Universidade da Coruña
@udc
En constante movemento
🚀Dous proxectos da UDC foron protagonistas no #DemoDay do Programa Innovación e Talento Novo impulsado pola Xunta. Ariadna Díaz e Bruno Bouza presentaron solucións innovadoras en bioinformática e transformación dixital, amosando o talento e a capacidade emprendedora do noso estudantado. Parabéns!👏🏽
🤝 A UDC mantivo un encontro institucional coa Asociación ALUMNI UDC co obxectivo de seguir impulsando a colaboración entre a Universidade e a comunidade de persoas egresadas e de coñecer a nova xunta directiva da asociación. #UDC #AlumniUDC #ComunidadeUDC #RedeAlumni #EstudantadoUDC
🏡A UDC pon en marcha o proxecto TERRAVERSO co obxectivo de transformar as casas-museo e fundacións de escritores do rural galego en espazos de encontro entre patrimonio, creación artística, investigación e participación cidadá. 🔗Máis info: https://bit.ly/Terraverso
💻 A UDC participa no proxecto de investigación ESMAS-ES+, unha iniciativa que combina lingüística, intelixencia artificial e tecnoloxía para desenvolver un etiquetador semántico automático e multilingüe. 🔗Máis info: https://bit.ly/Esmas
🏫Arranca unha nova edición da Summer School cun total de 120 participantes de preto de 20 nacionalidades. 📋A ETSAC acolleu hoxe o acto de apertura e a presentación do programa dos próximos días. 🛥️🔭💻Haberá un total de 13 cursos e un amplo abano de actividades culturais. #internacionalizaciónudc
🥉Parabéns ao equipo da UDC, medalla de bronce na Liga Galega de Tiro con Arco de Aire Libre 2025-2026, unha edición na que participaron 22 clubes. #deporteudc #orgulloudc
🧪O @cicaudc.bsky.social da UDC coordina o proxecto europeo #FLUFET. Esta investigación ten como obxectivo desenvolver un dispositivo automatizado para detectar de forma rápida unha ampla variedade de virus, incluídos patóxenos descoñecidos ou emerxentes 🔗Máis info: https://bit.ly/CICAFlff
🌍A UDC concede 493 mobilidades internacionais Erasmus+ e Bilaterais para o curso 2026/2027. Case 500 estudantes vivirán unha experiencia académica internacional, con destinos como Polonia, Romanía, Portugal, Italia e Chequia. ✈️🎓 🔗Máis info: https://bit.ly/SinCEpl
✨Desde a UDC celebramos que a Real Academia Galega dedique as Letras Galegas 2027 a Xosé Neira Vilas, doutor Honoris Causa pola nosa Universidade desde 1998. A súa obra e compromiso coa nosa lingua e cultura deixaron unha pegada imborrable que segue inspirando xeracións💙. 🔗https://bit.ly/XNVLG27
🔬Un equipo do CITENI da #UDC desenvolveu un novo modelo de cálculo para deseñar unións metálicas con parafusos pasantes. ♻️🌍Esta investigación mellora a precisión no deseño de estruturas de aceiro e aposta por solucións máis eficientes, sostibles e reutilizables. 🔗Máis info: https://bit.ly/CItLAE
🌍A Facultade de Dereito acolle estes días a WasteEng2026, un dos principais encontros científicos internacionais sobre valorización de residuos e biomasa. Máis de 400 persoas compartirán os últimos avances nun eido clave para a transición a un mundo máis sostible. 🔗+info: https://bit.ly/WasteEng26
🥇🥈🥉A UDC recoñece catro iniciativas innovadoras nos premios Santander X para proxectos emprendedores universitarios 2026. As propostas gañadoras tras a deliberación do xurado son: ValoraT, Nido e CNTEK. Mención de Honra, para "Uno más en casa." Parabéns!!! 👏 🔗https://bit.ly/4vfx6xo
Todo o mundo falando da eclipse… pero sabes realmente como vai ser? 🌘 Na web da Unidade de Divulgación Científica e Cultural da UDC atoparás información clara para entendela mellor. 🔗 https://udc.gal/gl/unidade_divulgacion_cientifica/eclipse/ #UDC #DivulgaciónCientífica #Eclipse #Ciencia
👩🏫🧑🔬Rematamos semana coa última xornada do III Seminario Interuniversitario RIPROFID 2026, un encontro que reuniu na UDC a responsables de formación, innovación e investigación docente de universidades españolas e iberoamericanas. #InnovaciónEducativa
💻♾️A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Carmen Cotelo, visitou hoxe o novo Quantum Lab do @citicresearch.bsky.social, un espazo que reforza a aposta da #UDC polas tecnoloxías cuánticas e a transferencia de coñecemento nesta materia ao tecido produtivo. #InvestigaciónUDC #QuantumLab
