TVGcensura
@tvgcensura
Chequeando as trolas da tele 🔍 | Estamos en X, Instagram e Tik Tok 🤗
E hai unha ironía difícil de pasar por alto: ese mesmo venres 14 de agosto foi #VenresNegro430CRTVG, a xornada de protesta dos profesionais da CRTVG contra a manipulación informativa.
🔥 Outro exemplo máis da manipulación informativa da TVG. Canto ardeu realmente en Ourense en agosto de 2025? 🌳🔥 📺 No #TeleXornal do venres 14 de agosto, a TVG falou de 56.000 hectáreas queimadas.
A cara de Javier Garrido, primo de Alfonso Rueda, represéntanos a tod@s cada vez que temos que tragar un dos ‘plurais’ faladoiros da @RadioGalega. Bo día!
O TeleXornal do 25 de xullo ou o argumentario do PP? 📺 Discurso de Rueda como fío condutor. 🎙️ Feijóo tamén como protagonista. 🏛️ Sen a alcaldesa de Santiago. 🚶 Turismo: fala a Xunta, a patronal e peregrinos; non o Concello. 👥 Da manifestación, case sen imaxes da Quintana ateigada.
🚨 Unha nova sentenza xudicial contra a #CSAG. ⚖️ O TSXG declara que a empresa vulnerou o dereito á negociación colectiva e a liberdade sindical ao impor unilateralmente un protocolo de conciliación, sen negociar coa representación das persoas traballadoras. 🔗 www.eldiario.es/galicia/just...
📨 Un burofax para esixir unha “rectificación” por unhas palabras que nin sequera chegaron a publicarse. ⚖️ Iso si, a #CSAG non amosa a mesma celeridade cando se trata de rectificar informacións falsas difundidas polos seus propios medios, feitos polos que incluso foi condenada.
O #TeleXornal de hoxe converteuse en vídeo-blog da @xunta. Con todo o descaro, cóannos un TikTok de Alfonso Rueda en modo electoralista (o chaleque do #Xacobeo, que non falte) para falar da conservación de estradas.
No #TeleXornal Mediodía de hoxe volvemos vivir un deses momentos que retratan a desvergoña de quen dirixe a política informativa da #CSAG. Spoiler: propaganda pro ALTRI! Dentro 🧵
A @TVGalicia, a canle que naceu para promover e difundir a nosa cultura e lingua, dando espazo a discursos galegófobos en pleno 2026. Claro que é a mesma canle que ten tertulianos abertamente contrarios ao noso idioma… agás cando poden cobrar por falalo.
O “valor da palabra dada” é que a TVG cumpriu co guión das preguntas pactadas co gabinete do presidente? Ou “valor” é unha palabra usada noutra das acepcións? Desde logo, non como sinónimo de “valentía”, porque unha masaxe non se pode considerar entrevista.
Hoxe ven pintar a mona nos Xulgados… 🙊 Lede isto de @luipardo.bsky.social: www.eldiario.es/galicia/estr...
Custounos un mundo facelo, pero revisionamos o tratamento da @TVGalicia á traxedia vivida no concello de Brión, onde unha meniña de 2 anos perdeu a vida. A nosa TV pública fíxoo case todo mal:
📉 A audiencia marcha. E os números xa non agochan o problema. A TVG perdeu 33 % da súa audiencia en dous anos e o seu custo aumentou un 28,7 % desde 2021 💸 Hai manipulación informativa, desconexión coa sociedade e unha credibilidade cada vez máis erosionada. www.eldiario.es/galicia/cons...
A mellor homenaxe que a Begoña Caamaño que se lle ocorreu á @crtvg @TVGalicia @G24Noticias foi recreala mediante IA? Por que mellor non deixar a protagonista falar coas súas propias verbas, perfectamente documentadas e arquivadas nos fondos da @RadioGalega???
O momento NO+DO de cada día no #TeleXornal deixounos hoxe dous momentos desconcertantes. 1️⃣ Unha evidente falta de sincronización entre voz e vídeo na conexión (en directo?) da reporteira. 2️⃣ Unha voz que se coa cunha mensaxe críptica. “Cierra el mal puño”❓ Como non nos apetece chorar, mellor rir 😬
desleixo lingüístico da TVG é vergoñento. Se esta semana publicaban pantallazos do Abalar en castelán, hoxe publican un mapa de touros de Osborne (que necesidade!?) con toponimia deturpada.
