.bng.gal/articulo/nov...
GAÑOU O POBO GALEGO! A Xunta desestima as alegacións de ALTRI e arquiva o proxecto. Ollo, arquiva; teremos que estar atentas e atentos por se no futuro o PP resucita o proxecto. Mais hoxe GAÑOU O POBO. Perderon ALTRI e o PP.
A nosa bandeira é a bandeira de todas as causas xustas. A bandeira dunha Galiza viva, de seu. Dun pobo con dereitos. E dun mundo en paz. Este 25 de xullo, mostra no teu balcón ou fiestra a bandeira galega. 📹 youtube.com/shorts/Cfo3o... #ANosaBandeira
✊Compartimos a continuación o comunicado emitido pola plataforma Galiza pola Paz, da que o BNG fai parte, sobre a cimeira da OTAN en Ancara, Turquía, que deu comezo hoxe 7 de xullo. Le e comparte!
🗞️ Entrevista a Néstor Rego en Nós Diario: "Hai algúns casos xudiciais abertos no Estado que teñen que ver co lawfare" 🔗 https://www.nosdiario.gal/articulo/politica/nestor-rego-hai-alguns-casos-xudiciais-abertos-estado-que-tenen-que-ver-co-lawfare/20260707080610261167.html
🎶 PREPARADAS PARA SOÑAR, e todas as cancións do álbum "Sons para un tempo novo", xa a tes en Spotify. Preme na ligazón e únete. 🔗 https://open.spotify.com/intl-es/album/04oMWVvMm41HzRIuSITG99
PREPARADAS PARA SOÑAR. E dispostas a facer os nosos soños realidade. Coa enerxía de quen sabe que a vida, Galiza e o mundo poden ser outra cousa... e traballa cada día para avanzar. Por unha Galiza viva, xusta, forte e con futuro. 📹 https://youtu.be/tJIJHdyq-2U
🎶 Hai mensaxes que se len, e outras que se berran con música. Estás preparada para bailar e para... (até aquí podemos escribir😆). 📅 Venres 3 | 🕑 14:00h Prepárate. 👀🔥
Grazas á forza do BNG, desbloquéase a transferencia histórica da AP-9. Mentres o PP pon atrancos e outros calan en Madrid, nós plantamos cara por unha autoestrada galega e gratuíta. É de xustiza para o noso país! ✊
🎬 ESTAMOS ARGALLANDO ALGO 🎬 Mañá vén unha sorpresa que non vas querer perder. Anota: 📅 Venres 3 | 🕑 14:00h Activa as notificacións, que vén curva! 🔥🎬
Celebramos a diversidade e a liberdade de ser e de amar, con Orgullo! Este 28 de xuño, coma todos os días do ano, dicimos alto e claro: adiante cos dereitos LGBT! 📹 https://youtube.com/shorts/fF6AyFafNJ4?feature=share #DíaDoOrgulloLGBT #StopLGBTfobia
🏳️🌈 Este 27 e 28 de xuño mobilízate con orgullo nas mobilizacións convocadas por AVANTE LGBT+.
➡️ Rego reivindica o papel decisivo do BNG para facer realidade a transferencia da AP-9 á Galiza ➡️ Contrapón os avances conseguidos pola negociación do BNG coa incapacidade do PP para defender os intereses da Galiza 🔗 www.bng.gal/articulo/nov...
💙 Universidade pública e de calidade. Ana Pontón exixe mellorar o financiamento das nosas universidades para garantir o futuro científico e cultural de Galiza. Fronte aos que queren facer negocio co ensino, o BNG blinda o público como motor estratéxico. 🔗 www.bng.gal/articulo/nov...
🏅 Fito histórico para a sociedade galega após décadas de reclamacións. O CONGRESO APROBA A TRANSFERENCIA DA AP-9 Á GALIZA. ✌️
Todo o noso apoio e solidariedade para o pobo venezolano, sacudido esta noite por dous importantes sismos que deixan persoas mortas e feridas, e destrución. Desde a Galiza, unha forte aperta para o noso pobo irmán.
O #Festigal2026 xa está aquí! 🎸🔥 Un cartelazo que aposta polos novos valores e o mellor da música galega. Vémonos o 24 e 25 de xullo en Compostela. Consulta a programación na web festi.gal! Ah! E faite voluntaria e voluntario, botando unha man na organización do Festigal. Todas as mans fan falta.
✊ Firmes pola soberanía e os dereitos sociais! BNG e ERC reafirman a súa alianza en Barcelona ante a deriva reaccionaria e a decadencia democrática do Estado. Con unha folla de ruta clara: defender a autodeterminación, frear á extrema dereita e blindar o noso sector primario en Europa.
🚨 Urxe intervención inmediata polas riadas Ana Pontón exixe á Xunta actuar xa ante as graves riadas. Urxe retirar a lama, restablecer servizos básicos e activar axudas directas para familias, concellos e explotacións afectadas. Basta de parálise! 🔗 www.bng.gal/articulo/nov...
▶️ Ana Pontón declara a Camilo Vila como o mellor alcalde para que Xinzo de Limia avance ▶️ “O modelo municipal de éxito do BNG é o que queremos implantar en Xinzo”, avanza 🔗 www.bng.gal/articulo/nov...
➡️ BNG vota en contra da “vergoñenta e fascista” Directiva Retorna da UE ➡️ Ana Miranda advirte que “PP, Feixoó e Rueda, son cómplices da deshumanización das persoas migrantes” 🔗 https://www.bng.gal/articulo/novas/bng-vota-da-vergonenta-fascista-directiva-retorna-da-ue/20260618142907043009.html
📺 ENTREVISTA A ANA MIRANDA NA TVG · Xoves 18 de xuño. · A partir das 8 horas. · No Programa "Bos Días".
LUMES NUNCA MÁIS! Por un monte vivo e un rural galego con futuro.
✌️ Aprobado en Comisión o Ditame da Transferencia da AP-9 á Galiza, a pesar do PP ▶️ Néstor Rego: “Hoxe é un bo día mais é evidente que o PP non quere que se transfira a AP-9 á Galiza” www.bng.gal/articulo/nov...