O TFG de Pablo Páramo no que crea un software para a comunicación en pacientes con ELA ven de ser galardoado nos Premios TalentPRO, organizados por Vocento e U4Impact, que recoñecen os mellores TFG/TFM de España polo seu carácter innovador e sostible. Parabéns!! 👏👏 #investigacionudc #orgulloUDC
🧪🔬Unha investigación internacional participada polo @cicaudc.bsky.socialamosa claves para acelerar o desenvolvemento dunha nova xeración de paneis solares + eficientes, lixeiros e económicos”.🔗https://bit.ly/3Rf1fyX
☀️📚 #Cursodeverán UDC sobre #descarbonización industrial e tecnoloxías de captura e uso do CO₂ 📅 14 e 15 de xullo 📍 ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos 👥 Aberto a toda a comunidade Organiza LaMeRoc @citeec.bsky.social Inscrición: https://bit.ly/4vKcXAS +info https://bit.ly/3Tb4tUE
Ata o 10 de xullo podes preinscribirte no ▶️ Curso Experto en #IntelixenciaArtificial e Algoritmos Verdes ▶️ Microcredencial #AlgoritmosVerdes para a IA: Aplicacións Prácticas da Cátedra UDC-Inditex de IA en Algoritmos Verdes 🌱🤖 +info: https://catedrainditexalgoritmosverdes.com/es/catedra-formacion/
🔐 Curso de verán UDC Protección de datos e gobernanza nas organizacións Con colaboración da #AEPD. 🗓 15 e 16 de xullo de 2026 📍 Paraninfo da Reitoría da UDC 📝 Matrícula ata o 8 de xullo +info 🔗https://www.fundacion.udc.es/curso.asp?id=2367 #CursosDeVeránUDC #ProtecciónDeDatos
🤝🧑⚖️A UDC e Vento Abogados&Asesores crean unha cátedra pioneira para impulsar a intelixencia artificial no sector legal e empresarial. https://bit.ly/4aujZkt
Tal día coma hoxe, hai 33 anos, comezaba a formarse a 1ª asociación LGTBIQ+ da Coruña. E hai 5 anos nacía CATU, Asociación de Alumnes Trans Universitaries, 1ª asociación LGTBIQ+ da #UDC Porque a visibilidade, os dereitos e os espazos seguros tamén se constrúen desde a universidade #OrgulloLGTBIQ
Nova entrega de #OndaCiencia 🎧🔬 Blanca Laffon Lage, Elvira Santiago Gómez e Miguel Cuerva Vidales da #UDC, cóntannos sobre a conexión entre saúde humana, animal e ambiental. Escóitao xa 👉https://bit.ly/4oYP9GQ Proxecto da Unidade de Divulgación Científica e Cultural #UDC e @cuacfm.org #UnhaSaúde
Pechamos os EMERGE UDC Open Career Days 🌍🔬 Ao longo desta semana, máis de 50 persoas investigadoras de universidades europeas da Alianza europea EMERGE compartiron estes días formación, networking e investigación na UDC. #UDC #EMERGE #OpenCareerDays
🌊🎓A UDC acolleu a XVI Asemblea Xeral de CRUSOE, que impulsou a futura macrorrexión do Arco Atlántico, aprobou a creación da Alianza Universitaria da Rexión Atlántica AURA e renovou o seu Comité Executivo. Ricardo Cao continúa como secretario xeral da Rede. 🔗Máis info: https://bit.ly/XVIAsCrs
🤝A UDC conta cun novo espazo para impulsar a investigación colaborativa: o Third Place EMERGE/UDC Oldenburg para as Ciencias Sociais, situado no ESCI, que nace como unha contorna innovadora para fomentar o traballo en equipo e a cooperación en contextos interculturais e plurilingües.
Noite meiga🌙 💫Unha noite para compartir lume e sardiñas, saltar as cacharelas e lavar a cara coas herbas aromáticas🌿. ✨Unha noite para deixar atrás todo o malo e pedir que veña o bo. 🔥Que non falten as tradicións, a maxia e a boa compaña. Boa noite de #SanXoán! Que arda o vello e floreza o novo!
💻 A UDC acolle as XXXIV Xornadas Técnicas de RedIRIS, que reúnen estes días a máis de 400 profesionais de universidades e centros de investigación de toda España. 🔗Máis información: https://bit.ly/RedIRIS
Daniel Ruiz, alumni da F. de Ciencias do Deporte e a Educación Física, impartiu recentemente unha conferencia no marco da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte sobre como a investigación, a tecnoloxía e a innovación poden transformar o rendemento deportivo ata acadar fitos que parecían imposibles.
✨O profesor da ETS de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos da UDC e investigador do @citeec.bsky.social, Fermín Navarrina, vén de ser distinguido co Premio á Excelencia e Compromiso Profesional 2026 da Unión Profesional de Galicia pola súa traxectoria e contribución á enxeñaría civil. Parabéns!👏🏽