🎭 “Moncho” e “Marité” son dous personaxes creados por @DefendeAGalega para sinalar, con retranca e mordacidade, o que pasa na #CSAG. 🤡 E vai A Galega, desde unha conta oficial, e decide arremedar del@s. Si, así tal cal. E máis dunha vez.
Este #1deMaio é tamén o #VenresNegro415CRTVG. Nesta data tan emblemática, o noso recoñecemento aos traballadores e traballadoras da #CSAG e á súa representación legal: @crtvgcut.bsky.social @cigcrtvg.bsky.social @ccoocrtvg.bsky.social @ugtcsag.bsky.social
O que nos faltaba por ver: a @TVGalicia contándonos o que “pensa” o PP! A nós levounos dous clicks ler que ninguén ten que “pensar” nada, que o di o propio sindicato… ao que, por certo, non se lle pediu opinión. Para que falar co@s protagonistas dunha información se o pode facer PAULA PRADO?
Jesulín de Ubrique, Bertín Osborne, Carmen Lomana, Al Bano, Esperanza Aguirre… Estes e outros personaxes pasaron nos últimos tempos por unha TVG que non remonta en audiencias.
Vedes estas severas denuncias? Son as que facía o comité de @rtvenoticias.rtve.es a finais de abril de 2018, escasamente un mes antes da moción de censura que acabou co Goberno de M. Rajoy. Paralelismos, non: un espello da manipulación constante na #CSAG.
🔌 ❌A desconexión da TVG coa realidade informativa e o interese público é cada vez maior. 😳Mentres os principais medios analizan e comentan a última hora da posible moción de censura en Lugo da man dunha concelleira tránsfuga, o #TeleXornal Mediodía dálle 33” no medio dun debate parlamentario.
A publicidade en analóxico da nosa #CSAG é unha mostra consciente das prioridades de quen dirixe a @tvgalicia.bsky.social. Non a veremos anunciando un filme de produción galega, un documentario ou, por exemplo, un debate no Parlamento de Galicia. (E despois estrañaranse da perda de audiencia…).
📉 Moi importante isto que conta @defendeagalega.bsky.social. Que teñen en común todos os peores datos históricos da TVG? Que son froito da xestión nefasta do PP, primeiro con Alfonso Sánchez Izquierdo e agora con Concepción Pombo.
Nova sentenza contra a @crtvg por vulneración de dereitos; a segunda que coñecemos na mesma semana. E agora, cunha sentenza tan grave como é a vulneración de dereitos fundamentais, haberá algunha remuda na #CSAG? / @nosdiario.gal.web.brid.gy www.nosdiario.gal/articulo/soc...
Incrible o silencio sepulcral da TVG sobre o arquivo de Altri ou sobre a resolución xudicial que condena a @xunta por retirar ilegalmente a protección ambiental de que gozaban os terreos onde querían pór a pasteira.
No #Faladoiro de hoxe da #CSAG (@TVGalicia @RadioGalega) temos a: 🎤 María Bastida, ex-deputada/membro da Executiva do PP. 🎤 Miguel Anxo Bastos, referente do PP. 🎤 Javier Garrido, primo de Alfonso Rueda 🎤 Arsenio Coto, xornalista de El Progreso.
Temos criticado moit a falta de pluralidade nos #Faladoiros da #CSAG (antes, CRTVG). Hoxe, no #DíaMundialdaRadio, exixos pluralismo nos medios de comunicación públicos. E incluso un chisco de decoro, porque ter de tertuliano UN PRIMO (que fala como un cuñado) do presidente non é ético, nin estético.
🚂 ‼️ ~ Xa o dixemos máis veces👉 Facer xornalismo non é dicir “un di que chove 🌧️ e o outro di que fai sol ☀️ ”. Facer xornalismo é abrir a fiestra 🪟 e ver que tempo fai.
A opacidade e as medias verdades nas respostas da @tvgalicia.bsky.social a preguntas de @osaltogz.bsky.social (@JavierHRguez.bsky.social). www.elsaltodiario.com/galicia/tvg-...