BNG - Parlamento galego
@parlamento
Actualidade parlamentar do Bloque Nacionalista Galego.
A conselleira de Medio Rural vai estar ausente na comisión especial sobre o prezo do leite 🥛💶 🗣️Cóntacho Ariadna Fernández
𝗢 𝗻𝗼𝘃𝗼 𝗣𝗹𝗮𝗻 𝗱𝗼 𝗚𝗮𝗹𝗲𝗴𝗼 𝗲́ 𝘂𝗻 𝗰𝗮𝘁𝗮́𝗹𝗼𝗴𝗼 𝗱𝗲 𝗿𝗲𝗯𝗮𝗶𝘅𝗮𝘀. ➡️ 22 anos despois a proposta do PP rebaixa os dereitos lingüísticos dos galegos e galegas respecto ao Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega do 2004. O plan da PP é o plan da censura 🤐, a mentira 🤥 e o sectarismo.
🛍️Chegaron as rebaixas as tendas... e tamén á Consellería de Lingua. O novo plan de Rueda é un catálogo de rebaixas do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galego do 2004 📄 🗣️ Mercedes Queixas
A semana que vén hai unha cita fundamental para o financiamento de Galiza 💶 🤷 Que vai facer Rueda, defender os intereses dos galegos e galegas ou someterse as ordes de Feijóo? 🗣️ Noa Presas
A nosa portavoz nacional, Ana Pontón, vén de pedirlle unha reunión ao presidente da Xunta para avanzar nun pacto real a favor do galego. Porque o galego merece máis 🗣️ Olalla Rodil @orodil.bsky.social
Un verán máis, o Goberno de Rueda é incapaz de garantir a atención sanitaria, pese a que as nosas cidades e vilas multiplican a súa poboación na época estival. Montse Prado esixe medidas a un PP cuxo único plan é que menos profesionais atendan ao dobre ou ao triplo de persoas.
➡️ O PP pacta co PP un paso atrás para o galego 🔴 Rueda, o presidente do NON ao galego 🗣️ MercedesQueixas
Campaña de difamación, bulos e mentiras para vetar a Fernando de Abel como candidato a adxunto á Valedora do Pobo. Puro estilo PP. Puro estilo Rueda. 🗣️ Olalla Rodil @orodil.bsky.social
A situación da nosa televisión pública vai de mal a peor: mofas sobre o galego, colaboradores que non dan nin chío na nosa lingua, e un longo etcétera.
🔥A mala planificación do PP na Xunta fai que os equipos de extinción do lume aínda non teñan todo o material que precisan 🚁O helicóptero pesado que prometeron, peza clave na campaña deste verán, non chegará ata setembro e só traballará 2 meses. 🗣️ Montse Valcárcel
🏠 O PP na Xunta perdeu nos últimos anos a oportunidade de conservar para o parque galego de vivenda protexida máis de 4.000 pisos. Coa vivenda, o seu modelo é a especulación 🏠 🗣️ Alexandra Fernández
🚑 Sen ambulancias, sen médicxs, sen atención. O BNG exixe que pare a precariedade: faltan facultativos, especialistas e ambulancias de soporte vital avanzado non cobren as necesidades. ‼️ Abonda de recortes e rotación.
A pesca submarina en Galiza só se pode practicar de outubro a abril sábados, domingos e festivos. Esta restrición non existe en ningún outro lugar do Estado e non ten base científica ‼️O BNG exixe unha normativa xusta.
🔥 As propostas do BNG no Parlamento Europeo para facer fronte aos lumes forestais. 🎦 Montse Valcárcel
A TVG asina a peor tempada da súa historia e a dirección segue maquillando os datos mentres a audiencia cae á metade do que era hai dúas décadas 📺〽️
🎶 Catro décadas despois da creación da Lei de Símbolos de Galiza, hai consenso para restituir os erros do himno galego. Andemos cos tempos e fagámolo xa! Mercedes Queixas: Quere o PP tamén quedar fóra deste consenso?
🏥 O Sergas ten un total de 378.749 persoas nalgún tipo de listaxe estrutural, mentres se nega a publicar as non estruturais, as "listas negras" nas que te mete se te negas a ir á privada. Na vez de aproveitar o verán para rebaixar ese número, o PP pecha máis de 500 camas. 🎦 Iria Carreira
17 anos de fracaso cun modelo que fai que Galiza arda cada ano.
🔥 As consecuencias dos incendios son cada vez máis perigosas para a poboación. Vímolo estes días coas enchentes. É fundamental restaurar os montes despois dos lumes para evitar danos polas riadas. 🎦 Montse Valcárcel
A horta galega non é marketing, é vida. Pero mentres a Xunta fala de selos e feiras, os produtores seguen asumindo secas, saraibas e os custos sen saber se recuperarán o investimento 👇
💸 O PP si que practica o absentismo laboral, que se nega a ir a Madrid a negociar para que Galiza teña un financiamento xusto. 🎦 Noa Presas
A LGTBfobia non queda fóra da porta do instituto. Mentres os discursos de odio medran nas redes e na política, os centros de ensino seguen sendo espazos de violencia para o alumnado, profesorado e familias LGTB. E a Xunta? Silencio.
🏥 A falta de profesionais está a converter a asistencia sanitaria nunha cuestión de sorte, sobre todo cara o verán. Mentres, a Xunta continúa con anuncios pouco tranquilizadores coma estes ⬇️ 🎦 Montse Prado
💢 Así se retrata a Xunta de Rueda: mentres anda paseando o cadro "A derradeira leición do mestre", que chegaba hoxe a Pontevedra, o PP votaba en contra de declarar oficialmente o 17 de agosto "Día da Galiza Mártir". 🎦 Luís Bará
❌⚖️ O PP di NON a proposta do BNG para dotar á xustiza de máis persoal e dignidade para a quenda de oficio. Non queren competencias para Galiza, non queren aliviar a saturación dos xulgados e non queren mellorar as condicións de avogadxs e procuradorxs.
🧪 O compromiso do PP coa ciencia e co I+D redúcese a facer anuncios incumpridos e a bombas de palenque que quedan en fume. ➡️ Un exemplo: a creación da Fundación Galega para a Ciencia (Galtia). 🎦 Olalla Rodil @orodil.bsky.social
🔥 Onde estaba a conselleira mentres ardía Padrón e Boborás e mentres a veciñanza da Rúa de Valdeorras estaba a limpar os lodos da neglixencia da Xunta? 🎦 Cóntacho Secundino Fernández
Mentres a xente non encontra vivenda, as vivendas turísticas disparáronse un 84% ⚠️
Sabe Diego Calvo que é conselleiro de Xustiza? Ou esqueceríao? 🤔