A Raíña Vermella
@rainhavermella
Psiquiatra, traballo con trastorno mental grave. Tamén fago divulgación científica porque non se fai soa. Correlación non implica causalidade. Relixión: gatólica.
Puxen o meu colgante co disco de Festos para ir ver a Odisea porque ao anacronismo sabemos xogar todos
Por outra banda, e seguindo co tema de finxir que as mulleres son inferiores fisicamente en todos os aspectos posibles, Matt Damon mide 1,78. Alguén me explica esta ridiculez do pasiño pa diante?
- Documental: "en Tassili vemos hombres cazando y mujeres recolectando" - Tassili: pa ke kieres saber eso
Imos estar en Pontevedra falando de comunicación en saúde mental dende unha perspectiva de xénero co noso proxecto financiado por @instmujeres.bsky.social
Preparándome para explicar cinco millóns de veces por que isto non é unha patoloxía, estanche colando de novo pánico moral, non se vai acabar o mundo e está feo insultar só porque non entendes
Estou entregando un traballo online sobre a fundación da colonia de Cirene mentres vexo a Cirene helenística no Assassin's Creed. What a time
Acabo de caer en que Golden de K-Pop Demon Hunters tamén vale para facer masaxe cardíaca e quedo moito máis tranquila porque un dos meus maiores medos é ter que facelo e aínda por riba que o que soe na miña cabeza sexa a Macarena
Como hoxe tiña unha reunión importante, puxen o meu colgante do superdepredador máis letal de toda a natureza
O luns estaremos en Pontevedra falando sobre desinformación @uvigo.bsky.social
E na historia de non palmala en xeral #pasteur #estrellagalicia
Alguén cre que preciso axuda máxica para mellorar a miña técnica de dominada
Hoxe imos estar en Ordes con este proxecto chulísimo de @antiay.bsky.social
Non houbo valor suficiente para poñerlle o mitiquísimo casco de cairos de xabarín. Empezamos regu.
Mañá estarei no Gomes Gaioso falando das condicións materiais que afectan á nosa saúde mental. Podedes agradecerllo (ou botarlle as culpas) a @gorentoso.bsky.social
Escribín esta reseña sobre a adaptación teatral de Alessandro Baricco da Ilíada, un dos libros da miña vida criaturas.agcritica.gal/criticas_e_l...
Cando teño que tomar unha decisión sempre me pregunto: what would Teodora do?
Sen descargar ningunha imaxe, con que enerxías entras en 2025?
Choose 20 books that have stayed with you or influenced you. One book per day for 20 days, in no particular order. No explanations, no reviews, just covers. #BookSky 💙📚 #BookChallenge